OS MAGOS ENTREGAN EN MAN PRETO DUN MILLAR
DE AGASALLOS
Na entrada
da noite máxica, tres cabalgatas dos Magos percorreron senllas parroquias meañesas.
Nas cabalgatas de Xil e Padrenda máis de medio milleiro de persoas, entre nenos
e maiores, viron anticipados os seus agasallos a primeiras horas da noite, en
que os Reyes se citaron con eles para facer entrega en man dos agasallos
concertados.
|
Os Magos en Padrenda antes de partir na cabalgata |
Así, en Xil,
e organizada pola Asociación de Veciños, a caravana dos Magos realizou once
altos no seu itinerario, para servir un total de 800 agasallos nas paradas de
Ou Castro, Valdamor, Ganón, A Cachada, Vilaxoega, Ou Pazo, Ou Barreiro, Vista
Alegre, Broullón, Carballoso e o atrio de la Igrexia en Picón ao final.
|
Os Reis na Cabalgata de Xil |
Pola súa
banda, en Padrenda o lugar concertado para a entrega foi a igrexa parroquial,
en cuxo interior entraron os Magos ao fío das 20 horas para ofrecer os
agasallos. En torno e medio centenar de familias de Padrenda, máis veciños de
localidades contiguas, optaron por esta vía de entrega en man, a fin de evitar
o desprazamento máxico, casa por casa, durante a madrugada.
Mentres, en
Dena e organizada pola asociación cultural Penaguda, a cabalgata partía do
patio do CEIP de Coirón ao fío das 18 horas. Tras o seu paso por diversos lugares
da pa-rroquia, acabou no pavillón de Coirón, onde facían a súa entrada os
Magos, co público apostado na bancada. Tras a ofrenda dos Magos a un Belén
vivente en plena cancha, chegou outro dos momentos mis agardados: o sorteo
gratuito de máis dun centenar de agasallos que, un ano máis, fixo posible que
practicamente todos os nenos do pavillón puidesen regresar a casa cun pequeno
agasallo debaixo do brazo, a modo de aperitivo da noite máxica que ía
seguirlle.
|
Cabalgata de Dena, na súa saída na Rúa dos Colexios |
Antes destas
tres cabalgatas, os Magos tiñan concertada ás 12 do mediodía o seu proto-tocolaria
recepción política na Praza do Concello, baixo unha carpa habilitada para tal
fin. Organizado polo concello, este acto comezaba coa actuación do “Pequeno
Circo de Nadal”, de man da Compañía de Elfos de Nelson Quinteiro, co seu
espectáculo de contacontos e danza para o público familiar. E, acto seguido,
entrada dos Magos, coa recepción oficial sobre o escenario do alcalde Carlos
Viéitez (nestes actos un non saber moi ben que é o rei desta recepción).
No día da Epipanía
(onte sábado 6 de xaneiro) os Magos tiñan concertada unha última visita ás
misas parroquiais nos templos de Simes, Meaño e Padrenda, para despedirse dos
fregueses.
|
Os Reis Magos en Simes, á porta da igrexa no día da Epifanía |
Aquí
fixémonos eco do Nadal "de" e "para" a xente. Calurosos parabéns
aos organizadores (os que tamén nos ceden estas fotos), con moito traballo e implicación persoal, algúns con tradición
de varias décadas e xeracións. Outros actos en habidos en Meaño neste Nadal (dos que o lector ben se decata) organízanse
travestidos con outro fin. Nesos, punto e aparte.
|
Cabalgata de Xil (foto rede social Asociación de Veciños de Xil) |
No hay comentarios:
Publicar un comentario