domingo, 30 de noviembre de 2025

 Opinión ***

AS NEGACIÓNS DE SAN PEDRO


O paso do tempo, e a piques de vencer o ano 2025, demostrou o que se intuía desde fai tempo: por segunda vez en cinco anos, baixo o mandato de Carlos Viéitez, o concello non tivo (nen terá, por ser xa inútil a estas alturas) presuposto municipal para este curso. Así mantivéronse vixentes as partidas do presuposto municipal de 2024, que resultou, na práctica, prorrogado e tivo que gobernar a golpe de expedientes de modificación de crédito para inxectar cartos de tesourería. 

Antes de que canto o galo, negarasme tres veces” (San Mateo, 26:34-35), Ao longo de 2025 -como San Pedro-, Carlos Viéitez, negou tres veces -sobre o presuposto-. Para coñecer estas tres “evanxélicas” negativas, tiramos das hemotecas e audioactas dos plenos (que o lector poder consultar na web municipal).
A primeira, no pleno do 21 de marzo, onde, textualmente, anunciaba: “haberá presuposto para este 2025, pero non podo comprometer unha data”. A segunda, no pleno de 29 de maio; e, a terceira, no ordinario do 22 de agosto, cando, outra vez a pregunta da oposición, afirmaba: “por se min fora, os presupostos, canto antes”. Por entonces excusaba que todavía non poidera presentarse “pola situación de baixa de secretaría-intervención”. Aínda non aventurando data, e rexedor Carlos Viéitez persistía: “Meaño terá presuposto municipal este ano”. Pero agora, fai nada, na sesión desta pasada semana (27/11/2025), a piques de acabar o ano, Viéitez Fernández deu por feito que Meaño, agora si, xa non terá presusposto.
"… E ao instante cantou o galo” (San Mateo, 26:34-35).



No hay comentarios:

Publicar un comentario