Respira Meaño. Nesta campaña 2025-26 cumprimos 12 anos no aire grazas a teu pulo. Desde aquí, seguiremos abrindo este particular Ventanuco de libertade cada fin de semana. Somos un espazo a compartir e unha canle para chegar a ti (ou viceversa), no Meaño que nos une. Unha historia por descubrir, empatizar e convivir, mesmo tamén con nós mesmos. Nen máis nen menos. Sen pretensións.
domingo, 29 de enero de 2023
O primeiro paso do rexidor
foi saltarse a orde do día, para non abordar a moción -que el mesmo aceptara a
trámite-, e que presentaba un dos grupos da oposición. Este asunto veu mal
parido desde o arranque en setembro: Carlos Viéitez levara a pleno por
vía de urxencia solicitar á Xunta que ésta asumira o comedor de Coirón. Fíxoo sen
ter testado antes a posición das familias. E, pola súa banda, os grupos da oposición
votaran a favor sen valorar aquel día o carecer de información pola premura, e
sen medir as consecuencias -catering e recorte de horario post-comedor- que podían
derivarse. (Na foto, o presidente de ANPA Óscar Muñiz, intervindo no pleno)
Logo do acordado, o goberno local non trasladou información algunha á outra
parte afectada (familias). E, a maiores, a Concellería de Educación (ou
representante) non acudiu esta semana ao Consello Escolar, convocado para abordar
a situación do comedor, nen tampouco asistiu á asemblea da ANPA convocada a efecto,
e para a que cursaran aviso ás partes.
P.D.: Cando se recupere a videoacta
na plataforma, serviremos o enlace desde aquí: ver e escoitar para crer, para
saber da posición e dos argumentos de cada quen e que poidas tirar e conclusións sen prexuízos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)


No hay comentarios:
Publicar un comentario