domingo, 15 de marzo de 2020


MEAÑO, QUEDA NA CASA

"Queda  na casa, queda na casa!
Stay at Home!"  (visto por Gogue)
Como cada fin de semana abrimos este virtual Ventanuco para chegar a ti. E facémolo hoxe cunha mensaxe, dirixida dun xeito especial a tod@s @s meañeses/as, lembrando que toca facer gala dun disciplinado civismo para acatar con suma responsabilidade as obrigas promulgadas polo goberno. Por parte dos políticos, sexan da cor que sexan (e tamén en Meaño), imponse non desviarse un ápice da liña, e non cuestionar as normas estipuladas por un goberno de todos para encauzar este estado de alarma. É o momento de actuar, únicamente acatando a norma, aparcando calquera debate político. Chegado o caso de ter superado todo isto, tocaría logo, se fora preciso, facer balances.

Desde aquí, o chamamento para que tod@s os meañeses/as quedemos na casa, poñer atención para extremar a hixiene e reducir o impacto do virus Covid-19, tirando dos consellos que estamos a recibir. É unha responsabilidade que nos implica a cada un de nós, e que repercutirá en beneficio (ou perxuízo) de toda unha sociedade. Polo tanto, toca empurrar, afrontar o momento con serenidade, enteireza social e sen pánico. Se o facemos de xeito ordeado, todo fluirá antes. Por favor, quedemos na casa todos estos días que as autoridades sanitarias nos implementen. Desde aquí trataremos de seguir abrindo este Ventanuco ao mundo e, se podemos, contribuir a entreterte un chisco. A lectura sempre é un solaz. Aquí estamos, Meaño.


*****************************************************

P.D-1. Deixámosche un pequeno vídeo que nos chega de mans dun profesional médico, e que pretende axudar na prevención do virus. Unhas medidas que certo, son aplicables, por extensión á prevención de procesos víricos cotiáns, pero que tamén poden ter a súa oficiencia neste caso. 



P.D-2. Ah! E para entreterte, se queres visitar 10 grandes museos do mundo, convidámoste a entrar e facer un tour virtual e coleccións on line. Para viaxar ata el basta con pinchar enriba de cada un dos seguintes enlaces. Recomendando por Iris

1. Pinacoteca di Brera - Milano https://pinacotecabrera.org/

2. Galleria degli Uffizi - Firenze https://www.uffizi.it/mostre-virtuali

3. Musei Vaticani - Roma 

4. Museo Archeologico - Atene https://www.namuseum.gr/en/collections/



7. British Museum - Londra https://www.britishmuseum.org/collection

8. Metropolitan Museum - New York https://artsandculture.google.com/explore

9. Hermitage - San Pietroburgo https://bit.ly/3cJHdnj

10. National Gallery of art - Washington https://www.nga.gov/index.html

1 comentario: