sábado, 1 de enero de 2022

Nadal solidario

 

Abrimos este Ventanuco 2022 cunha entrada para compartir contigo unha doble historia solidaria desta última semana, historias altruistas e cuasi anónimas que cabe coñecer. E, por outro lado, tal e omo se impón nestas datas, ofrecemos un balance do ano 2021, pero tamén mirando cara atrás desde 2013 para ofrecerche algúns datos curiosos.
 
NADAL SOLIDARIO
O pasado 26 de de nadal, a peña moteira Dena-Mita, logrou recadar na súa PAPANOELADA MOTEIRA arredor de 300 kg. de alimentos non perecedeiros, que foron doados ao Banco Municipal de Alimentos. Unha organización que, pese á choiva, atreveuse a sacar adiante esta iniciativa cun obxecto benéfico. Grazas aos moteiros por estar, por aportar á causa, e tamén a aqueles clubes e entidades que se aviñeron a facer causa común aportando os seus lotes.


Saída da caravana da Paponeoleda Moteira en Meaño

 
E o pasado día 30 con FESTIVAL DE NADAL BENÉFICO en Simes organizado por novo colectivo que xurde na parroquia: “Cáritas Simes”, abandeirado por media docena de feligreses, e con Elvira Fariña que se atreveu a dar o paso como directora do grupo. O labor do párroco Juan Ventura e do catequista Fernando García suman  para facelo realidade. Un festival-concerto que contaba coa actuación do coro infantil-juvenil ADCFILM e a formación +Q Cantiga. A solidariedade san, sen pretencións, veña de onde veña, é agradecida para prolongar os espíritu navideño a todo un ano. Benvidos e grazas, moitas grazas por estar.


Coro ADCFILM no concerto solidario en Simes

 
POLO VENTANUCO… en perspectiva
Neste mes de xaneiro cumprimos 9 anos con este Ventanuco aberto. Un tempo que deu para a publicación de 428 entradas, sumando unha audiencia de 235.069 lectores e, deste este pequeno concello, ter chegado a 71 países do planeta. Son 9 anos dos que disfrutamos contando humildes historias anónimas de moitos meañeses. Visto en perpectiva, o mellor que nos queda de todo este tempo foi o telos coñecido…. e sentido. Aquí amosámosche o ranking e os enlaces para poder coñecelo o volgar a velos:


A longo destos anos, o ranking da entrada máis visitadas son:
1º) LA MILLA DE ORO DE LOS FURANCHOS DE COBAS (7.999 lectores)
http://poloventanuco.blogspot.com/2014/01/la-milla-de-oro-furanchos-de-cobas.html
2º) Hemeroteca: JOSÉ MANUEL HERMIDA “O rei do niños” (4.333 lectores) (Ao carón foto a José Manuel Hermida-na lembranza)
http://poloventanuco.blogspot.com/2013/06/
3º) Meañeses polo mundo / Suíza (Xenebra): BEATRIZ MARTÍNEZ CASTRO (3.258 lectores)
http://poloventanuco.blogspot.com/2013/12/meaneses-polo-mundo-iii-belxica-beatriz.html
 


ANO 2021…
1º) CUANDO DENA ERA AROSA (reportaxe)………. 1.021 lectores
http://poloventanuco.blogspot.com/2021/04/el-complejo-arosa-en-dena-fue-durante.html
2º) TAL E COMO ERAMOS (fotografía) …………………..     960 lectores
http://poloventanuco.blogspot.com/2021/02/tal-como-eramos-entrada-fotografica.html
3º) CELSA RADIO LASTRES (Entrevista) …………………    861 lectores
http://poloventanuco.blogspot.com/2021/02/conversas.html


O presidente Adolfo Suárez saudando a Calixto Varela e Nelly Lamelas ás portas do complexo Arosa en Dena


 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario