sábado, 29 de abril de 2023

 

Tal e como anunciábamos fai uns días, achegámonos aos grandes problemas que temos diante dos ollos en Meaño. Compre que os candidatos a estas eleccións poñan mans a obra (non ao papel), e que aporten propostas de actuacións contundentes en aras a solucionalos. O primeiro, o problema demográfico que, de contribuir a minimizalo, expandirá outros eidos. O segundo, o medio ambiente do rural sen conciencia ecolóxica.


 
O MEDIO INCONSCIENTE


Pensado no Meaño do futuro, cabe enfrontarse ao problema medioambiental. A falta de concienciación, se cabe más laxa do rural, axuda a que o goberno local, irresponsable, actúe de xeito impune sen medir as consecuencias, e sen adoptar solucións, por poder éstas semellar impopulares e restar votos o 28-M. Non se atreverán a falar disto, ou pasarán en puntiñas cun paráfado aderezaos con vaguedades e palabras ben postas sobre un asunto no que nos xogamos vida. Faltará valentía para afrontalo?
Nos anos 90, pasaba por un vertedeiro no monte Fontefría, que non foi doado selar, e moito costou concienciar aos poderes para actuar en consecuencia. Ambientalmente era un erro cuestionable, aceptado socialmente como un mal menor, pero que hoxe, 30 anos despois nunca se aceptaría. O tempos cambian. As mentes tamén.
 

Punto incontrolado e endémico en Viliguín

Urxencias medioambientais en Meaño
¿Cales son esas frontes abertas ante as que cabe actuar?


VERQUEDOIROS INCONTROLADOS:
Seguen aflorando, pese a existencia dun punto limpo. Non traballamos de xeito constante na concienciación (se traballaran nese ámbito o partido de quenda, tal e como fará nesta campaña electoral, o asunto solucionaríase en gran parte). A servizo de recollida de enseres que, tras moito insistir, acabou avíndose a crear o goberno de Carlos Viéitez, para poñelo a disposición un pírrico día por mes, resulta baladí. Pregúntese o lector: sabe que existe tal servizo? E se sabe que existe: coñece en que día do mes lle pasarían a recoller os voluminosos? (Se a resposta e "
nonW, decatarase do absurdo da medida, dun servizo aprobado, pero nen divulgado.
 

Polígonos agroforestais diseñados para o monte de Meaño

2. O MONOCULTIVO DO VIÑEDO: A irrupción de grandes grupos foráneos na D.O. Rías Baixas supón un risco enorme. Esos grupos actuarán unicamente por interés meramente económico (non  ético, social ou mediambienta). E para iso ampáranse nas “mordidas” ao noso monte que avanzan por doquier coa creación dos chamados “polígonos agroforestais”, ferramenta impulsada polo propio Carlos Viéitez e o seu goberno (que o concelleiros nen coñecían que era iso de “polígonos agroforestais”, asunto que o rexidor mesmo ocultou).
A existencia desos polígonos agroforestais foron denunciados desde  este mesmo Ventanuco para que os cidadáns (e os políticos municipais, tamén os da oposición) tiveran información. Foi só partir de aquí, cando os grupos de oposición (PSOE e MI) puxéronse as pilas e interesándose por un atropello medioambiental que lograron (teóricamente) frear, de momento.


Eran sete polígonos agroforestais en Meaño que, de cristalizar, suporían comerlle ao noso monte 210 hectáreas ou, o que é o mesmo: 35.000 ferrados!. Deles só un polígono era proposto polo Consello Regulador, tratándose neses caso da modida para reconvertir a viñedo a zona de monte que discorre entre Paradela e O Pedroño, caíndo cara o río Chana de á autovía do Salnés. Outros cinco (entre montes de Meaño, Xil, Lores, Simes e Cobas) foron unha proposta que o alcalde Carlos Viéitez, expresamente, pediu ao Consello Regulador foran incluidos.
E logo un séptimo e último, que conlevaría reconvertir todo Penaguda en viñedo que, (oh, misterio!), nen Consello Regulador nen alcalde se explican, porque os dous argumentaban que ninguén deles o pediu. NOTA: Esta última información está estraída da xuntanza mantida por representantes das tres forzas políticas (non adscritos, MI e PSOE) co secretario xeral da D. O. Rías Baixas, mantida en 2022 no salón de plenos para explicar a situación xerada.

 


3. FITOSANITARIOS: Ao ritmo de aplicación masiva e descontrolada de fitosanitarios a un viñedo que medra por doquier, vai poñer en dúbida se Meaño, dentro de 15 anos será un lugar idóneo para vivir. Quizáis xa, ao mellor, é un motivo para non atraer poboación. Prima que a regulación da aplicación de fitosanitarios sexa unha prioridade do goberno local, liderar este movemento, anticipándose a creación da “Plataforma (Cidadá) polo Regulación de Sulfatos”, que naceu con centro en Meaño, e demandar esa regulación (que corresponde) as administracións superiores. Carlos Viéitez, coa aquiescencia dos seus edís que mesmo descoñecían a situación (todos sabemos que os verdadeiros “concelleiros” que deciden neste goberno non se sentan nos sillóns do pleno), foi o único que, de momento, non accedeu a manter unha xuntanza coa Plataforma Cidadá (xuntanza que si mantiveron no seu día PSdeG-PSOE, Meaño Independente e BNG).
 
REDUCION DO LIXO: Reducir o lixo depositado nos contenedores verdes convencionais, contribuiría a un aforro económico e enerxético. Deben saber: o lixo dos contenedores verdes convencionais (orgánico) é o único que supón un coste ás arcas públicas (e ao peto do cidadán). O envases e plásticos do contenedor amarelo, o cartón do azul, e o vidro do iglú verde autofináncianse, e dicir: retirar es lixo das nosas rúas non nos custa diñeiro.
 
FONTES E ACUÍFEROS: A contaminación crecente de fontes e acuíferos, require cando menos, medidas de control e información transparente aos cidadáns. Nesta lexislatura o rexidor Carlos Viéitez silenciou durante o que puido os datos das últimas analíticas, e só accedeu a facilitalo cando, por rexistro, este medio, facendo uso do dereito cidadá, solicitou o resultado das analíticas que, esta vez si, acababou facilitando os datos (non quedaba outra). Pode ler a información do acaecido coas últimas analíticas e o silencio de Carlos Viéitez, divulgado neste Ventanuco pinchando no seguinte enlace:
 https://poloventanuco.blogspot.com/2021/10/coneceen-meano-as-non-aptas-para-o.html
  
Propostas de actuación

Tampouco aquí, ante un problema grave, global e que afecta (cada vez máis) a todos os veciños deste concello, caben medias tintas, senón que se precisa dunha actuación contundente e decidida para invertir a situación que se cerne. A propostas, madurada e reflexionadas, desde aquí son estas cinco:
 
1. Derogar “de facto” a creación de polígonos agroforestais, a fin de evitar a merma de monte a costa do emprego de máis toneladas de fitosantarios, precisas para tratar esos 35.000 ferrados de viñedo a maiores. Aínda que o pleno aprobou a fin de novembro de 2022 esa derogación, a día de hoxe non existe confirmación oficial de tal resolución, e o visor da Xunta mantén os sete polígonos.
 
2. Regulamento municipal en obriga da separación do lixo no municipio de Meaño, prohibición de emporcar a rúa, e poñer en valor o servizo de recollida de enseres a domicilio (ofrecido, se existen peticións, a razón de unha vez por semana). É o regulamento necesario para atallar un problema crecente, e que ten moito máis senso que o regulamento que PSOE propuxo nesta lexislatura (asómbrese!) para reducir os ruidos en Meaño (asunto bizantino este, para un Meaño rural, onde, o ruido: é realmente un problema? Pero a moción aprobouse cun conchabeo ruborizante entre PSOE e o grupo de goberno “non adscrito”, para logo non redactalo). Compre un regulamento medioambiental conciso que contemple a obliga da separación de lixo nas casas, e ser verquido logo cada cal nos contendores axeitados. Un documento que prohíba, algo tan lóxico, como ensuciar a rúa con cabichas, papeis… (como fariamos en calquera casa, e as rúas do municipio de Meaño debemos sentilas como de tod@s).


Punto limpo de Meaño 


En consecuencia, esre documento deberá establecer o réxime sancionador correspondente (e contundente), cuia vixiancia corresponde -como en calquera regulamento municipal- á policía local. Un corpo este último que, precisamente, este goberno quere cercenar, cando, precisamente, desa policía municipal precisamos para o cumprimento dos regulamentos municipais, porqué o a policía local é único corpo policial ao que lle compete isto  (nunca poder ser competencia da Garda Civil).


Se o facemos ben, e reducimos o lixo, rebaixamos a factura en Sogama, amortiguamos o coste da taxa do lixo e aumentamos a calidade mediambiental do municipio. Cal é o coste económico desa medida? Nada. Sé e unha cuestión de vontade, de mera vonte. Pero: con que mentalidade afrontará o alcaldable o goberno municipal? Co de interese propio para perpetuarse no sillón, ou para ser o cirurxán que opere pensado exclusivamente na súa misión ética do interese público e o futuro de comunidade como tal? Para dentro de 15 ou 20 anos: queres un Meaño limpo ou sucio? Sostible ou contaminado ata a médula, para que logo detrás fuxa a economía?
 
3. Abandeirar  a demanda, ante a Xunta e autoridades españolas e europeas, a aprobación dun regulamento para a aplicación de fitosanitarios, con gallo de normativizar aplicacións máis sostibles e controladas, e a fin de favorecer a convivencia entre sulfatadores e “sufridores”.  As xentes e concellos da D.O. Rías Baixas, por volume de aplicación de fitosanitarios, deberían ser, por sáude pública, os máis interesados de España (ou de Europa) en demandalo. E os concellos (Meaño, no que nos toca) liderar ese movemento.
 
4. Vixiar, analizar a informar de xeito transparente sobre a situación de fontes e acuíferos, repetindo probas cada catro meses naquela fonte (ou dúas) máis socorrida/s en cada parroquia, podendo realizar no resto unha analítica anual, para que non supoña un coste económico gravoso.


Amianto do pavillón de deportes As Covas-Meaño

 
5. Catalogar e empezar a afrontar o desmantelamento controlado do amianto nos edificios públicos, ao que obriga a lei, catalogación que debía estar feita, como tope neste mes de abril por parte dos concellos de España (e ao que o goberno local de Carlos Viéiez, nen se puxo, e iso que llo demandaron en repetidas ocasións).
A partir de aí, tocaría alentar e coordinar o desmantelamento de amianto en obras privadas similares, coordinando a contración cunha mesma empresa en varios domicilios. Actuar de xeito conxunto, e cunha mesma empresa, suporía acceder a unha mellor oferta. E, máis aínda, a rebaixa vería dada ademáis ao reducir o coste do porte, realizando un transporte que saque o máximo partido rendemento da capacidade do camión. Para incentívalo, estes portes podían contar incluso con pequenas axudas municipais para fomentar o acollerse a esta iniciativa que, propoñemos, poida ofrecerse dúas ou tres veces por ano, no caso de contar cun mínimo de interesados que decidan acollerse ao progarma.
 
Cinco ideas, con investimentos mínimos, nada gravosas para a política municipal. As ideas voan libres, sen ataduras, sen máis coste que ler, reflexionar e interiorizar cada quen coas suas particularidade para deseñar o Meaño do futuro. Pensando nunha fronteira de 15 ou 20 anos, as solucións deberían empezar precisamente agora, para ver logo o froito. O político local decide. O lector, o día 28 de maio, tamén. Cabe pensalo un chisco: ou non?
  
 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario