PLENO EXTRAORDINARIO
A adicación á política municipal ten a súas
retribucións. A asistencia dos concelleiros a plenos, xuntas de goberno e comisións
previas, é abonada segundo o fixado en cada concello. O cuantía, dure a sesión dúas
horas ou oito minutos, é fixa. Sabe o lector canto custa unha sesión plenaria ou
dunha comisión no Concello de Meaño? Imos contarllo.
En Meaño, 13 concelleiros. Nas sesións non percibe
retribución nen alcalde nen a concelleira de cultura, por ter ambos, de por si, salarios
políticos (o rexedor a xornada completa e o concelleira a tempo parcial). Por
tanto quedan 11 concelleiros cuxa asistencia a pleno (ou comisión) é retribuida a razón de 80 euros por barba. En total, por tanto, un pleno custa 872 euros. O pasado
4 de agosto celebrouse un pleno extraordinario relampo, cunha duración de tan
só 2:29 minutos, e que supuxo ese custo de 872 euros. E, iso si, cada pleno
leva consigo as pertinentes comisións previas, e a xuntanza de cada comisión
custa 320 euros. Aquel pleno relampo de agosto conlevou a xuntanza da Comisión
de Contas, isto é, 320 euros o cal que fixo un custo total de 1.140 euros.
Os plenos ordinarios son obrigados por norma. En
Meaño, por acordo do pleno de organización desta lexislatura e a proposta do
rexidor, celébranse o último xoves dos meses impares, a saber: xaneiro, marzo,
maio, xullo, setembro e novembro.
Logo están extraordinarios, que, en ocasións, poden facerse necesarios. Organización, previsión e, sobre todo, unha axenda
física ao día, pode evitar despistes de xestión, e aforrar este tipo de sesións.
A continuación amosamos abaixo un cadro cos plenos extraordinarios celebrados nos 25 anos que van de século XXI. A partir de aí pode deducir o lector que alcaldes tiñan (ou teñen) mellor axenda, quen minimizaba costes en retribucións políticas, e quen non.

Plenos extraordinarios en Meaño
(1) No ano 2012 o extraordinario de novembro celébrase para
a elección de Lourdes Ucha como alcaldesa. Repítese no cadro 2012 polo pasamento de Jorge Domínguez.
(2) No ano 2019 os primeiros 6 meses corresponden ao
mandato de Lourdes Ucha; e os seguintes 6 meses a Carlos Viéitez (por cambio
electoral), razón pola que se parte ese ano en dous semestres.
NOTA: Non se contabilizan os plenos extraordinario de aprobación de presuposto antes de remate de ano, que por lóxica,
celebrábase a fins de decembro e que se facía, por norma, obrigado.
Do cadro, evidénciase que durante os 12 anos de
goberno de Jorge Domínguez no século XXI celebráranse 15 plenos
extraordinarios. Logo, nos 8 anos de alcaldía de Lourdes Ucha, 5 extraordinarios. E nos 7 anos de Carlos Viéitez na alcaldía, récord… 19 plenos extraordinarios!. A oposición xa lle reprobou moitas veces as consecuencias desa falta de axenda, cos custos adicionais que iso supón ás arcas municipais (qeu para iso non hai subvención). A
vostede tócalle valorar.
![]() |
| Plenos extraordinarios en Meaño |

.jpg)

No hay comentarios:
Publicar un comentario