domingo, 5 de junio de 2022

Ofrecémoche aquí un plan, máis algo do que falar hoxe mentras tomas un viño ou o café, ou ben te sentar por un intre a ler. Unha proposta coa que non te deixaremos indiferente.

NA PROCURA DE TESOUROS ESQUECIDOS

 

Na tardiña do vindeiro sábado 11 de xuño, segundo dos tres roteiros de ciclo de primavera da asociación cultural e deportiva G.A.M. O obxectivo, amén de facer unha camiñata tonificante, será descubrir un desos tesouros meañeses descoñecidos. Maís aínda, nesta ocasión, sube a oferta a un 2x1, isto é, dous tesouros nun mesmo roteiro.
O punto de encontro e hora de saída é ás 19,45 na área de estacionamento exterior de adegas Paco e Lola (microtoponímico A Reghala). Por diante, 6,5 kms. dun roteiro circular, tipificado pola organización de dificultade media. Trataremos de facelo a ritmo, inclúe e tres fortes rampas curtas de monte. Segundo o mapa, o itinerario contempla dúas paradiñas antes de dar co tesouro, se somos capaces de interpretar o enigmá
tico documento chegado recentemente ás nosas mans. O tempo estimado, con altos para tomar folgos e, chegado o caso, “poñerse a cavar para o dar co tesouro e repartilo a escote”, é de 2 horas, polo que o regreso ao punto de partida serásobre as 21,45 horas. Se queres saber mis sobre este roteiro ,terás que vir a camiñar ese día. Anímate! (Sorprederémoste!). 


IMPORTANTE: rexistra  a túa insrición en asociaciongam@gmail.com, ou ben contactando con persoas da directiva ou a través de POLO VENTANUCO en facebook. En función dos asintentes, levaremos palas para cavar 😅 😅 😅 
 


Este é o cuarta actividade do ciclo cultural de primavera, que complementa coa sección deportiva do
CTM GAM con escola e clube de tenis de mesa que dirixe Manuel Ángel García Lobato. Neste ciclo quedaron atrás un primeiro roteiro pola costa de Dena e dous encontros do foro de debate “A Cova do Trasno”, que nesta edición versa sobre temas tabúes: o primeiro fora sobre a represión na Guerra Civil (con protagonismo o represaliado meañés Víctor Lis) e, o último, este pasado venres 3 de xuño sobre os riscos e a ameaza dos fitosanitarios. Foi unha cita onde puidemos falar con mesura pero “sen pelos na lingua”, nun ambiente distentido, cercano e familiar, departindo con inxenieiro técnico agrario Xabier Rial Barreiro. Foi unha hora que contou con música en directo de man do meañés Antonio Miniño que, coa súa guitarra e voz, que cautivou ao público  súa pequena pequena homenanxe a copla. (Na foto anexa: Xabier Rial e Antonio Miniño)


Xabier Rial fora persoa buscada pola asociación G.A.M., a fin de evitar o vínculos directos con adegas que condicionarn ou coatara as súas valoracións e opinións. Natural de Dorrón e afincado en Cambados, ten no seu haber, unha década traballando no testado de sulfatos antes de súa saída ao mercado, con firmas por todos coñecidas polo viticultores.



Do seu coloquio entresacamos as seguintes valoracións de máximo interese:

"ESTAMOS A TRABALLAR CON SUSTANCIAS MUTAXÉNICAS E CANCERÍXENAS"

É cada vez máis restritiva a noma para aprobar un fitosanitario?
Si. Antes, para lograr o rexistro e poder saír ao mercado un fitosanitario, unicamente se testaba a nivel agrológico, non máis. Hoxe, en cambio, precísase xa dun estudo sanitario, e o primeiro polo que se arrinca é a nivel humanos. Se nesa fase compróbase que esa materia activa xa formulada é boa, pero que é demasiado tóxica a nivel humano, párase e non seguirá adiante. En cambio, de prosperar, chegaría un segundo filtro, que é a nivel de animais: abellas, ratos, coellos… Se se comproba que, aínda matando algo, non mata todo e o dano non é excesivo, podería seguir adiante. E un terceiro, o máis fácil de pasar, sería o agrolóxico, que é testalo sobre o campo, as doses axeitada de para a venda, onde unicamente compróbase a súa efectividade sobre a planta.Todo isto é un proceso longo, que dura entre 5 e 10 anos, para poder saír ao mercado e que custa moitísimo diñeiro. Esa é a razón que explica que os algúns fitosanitarios sexan tan caros no mercado
Que fitosanitarios se caeron do mercado dun tempo para acó por estas restricións?
O clorpirifos que se utilizaba para a avelaíña (polilla) da uva… Para eliminar a avelaíña era bo, pero a nivel toxicolóxico para humanos era moi daniño, por esa razón caeu. Os viticultores han de saber que os insecticidas van desaparecer practicamente todos, dados os seus niveis de toxicidade para humanos, salvo aquel que sexa realmente moi selectivo. Tamén se van a caer moitos dos funxicidas que vemos hoxe nas tendas agrarias.

Un intre de "A cova do Trasno" con Xabier Rial

Para a saúde, cales son os riscos máis importantes dos fitosanitarios cos que estamos a traballar?
O que estamos a manexar e esparexendo ao aire son produtos moi tóxicos con substancias mutaxénicas e canceríxenas.
Á hora de aplicar cal é esa práctica habitual incorrecta que a miúdo ve e que non debería facerse?
Eu quitaríalle os ventiladores aos tractores, co atomizador é suficiente para que o sulfato suba e poder aplicar en condicións. Esa é unha ferramenta que foi concedida para os froiteiros, pero non é ideal para o sistema de emparrado. O aplicador debe dar por seguro que o sulfato sobe catro ó cinco metros por encima da parra, ese non cae na súa viña. A outra práctica incorrecta é aplicar con vento. Con tan só máis de 5 kms. por hora, que ese que move a herba, non debemos aplicar, e a norma así o establece. Ademais, cando fai algo vento, o aplicador opta por subir a presión ao seu atomizador para que o sulfato suba máis, alegando que, pola contra, o sulfato non sobe e o vento lévallo por baixo do emparrado. Pero se sobe a presión, o que fai en gran medida é sulfatar a leira lindeira... ou no seu caso a vivenda inmediata.

Cal é a presión idónea con que debería traballar un atomizador?
Entre 8 e 12 bares, nunca superar eses 12.
Aplícase en exceso no viñedo Rías Baixas?
Si. (na foto, Xabier Rial no Pazo de Lis en Meaño)
Seguro?
Si, seguro. Por campaña estamos a aplicar no Salnés unha media 12 mans de sulfato, que algúns elevan a 15 ó 16, ou mesmo máis, e iso é unha barbaridade. A pauta de aplicar sulfato cada 10, 12 ó 15 días, non serve para nada. Hase de saber que a protección que un fitosanitario ofrece á viña dura moi poucos días. No seu caso o que debería facer viticultor é coñecer o seu viñedo e actuar como un profesional, pero para iso é preciso pasar pola viña, observala, vixiala. Non aplicar, se non fai falta. Se o facemos ben, unha campaña pode resolverse con 7 ou 8 mans de sulfato, non máis.
Practícase tamén un abonado excesivo? Entende que o binomio abonos-fitosanitarios está a repercutir nas augas de de a fontes declaradas cada máis como “non aptos para o consumo humano”?
Sen dúbida, estamos a abonar mal e en exceso. O recomendable para a planta e para o medio natural sería realizar pequenos abonados, a razón de tres ao ano, mesmo xa en setembro, o primeiro. En cambio, aquí adoitamos abonar a viña unha vez ao ano, e facémolo cunha cantidade excesiva para que dure toda a campaña, iso é un erro. E cando, por exemplo, fornecemos en exceso o chan de potasa, o que estamos a facer é bloquear outros minerais, ese exceso non o absorbe a planta, senón que se perde, fíltrase e acaba nas augas. Por esa razón o binomio abonos-fitosanitarios contribúe á contaminación das fontes.

Por saúde, canto tempo de seguridade debería transcorrer para ir á viña despois dunha aplicación? 
  A ficha de cada produto detalla un tempo… 1 ó 2 días. Pasarse por baixo da parra un instante non supón problema, pero se se vai a realizar un traballo e permanecer baixo a parra máis dunha hora, é moi importante por toxicidade o gardar ese prazo tempo.
E as casas que empezan a estar rodeadas de viñas, e onde se pechan portas, xanelas, persianas… buscando protexerse: En canto tempo non deberían abrir para ventilar?
Uf! O que unha vivenda estea rodeada de viñedos, que é algo cada vez é máis habitual, é un problema serio. Nun código de boas prácticas o aplicador debería avisar ao propietario con antelación para que pechase a súa vivenda. Despois de aplicar á beira, deixar pasar unhas horas sen abrir. Certo que esas viñas próximas a casas están chamadas a desaparecer nun tempo.

Xabier Rial do público ao termo do encontro

Poñeríalle un prazo?
Se me apuras, diría que unha década. É certo que, de momento, á política non lle interesa meterse con iso, pero a normativa europea que se atisba, apunta a esa liña e si vai facelo. Isto está a cambiar moito. Hai unha década, ninguén daba por feito o control que hoxe existe sobre o uso de fitosanitarios. O próximo ano, todos os viticultores, pero todos sen excepción, deberán declarar ao Ministerio cada aplicación. O da localización do viñedo virá.
Facendo cálculos estimados: que cantidade de fitosanitarios esparexemos ao aire na subzona do Salnés?
Só falando de viñedo Rías Baixas, partindo de que que temos 2.500 hectáreas en e aplicamos, poñamos por caso, 12 mans de sulfato por campaña, a unha media de 2,5 kg de fitosanitarios por hectárea, máis 4 de xofre, e sen ter en conta outros… O cálculo lanzaría unha cifra de 195 toneladas por campaña (o que trasladado a unha década traduciríase en preto das 2.000)
Pinta que a xeración vindeiro pagará este exceso de fitosanitarios?
Non creo. Polo menos, que a a nosa, non. Ata ahora, o do viñedo, coloquialmente falando "estaba a monte", sen norma. E este mundiño estase emepzando a acotar en moitos aspectos, e nos fitosanirarios  farao aínda más. Penso que a xeración futura terá fitosanitarios máis seguroa e menos tóxicos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario