AGONIZA O SENLLEIRO ÁLAMO NEGRO DA CAPELA DAS
ANGUSTIAS
AGONIZA O SENLLEIRO ÁLAMO NEGRO DA CAPELA DAS ANGUSTIAS
A carismática árbore ornamental que preside a plazoleta da ermida de As Angustias en Broullón (Xil) agoniza ao ir esgotando os seus máis de 200 anos de vida, cifra que refiren os lugareños como legado da memoria dos seus devanceiros. Ante iso, son varios os veciños os trasladan a preocupación de que esta singular árbore acabe de fracturase provocando a caída de parte da súa estrutura, co consecuente risco para viandantes e público que adoita facer uso da terraza dominical do establecemento hostaleiro lindeiro.
Senlleira árbore da plazoleta da ermida das Angustias en Xil
Trátase dun álamo
negro lonxevo, con dous séculos ao lombo, e cuxo abatemento vense manifestando
nos últimos anos. Isto fixo que xa na anterior lexislatura -con Lourdes Ucha na
alcaldía- o concello intervira recorrendo aos servizos de Centro de
Investigación Forestal de Lourizán, para tentar de salvar o exemplar. Pero xa
entón os técnicos que visitaban a zona, advertían in situ de que o álamo, metido
na senectude, semellaba estar esgotando o seu ciclo vital. Para protexelo, o
concello decidíu entonces dispoñer enreixado metálico no seu perímetro que luce
hoxe.
Este senlleiro álamo
negro divide o seu tronco desde o arranque mesmo en dúas grosas ramas, emulando
troncos, que presentan na súa estrutura sendas ocavidades que contribúen a
debilitar a madeira. Actualmente, a árbore sen poder acada pretos dos 5 metros
de altura. Esa abertura desde o arranque forza ao álamo e faille ameazar coa
fractura.
Naquela ocasión o
concello determinou aseguralo coa colocación de dúas cinchas, unha téxtil e
outra metálica, que se dispuxeron preto dos tres metros de altura, percorrendo
o perímetro desas dúas grosas ramas actuando, actuando así a xeito faixa para
evitar a fractura. Como reforzo dispuxéronse dúas baleas metálicas a través de
ambos os troncos para contribuir a soldalos. Engadido, e a maiores colocáronse
dúas vigas de madeira nun dos troncos para contribuír a apontoar a estrutura e
evitar o derrube.
Aínda así, en maio de
2021, dado o abatemento do álamo, precipitouse ao chan unha grosa rama, mais
sen causar dano algún, pero que os veciños entenden como un sinal de alerta,
polo que demandan que o concello actúe en consecuencia. “Afortunadamente
-apunta un dos lugareños- este inverno suave está a axudar a que non ocorra
nada, pero cando chegue algún temporal calquera parte da árbore pode vir abaixo
e causar unha desgraza.
No aire, o dilema de
se debe procederse coa eutanasia desta singular árbore, ou ben tratar de
alongarlle a vida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario