Acabado o mes de outubro, tres meañeses -un de
adopción- contribúen a poñer Meaño no mapa. Fanno desde Lisboa, Cospeito e
Pontevedra. Eles son o atleta Andrés Sueiro, o cetreiro Ignacio Orge, e o
músico e composito Antón Caneda. Desde este modesto Ventanuco o noso
recoñecemento a súa paixón, sen pretensión engadidas, e que, desde aquí,
poñemos no noso escaparate.
TRES MEAÑESES NA VANGARDA
O meañés Andrés Sueiro, enrolado no Clube Atletismo Cambados-Seguros Noval clasificou na maratón de Lisboa, disputada a pasado 25 de outubro, como segundo español en meta. Unha proba na que partían, aí é nada, 15.000 atletas. Deles o meañés clasificou na posición 31 da xeneral entre un total de 9.400 maratonianos que entraron en meta. Fíxoo ademáis coa súa mellor marca persoal na distancia, rexistrando un tempo de 2 horas 46 minutos y 1 segundo, que foi o que empregou en percorrer los 42,195 kilómetros da maratón.

Andés Sueiro, a pica de pisar a banda azul de entrada en meta en Lisboa
“Levaba catro meses preparando esta proba
-recoñecía Andrés Sueiro-, entrenando cos meus compañeros do Atletismo Cambados
e o isleño Pablo Otero, a razón de cinco ou seis días por semana”. Sobre a súa
participación en Lisboa explica que “salín moi mentalizado, coa estratexia de
controlar os primeros cinco quilómetros e correlos a un ritmo suave, de 4,05 el
quilómetro”. “Logo -engade-, a partir de aí, puxen ritmo de cruceiro correndo a
3,55 ata quilómetro 35, que era o culme da dificultade”. “Cando cheguei aí -agrega-
e vin que o corpo respondía, boteime a exprimir os quilómetros finais que
corrín a 3,45... A verdade, acabei moi, moi forte”.
Andrés Sueiro batía así en Lisboa en casi 11
minutos a súa mellor marca personal, que fóra a acadada o ano pasado na maratón
de Aveiro (Portugal) con 2:55:56, “e iso -explica- que Lisboa é un circuito
duro, con inicio en costa en Cascais… Se fóra unha maratón chá -comenta- como
Valencia o outras, podería ter rebaixado un par de minutos esa marca”.
O meañés non fue o único salinense do Atletismo
Cambados en correr en Lisboa e facer un dignísimo papel. Así competiron Gelo Pérez (que rexistou un tempo
de 2:48:16), José Manuel Lores (2:48:30), Ramón Oubiña (2:55:55), Jorge
Santórum (3:13:09) e Juan Rivas (3:20:01). Por enriba de todos eles, o gañador,
na élite, o queniata Zablon Chumba, que rexistrou un tiempo de 2:07:18.
Cetrería
Polo
súa banda, o tamén meañés Ignacio Orge voltou a subirse ao pódium no “XXII Campionato
Galego de Cetrería”, celebrado o 25 e 26 de outubro Vilalba e Cospeito (Lugo). Fíxoo
esta vez por partida triple, colleitando o subcampeonato en tres das catro
modalidades existentes.
Así,
en pequenas rapaces clasificou segundo con “Narco”, un peryan co que xa fora
campeón galego en 2023 y 2024. Mentras, na disciplina de falcóns “man a man”
obtivo o subcampeonato con “Pol”, un falcón aplomado que, precisamente era novo
este ano na competición. E na baixo voo con azores lograba o segundo escalón do
pódium con “Kuk”, un azor de 830 gramos ben musculado. (Na foto, Ignacio Orge con "Pol" en Cospeito)
Os
voos deste campionato tiveron lugar nos terreos cedidos polo Tecor Terra Chá.
Nel déronse cita preto de 60 cetreiros
procedentes Tarragona, León, Madrid, Palencia e Cantabria, entre outros puntos
de España, máis algúns chegados desde Portugal.
Ignacio
Orge suma así tres títulos á súa vitrina particular, non en balde, nesta tempada, recén iniciada, subiuse ao pódium en
todos os toneos nos que participou. O
seu xeito de entender a cetrería, o modo de traballar coas aves e os vínculos
que con elas entabla, convérteno nun referente na cetrería moderna en España. No
seu haber, o ser o único campión de España en todas as modalidades de baixo voo,
campión de España con azor en 2018, pequenas rapaces en 2019 e con águila de
Harris en 2021, amén de cinco campionatos galegos logrados.
Música e composición
Sanxenxino de origen, e casi meañés de adopción pola súa vinculación coa BUMM, Antón
Caneda descubriuse na súa faceta de
compositor creando “Xoldra”, a obra libre coa que participara a Banda Infantil
da Unión Musical de Meaño no XVIII
Certame Galego de Bandas de Música, celebrado o 18 e 19 de outubre. E, amén do
primeiro premio na modalidad de bandas intantís, galardón engadido por “Mellor Interpretación de Obra
con Temática ou de Autoría Galega” que foi a que fixo a Banda Infantil de “Xoldra”,
baixo a batuta do mestre Lorente López, e que cautivou ao xurado entre o total
das 21 bandas de música participantes. (Na imaxe, Antón Caneda)
“Xoldra -explica Antón Caneda- é unha verba galega
que significa barullo ou diversión
ruidosa”. “Niso -agrega inspireirme cando a concebín para unha banda de
nenos, pensando en que a min, pola súa idade, gustaríame ter tocado unha obra
así”.
O sanxenxino recibira este encargo de mans do
director Diego Javier Lorente López. “Sabiamos por entonces -explica Antón
Caneda- que a Banda Infantil fora seleccionada para participar no Certame
Galego, e a Diego facíalle ilusión acudir cunha obra con selo propio, que fora
meañesa, e de aí o encargo”.

Recoñece que el seu foi “un traballo exprés,
apurado polo tempo”. “É unha obra curta, para nenos -explica-, de sete minutos,
e concebina en apenas unha semana, xirando arredor dun motivo y unha melodía,
procurando sempre o equilibrio entre os instrumentos da banda coa que iamos
participar, e pensado en que, sobre todo, os nenos disfrutaran tocándoa… E a boa
fe, penso que se logrou, que o pasaron moi ben e que saíron orgullosos de seu
concerto”.
Preguntado pola composición, o Antón Caneda
recoñecía que “non é unha prioridade, eu compoño cousas porque as disfruto, algúns
encargos personais que me fan… algo para banda, fai unhas semanas unha obra
para quinteto de metais e trompeta solista”. “Pero, a verdade -agrega- non me
vexo nese papel aínda que, con este premio, claro que algo se abre aí na
cachola… e nunca se sabe se me dará por entrar nun campo que, por agora, é mera
afición”.

Foto de familia dos atletas do Clube Atletismo Cambados tras
competir na maratón de Lisboa

competir na maratón de Lisboa



.jpg)