domingo, 26 de junio de 2022

 

conversas.com
Eloy Domínguez Serén
Director de cine


Natural de Quintáns (Simes) e con 37 anos, Eloy Domínguez ven de ser premiado esta primavera con “Rompente” nos festivais de Málaga en Cans como mellor curtametraxe de ficción. Onte sábado, 25 de xuño, a súa curta, xunto co seu traballo “Hamada” proxectábanse por primeira vez en Meaño. Facíao de man de “Árgoma Cultural” que organizaba o pase na salón de actos do Centro Social de Dena. En tan só 26 minutos con “Rompente” manexou esceas, diálogos e mesmo os silencios para trasladar ao espectador a sensación de que a vida para algúns, cando as dificultades medran, pode sempre ir a pior, facendo o o dito que que “os problemas nunca veñen sós”.


 
“ROMPENTE INSPIROUSE NOS MEUS PAIS”
 

Que supuxo para para vostede o dobre premio en Málaga e Cans con “Rompente”?
Unha enorme dobre satisfacción. Primeiro, en Málaga, por serme concedido nun festival de cinema de moito prestixio, onde, en curtas, competía cunha vintena de directores, algúns dos cales xa fixeran longametraxes, eran nomes coñecidos que eu mesmo admiraba. O de Cans foi a proba de lume para “Rompente”: participar nun festival onde a xente estaba realmente próxima por idiosincrasia á película.
En Málaga: a película triunfou en galego?
En ghallego, ghallego, isto é no idioma da xente chá na zona costeira… En Málaga os diálogos subtitulábanse en castelán. En Cans todo resultou máis fácil para conectar co público.


O director meañés Eloy Domínguez

Como definiría “Rompente” cara al público?
Como un drama social de ficción. é un corto de 26 minutos ambientada no Barbanza, que narra tres días da vida de dous personaxes, Santi y Lucía, dous jóvenes proxenitores muy noviños, que acaban de ter un neno que loitan por abrirse paso na vida. Santi é bateeiro de día y percebeiro furtivo de noite, para tratar de sacar adiante á familia.


Que inspirou a película?
Os meus pais. Eu nacín no seo dunha familia humilde en Simes, unha parella de mozos, comos, como os protagonistas de “Rompente”. Tivérnonme a min sendo noviños e no lle quedou outra que abrirse vida na emigración para saír adiante (ao carón na foto, Eloy con seu pai José Domíguez). 
Quen son Santi e Lucía na vida real?
Santi é Sergio Baleirón, natural de Rianxo, cuxa vida real é de bateeiro, por iso o rodar n película o seu traballo resultou moito máis fácil. Lucía é Soraya Luaces, de Portosín. Os dous son actores afeccionados que casaron de cheo co proxecto.
Resultou doado atopar a Santi?
Para nada. Durante moito tempo percorrín portos de Vigo para o norte, procurando dar co personaxe: un rapaz novo que traballara no mar e que amosara interese por participar no proxecto. Despois de moito buscar, din con el en Rianxo.
Onde se proxectou por priveira vez “Rompente”?
Estreouse en Rianxo. Elexímolo polo vínculo co traballo na  zona e de Sergio Baleirón como protagonista. Resulto impresionante, co auditorio de Rianxo cheo. Agora estamos en fase de proxección en salas de toda a zona de Arousa e Barbanza.


Un fotograma da película "Rompente"

Como valora a acollida da estrea no día de San Xoan en Dena?

Das estreas feitas ata o de agora, foi quizáis ésta a máis especial de todas. Un sempre quere compartir o seu traballo  en festivais e sas con moito público, pero as que resultan máis emocionais son as que fas ante a túa xente, quizáis é incluso aquela na que un se sinte máis nervioso. Resultou cunha satisfacción enorme compartilo con xente tan próximo a min.
Cal será o vindeiro pase?
Será en Portugal no marco do Festival Internacional de Curtametraxes de “Vila do Conde”, no que se presenta a concurso sendo dos festivais máis prestixiosos do país veciño. A súa proxección está prevista para o 13 de xullo. Logo deixaremos pasar o verán e retomaremos as pases por diversas salas galegas.
Como fraguou o seu outro traballo, “Hamada”?
É unha película documental, creada a partires de más de 70 horas de grabación que fixen campamentos saharauis de Tinduf a onde fun como voluntario durante catro anos, sumando entre todas as estancias nove meses alí.
Foise para o Sahara cun proxecto preconcebido na testa?
Para nada. Eu fun para alí como como mestre voluntario para crear nunha escola de cine nos campamento, unha experiencia que alí nunca vivirán. Varias televisión europeas: sueca, danesa, noruega, alemana interesáronse polo proxecto que estaba a desenvolver e amosáronse dispostos en apoiar esa película.

Un fotograma da película "Hamada"


Desde España, non tivo axuda para o proxecto?
Non, de España non vin un euro.
En “Hamada”, e nun mundo árabe onde prima o patriarcado: como se decantou por una muller rompedera como protagonista?
Foi algo non buscando, sinxelamente que me atopei con ela por casualidade. Cando lles pedín aos alumnos que cada cal fose gravando cinco minutos, e que eu faría o propio, o que acabei grabando alí, no medio do deserto, foi coches. Pero cada vez que o facía sempre aparecía polo medio a mesmo figura feminina, coas súas roupas rechamantes. Cando lle preguntei, ela díxome que era unha experta en coches, que en realidade non o era, senón que o único que quería era aprender a conducir. E esa moza, ao cabo, acabou por converterse en protagonista dunha historia, unha moza que quería escapar dos clichés asignados á muller nunha sociedade patriarcal.

A muller saharaui: resposta ao cliché árabe de muller sometida ao seu home?
(na foto, momento do coloquio en Dena)
O patriarca e o machismo imperante alí é moi forte. Pero, aínda así, nos campamentos de Tinduf a muller ten un papel máis relevante do que poida parecer por tradición: teñen a súa Asociación Nacional de Mulleres Saharauís, con forza; moitas están a fronte das súas dairas, equivalente aos concellos de aquí; son elas as que se promoven os movementos de protesta en reivindicación do recoñecemento do Sahara e a situación de marxinación do seu pobo”.
Como valora a postura española co Sahara, asunto que volta a estar candente estas semanas?
A postura foi e é deleznable. Certo que o pobo saharaui diferencia entre cidadanía española e clase política, agradecendo o apoio da primeria, pero aborrecendo á segunda, á que reproba ser a causante doa situación do seu pobo.


Eloy Domínguez noutra imaxe de arquivo


No eido persoal: cando e como se decantou polo mundo de cinema?
Eu, que no verán axudaba ao meu pai no taller de ferreiro que ten en Simes, decanteime nun primeiro momento pola arquitectura. Comecei a estudar a carreira na Coruña, pero ao pouco deime conta que aquilo non era o meu. E, xa por entón, achegábame ao Fórum Metropolitano da Coruña, e aí foi espertando esta paixón. Decidido, ao ano seguinte funme para Barcelona, con gallo de estudar na Universidade Autónoma a carreira de Comunicación Audiovisual.
Como foron os seus primeiros primeiros pasos?
Moi básico, eu mesmo facíao todo, gravaba, editaba… Todo co meu material. Os vídeos gustaban, chegaban os primeiros recoñecementos. Así fuí empezando a contar pouco a poucos con máis colaboradores. A partir de aí foron crecendo os proxectos.

Falando de proxectos: ten algún novo en mente?
(na foto, Eloy Domínguez nun coloquio cos protagonistas de "Rompente")
Dirixir a miña primeira longametraxe.
Adiántenos algo.
Titularase “Tralovento”, un drama familiar, que conta detrás con “Zeitun Films” que é unha produtora galega.
Como se arranxan os directores noveis para financiar os seus proxectos?
É unha mestura de financiamento público e privado. No caso de “Hamara” mostraron interese e apoiaron o proxecto a televisión danesa, norueguga, alemá e sueca… Iso axudou moitísimo para sacalo adiante.
O cinema prendeu xa na familia?
Claro, todos o seguen agora de preto. Mesmo a miña irmá Alba vén de estudar tamén Comunicación Audiovisual en Pontevedra, participou este ano tamén no Festival de Cans na categoría de videoclips. É un aliciente máis para a familia
Unha última: os premios de Málaga e Cans, en que parte da súa casa tenos?
O meu pai, que é un manitas no seu traballo de ferreiro, fai tempo que fixo unha vitrina moi bonita, que puxo no salón. Desde entón os galardóns que vou obtendo van parar a ela.


Foto de familia de Eloy Domínguez coa directiva de Árgoma Cultural ao remate da proxección en Dena

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario