sábado, 30 de abril de 2022

 Aí ven o maio con...

A COVA DO TRASNO

Reactívase nesta primavera -despois da pandemia- a Asociación Cultural e Deportiva G.A.M. (Grupo de Amigos de Meaño). Faino cun ciclo cultural no Mes das Letras, que ven protagonizado coa apertura da súa Cova do Trasno, foro de debate-coloquio que abrirá por tres ocasións neste mes de maio. E completarase o ciclo lo con outros tres roteiros de sendeirismo con final en pequenos tesouros meañeses esquecidos ou non valorados.

A primeira cita é o vindeiro venres 6 de maio emprazada para A Cova do Trasno. Será no Pazo de Lis ás 21,45 horas, con presentación e coloquio do libro “Papel de estraza”, con presencia dos autores, Fernando Salgado e Juan Otero, que compartirán co público os capítulos recabados de represaliados en Arous na Guerra Civil. Entre eles, o capítulo de dous meañeses, cuxa historia poderás coñecer neste coloquio.
O formato será o mesmo que en anteriores edicións: entrevista e coloquio, cun tempo fixado en 50 minutos, e que estará salpicado de música en directo. Música que ambientará o pazo evocándonos neste caso o antigo. Dado o recollido da sá e o ambiente acolledor que, como en cada ocasión se pretende nesta cova, a sá manterase aberta desde as 21,35 ata completar aforo.
Engadido, a asociación G.A.M. adianta que as tres citas de rigor -número fixado para cada ciclo cultural- terán nesta entrega un denominador común: atreverse a falar de tres temas tabús, dos que se evita conversar en público. O primeiro, históricamente foi a represión da Guerra Civil. Os outros dous temas iranse desvelando, conforme avance o mes. 


Protragonistas
O xornalista Fernando Salgado, tras ter traballado en varios xornais como Diario 16 ou La Voz de Galicia entre outros, exerce hoxe como responsable da comarca de Arousa e Ulla-Umia no Diario de Pontevedra. No no seu haber, ten publicado media ducia de libros na última década:  “Elefantes y Hormigas” (2013), “El humo del diablo” (2015), “El fútbol en Galicia (2016), “Mas fuerte que el hambre (2018), “1306/36 (2018), “A luz de Caldas” (2021), aos que suma agora “Papel de estraza” escrito a catro mans con Juan Otero (foto: Loli Quinteiro)


Natural de a Illa de Arousa, Juan Otero “Genito”, fora durante unha década director da sucursal da Caixa de Aforros de Pontevedra na Illa. Logo exerceu en Hamburgo como delegado da Confederación Española de Caixas de Aforros. Comprometido co Centro Galego, que el mesmo fundou en Hamburgo, e logo  coa Sociedade Filarmónica de Pontevedra, entre outros colectivos, adicou o seu tempo de xubilado á investigación histórica tras ter cursado na Universidade de Maiores. (foto: Loli Quinteiro)

 
Roteiros e tesouros agochados
Este ciclo cultural complétase con tres roteiros, que se irán debullando e publicando, pinga a pinga, ao longo do mes. O vindeiro venres 6, na Cova do Trasno desvelarase o primeiro. Tres roteiros, e tamén cun denominador común: deporte, compartir un almorzo de convivio, e rematar visitando tres tesouros meañeses ante os que nunca te paraches. A novidade e que, nesta ocasión, non serán tres ao aire libre (como na última ocasión en que tivera como destiño o banco do amor, o Con da Cabalaria e os petrogligos da Sobreira), senón que serán tesouros a cuberto. Se queres coñecer cales son, terás que aventurarte a camiñar co G.A.M. para descubrilos. Sorprenderante!



No hay comentarios:

Publicar un comentario