O Estado contra min
Domingo de Ramos. Un bo día para traer aquí esta historia que acaba de trascender na semana. Unha desas para conmover, nunha loita desta traballadora contra dous
males. Desde aquí, o noso alento para ela, e os parabéns por unha valentía
admirable por defender a súa causa digna, contra vento e marea. A falta de empatía
da administración local, que ven medrando desde fai un tempo en Meaño, debería
convidar a unha meditada reflexión polas formas. Tocaría facer exame de conciencia. A Semana Santa poder set idónea para iso.
O TRIBUNAL SUPERIOR DE GALICIA OBRIGA AO CONCELLO Á
READMISIÓN DUNHA TRABALLADORA E O ABONO DO SALARIO DESDE O SEU CESAMENTO
O
Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestima o recurso presentado polo
concello de Meaño e obrígalle á readmisión dunha traballadora do Centro Rural
Polivalente, á que se lle cursou despedimento en maio 2019. Unha traballadora,
cuxa relación laboral co concello mantíñase desde o ano 2002, comezando polo "Plan Labora" na Escola Infantil 0-3 anos, para logo exercer como traballadora do
Servizo de Axuda non Fogar. E en 2006, coa apertura do Centro Rural Polivalente
da terceira idade, pasou a asumir o seu traballo como auxiliar de enfermería
cos maiores do municipio.
|
Centro Rural Polivalente en As Covas |
A
práctica do concello ao longo de todos estes anos viñera sendo encadenar
contratos anuais consecutivos, convocando ao final de cada etapa, novo
concurso. Un fío polo que debían pasar todos os traballadores, se querían ser
designados para a renovación de emprego por un ano máis. Así as cousas, tal e
como sucedeu con outros traballadores, esta técnica encadenou contratos co
concello de Meaño durante case durante máis de 15 anos, sen ser recoñecida en
todo ese tempo como traballadora fixa.
Na
última convocatoria (febreiro de 2019), cando por un plan de estabilización da
praza xogábase a praza indefinida, esta traballadora sufriu unha indisposición
que lle obrigou a ausentarse, a cal que delataría unha enfermidade grave. Ao
ser despedida, cursou reclamación e, como esta non prosperou, en defensa do seu
dereito, presentou demanda xudicial reclamando a súa condición de indefinida
por unha praza que foi daquela asignada a outro aspirante.
Tras
o paso pola audiencia provincial, a demanda acabou no Tribunal Supremo de
Galicia, o cal fallou en favor da traballadora. Non conforme, o goberno local
optou por recorrer o fallo. E, por segunda vez, o TS acaba de dar a razón á
traballadora, declarando nulo o despedimento, e obrigando ao concello a abonarlle o salario
que deixase de percibir desde a data de despedimento (maio de 2019). Incluida a
Seguridade Social, e a ollo de xestoría, isto vai supoñerlle ás arcas municipais un
desembolso obrigado que rondará os 50.000 euros. Engadido, o TS impúxolle ao concello meañés as costas do xuízo por valor de 1.500 euros. (Arriba, na intantánea, parte de traseira do Central Rural en Meaño, con traballaba esta profesional)
Polo
de súpeto, a traballadora que acaba de recibir alta médica, debe incorporarse
ao traballo, aínda que optou por facer uso das vacacións correspondentes, en
aras a poder prolongar así o proceso de recuperación no que se atopa inmersa.
Preguntada polo vivido en relación á súa situación laboral, recoñece que
“desde 2006 renunciei a entrar nas listas da Xunta para traballar en
enfermería, porque me enchía o poder traballar cos maiores de Meaño”, dado a
súa condición ao ser natural ela do propio municipio meañés. Sobre o fallo do
TS admite que “síntome aliviada por unha banda, pero triste e abatida polo
moito tempo que tiven que loitar contra o concello por este dereito laboral”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario