sábado, 18 de mayo de 2019

*** Opinión
Un alcalde, un legado

Os alcaldables que se presentan ás municipais do domingo 26, e nun concello tan pequeno como Meaño onde todos nos coñecemos, deberían usar con maior precisión as verbas coas que se auto-definen a si mesmos: honradez, xestión, cercanía, transparencia, implicación social... Pero a pouco que buceamos en Internet podemos dar cun discurso que serve para un candidato en calquera concello de España. Por iso, cabe que Meaño valore aos alcaldables polos seus feitos, non polas verbas que, tantas veces repetidas, soan vacías.
En canto a programas electorais, os exhibidos non van máis alá dun tríptico publicitario ao uso, de como fai 40 anos, programas sen escribir, sen desenvolver, marcando as pautas, e que deberían ser a folla de ruta coherente dun goberno que se precie para unha lexislatura de catro anos. O que non escribes, non existe.
Nunha lectura desos “programas”, comprobas enseguida que o papel aguántao todo, e que, se o retorces, as verbas diranche o que queiras. Porque obedece a un simple folleto publicitario, o programa, como tal, non existe.
Despois de ler e reler os encartes, de arriba para abaixo, de atrás para diante e viceversa, ao intre decátaste que tes na man unha carta aos Reis Magos. Pero, visto o visto, ogallá sexa só unha carta, porque o que propoñen nalgún programa é poñer en xogo o vindeiro 26 -e de aí para o futuro-, unha dicotomía Meaño-Dena que pode voltar a abrir unha fractura social -e ata económica- sen precedentes. Jorge Domínguez traballou para sellala desde 1991, logrouno e cicatrizou. Agora erran en abrila en canle. As feridas sangran pronto, pero tardan en curar (se curan).
É a teoría dos vasos comunicantes: o que inclinamos para un lado, ven de outro. O segredo é equilibralos. Se non coñeces o pasado, errarás no presente, pagarao o futuro. Domínguez, que tanto aínda mentan, nunca suscribiría un proxecto así. Un alcalde, que se precie como servidor público (en toda a extensión de palabra PÚBLICO), ten que saber que asume unha responsabilidade coa historia. Que ninguén lembre o teu legado polos erros. Nin o noso. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario