sábado, 4 de septiembre de 2021


Isto, amigo lector, non é un ventanal, senón un humilde Ventanuco. É o medio elexido para chegar a ti a tu xanela dixital desde 2013. Sen máis pretensións de compartir unha historia do Meaño que amamos (pero de verdade). Por iso o que máis nos gusta é chegar moitas veces con esas historias modestas, dos persoeiros discretos, que non se exhiben alí onde van. Porque cada quen ten unha historia. E aquí compartimos outro desos episodios da gaita meañesa tan prestos a esquecer. Tanto que neste verán, entre tanto evento musical, cinematográfico e demáis, promovido polo concello -e mesmo repetindo concertistas-, nen unha soa actuación ofrecida ao grupo de gaitas e baile tradicional da asociación Penaguda, con 30 anos de bo facer ás costas. Pois nós desde aquí, desde a tallo, reinvindicamos esa gaita meañesa que desde o sillón igñoran.

A GAITA MEAÑESA ACOMPAÑA A CARLOS NUÑEZ 

A gaita meañesa reivindicouse estos días días no Pazo de Baión cos gaiteiros meañeses Alberto Torres e Antonio Prieto, acompañando a Carlos Núñez no seu concerto da xira dos 25 anos de seu disco “A Irmandade das Estrelas”. Con él subíronse ao escenario para para facer oir as suas gaitas nos temas “Aires de Pontevedra”, “An dró”, e “Greenlands”.

Un momento do concerto de Carlos Núñez en Pazo de Baión, con Alberto Torres sobre a tarima á esquerda, e Antonio Prieto á dereita

Un concerto que se aprazara este verán ata en tres ocasións polo mal tempo, pero que nesta vez puido celebrarse a fins de agosto no marco do xardíns do Pazo de Baión, e co público completando o aforo disposto polo momento covid. A racha de sol que asomou entre as nubes á última hora do serán puxo a guinda máxica ao entorno.

Natural de Meaño, aínda que afincado en Nantes, Alberto Torres Domínguez, que tocaba por segunda vez co emblemático gaiteiro, recoñecía que ésta do Pazo de Baión “foi unha experiencia única, porque non todos os días podes tocar ao lado dun artista dese calibre, que tocou cos mellores:  Bob Dylan, Alice Cooper, Lou Reed ou o mesmo AC/DC, entre outros, porque Carlos Núñez ten un talento descomunal”. “Para min -agrega- resultou moi emotivo, tanto que sobre o escenario, naquel intre, acordeime de todos aqueles que me ensinaron desde neno a tocar, sempre con boas palabras, axudándome, animándome… Moito me gustaría que estiveran alí, para disfrutar dese momento e, sobre todo, o meu recoñecemento para Otilio Táboas, o mestre de gaita para toda unha xeración que me marcou para sempre”. 


Alberto Torres e Antonio Prieto
(1º e 2º pola esquerda) con Carlos Núñez
e o seu grupo tras actuar en Pazo de Baión

Precisamente, Alberto Torres iniciárase da man do mestre Otilio Táboas Fernández en 1989, integrando os grupos “Savia Nova” e “Os Terribles” de Nantes. Aparcou a actividade en 1993 para retomala máis de 20 de anos despois, renovando repertorio tradicional e de autor, e colaborando con grupos da comarca como “Penaguda”, “Bréteva”, “Gaiteiros do Mar”, “Gaiteiros de Salitre” e “Romaíña”, e mismo como percusionista en “Volandeira”. 

Pola súa banda, Antonio Prieto González, gaiteiro e presidente da asociación cultural “Penaguda” (liderando ademáis o seu grupo de música tradicional), apuntaba que “tocar ao carón de Carlos Nuñez sobre o escenario é unha experiencia única, é unha desas que se van quedar para sempre na memoria, e poder contalo no futuro”. “Ademáis -añade- fixémolo nun grupo onde a xente e o propio Carlos Nuñez estiveron super agradables connnosco, sempre atentos para que nos sentiramos cómodos en todo momento, e unha acollida así resultou moi entrañable”.

De esquerda a dereita: Manuel Arosa,
Antonio Prieto e Alberto Torres

Antonio Prieto, amén de Penaguda, formouse na Escuela Municipal de Música Tradicional en Vigo (ETRAD). Desde 2012 é unha das seis gaitas da orquestra de música folk “SonDeSeu”, a primeira do seu xénero en Galicia e unha das primeras de Europa, con 67 músicos baixo a dirección de Rodrigo Romaní.

CASA RODIÑO en Meaño
(salón de banquetes)



domingo, 29 de agosto de 2021

 

...A fins do verán, desde Meaño

Abrimos neste fin de semana cunha entrada fotográfica centrada no verán meañés, que está tocando as portas da fin e, en pouco, deixa asomar a vendima. Pero, antes de nada, toma nota: se tes un local por Meaño, e estás matinando en facer unha actividade para este outono, sen coste e sen compromiso, aposta pola poesía para aunar corazóns. De mans de poeta grovense Queco Fresco, presentámocho aquí. Por que non darlle algo de poesía? Meaño necesítao máis que nunca.

Onte, 28 de agosto, sábado da Lanzada, a Praza da Feira acollía o Festival de Bandas de Música, gracias ao empeño dunha organización que traballou de arreo neste ano atípico para facelo posible. E, pese a adversidade, este certame mantivo o tipo para convertirse por un momento en centro bandístico para os melómanos.

Un momento do concerto da Banda Unión Musical de Meaño


Banda de Música de Sanxenxo ao termo da súa interpretación

Engadido, hoxe domingo día 29, os primeiros atletas aviñéronse a facer realidade a iniciativa "CORRER POR MEAÑO-2", de mans da Asociación G.A.M. para manter a brasa da fogueira da Carreira Popular. Este colectivo pon marcha esta modesta experiencia, que só pode fraguar gracias a ti. Desde aquí un chamamento a meañesas e meañeses, a tod@s os que, sendo de de fóra, tendes viva na retina este pobo e esta carreira, para seguir alentando a brasa. Do contrario, apágase. Correr ou andar, todo serve: darás ti un paso por Meaño?

Andrés Sueiro e Oscar Fandiño (os dous de Dena),
acabando hoxe domingo en meta, ás 9,10 horas


Lembra, a experiencia está aberta ata o 18 de setembro. Podes coñecer os detalles  pinchando aquí nos seguintes enlaces:


POLO VENTANUCO-Correr por Meaño-2

Carreira Popular de Meaño'2017

E  tres palistas meañeses acaban ser de ser seleccionados para integrar a selección galega de tenis de mesa para o campionato de España por autonomías. Elas son, Marina García e Laura Forte, que concurrirán na modalidad de idade escolar (Los Alcázares en Murcia, do 2 ao 5 de setembro) e Mónica García do CTM GAM que acudirá na categoría de veteranas (días 18 e 19 de setembro na localidade abulense de Candeleda).


De esquerda a dereita: Mariña García, Mónica García e Laura Forte


Compartimos tamén desde aquí a obra que se iniciou para apertura dunha rúa en Lores, proxecto que foi concebido polo concello en 2012 e que agora, por fin, chega a porto. Nunca é tarde se a dita é boa.

Inicio da obra de apertura da rúa en Lores para comunicar a estrada coa igrexa

E outra que, despois de terse pelexado, o goberno local aviuse a facer en aras a salubridade das traballadoras do andar baixo do consistorio (que tamén existe). Xa sabemos que convivimos co radón (co tabaco, cos gases dos vehículos e todo iso). Trátase, non de evitalo porque é imposible, pero si de minimizar os riscos. E se carece de importancia o radón: por que se fan estas obras? Por que a lei de construción obriga en España e Europa nas novas construcións?. Podemos facer como que non existe ou problema, ou podemos admitir que existe e só nos toca tomar conciencia.

Obras para mitigar o radón na angar baixo do concello


NUN TRIS-TRAS...

TRIS: Fin do concerto da BUMM


TRAS: Carreira Popular de Meaño'1989
Os irmáns Dani (entrando gañador) e
Carlos de la Torre (olímpico Barcelona'92)


Restaurante CASA RODIÑO, en Meaño (terraza)








miércoles, 18 de agosto de 2021

         CORRER POR MEAÑO-2    


"Ti eres dos que da un paso por Meaño? Nós sí"
. Así reza un ano máis o lema para esta iniciativa. Mañán domingo, 12 de setembro, as 11 horas debería terse disputado XXXVI Carreira Popular de Meaño, que sería a edición 36 que tocaría, de terse disputado os anos 2019 e 2020.
Esa carreira, que Asociación G.A.M, concebira e organizara durante os primeros 25 anos, quedou en mans do concello desde 2010, co acordo tácito de colaborar a asociación con concello para levala a bo termo cada ano.

Damián, José Carlos de Juan do Triatlón Poio, xa correron por Meaño

Ante a quietude do concello de Meaño -lóxica no ano en 2019, pero incomprensible en 2020- a asociación G.A.M. tira de imaxinación tentar manter dalgún xeito o rescoldo desta carreira, mentras que noturos lares sí se se aveñen a organizar estas clásicas (Baiona, Vilagarcía, Saxenxo…)  apostando por un formato axustado a situación covid. Meaño tamén merecía ter a súa carreira covid que, a ben seguro, polo seu formato singular, tería quedado  na memoría de toda unha xeración.
Desde aquí, a nosa chamada para que mañán domingo, ás 11 horas en punto, te animes a Correr por Meaño, percorrendo o circuito da carreira. Lembra, se te animas e só por facelo, que poderás entrar nun abano de sorteos. Algúns xa o fixeron nestos días de setembro. E, por diante, tes de prazo ata o día 18 de setembro (pero ollo que entra a vendima!).


Cristina e Fanny xa deron pasos por Meaño


Desde a Asociación G.A.M., un puñado de meañeses estarán mañán na Praza da Feira as 10,45 horas. Se queres correr ou camiñar connosco están convidado a facerlo. Lembra: mascarilla e distanciamento físico durante o percorrido... Saída ás 11 horas.

Queres coñecer as bases para participar e os percorridos a facer? Que premios temos para sortear? Aquí van as bases para un premios con PURO SABOR MEAÑÉS

1. Correr ou andar o circuíto. Tes de praza ata ao 18 de setembro.
2. Remite una foto da túa participación, con nome e apelidos, idade, e un número de teléfono ou correo-e de contacto a asociaciongam@gmail.com
3. A inicios de outubrpo (pasada a vendima) a Asociación G.A.M. realizará o sorteo público do premios entre todos o participantes. De ter os teus datos poderemos avisarte personalmente para facerche chegar o agasallo.

NOTA: Participar no sorteo implicar autoriza á organización a poder publicar a fotos nas redes sociais vinculadas a CORRER POR MEAÑO. 

PREMIO PACO&LOLA / ADULTOS: 2 sorteos de sendos lotes de albariño PACO&LOLA,
con visita guiada á adega para dúas persoas 

PREMIO "QUINTA DE SAN AMARO" / ADULTOS: 2 sorteos de sendos bono-tapas en QUINTA DE SAN AMARO
(con viño e tres tapas) para dúas persoas

PREMIO CATERÍA-BAR "LAGE" / INFANTIL: 2 sorteos de sendo vales de hamburguesa + refresco para dúas persoas (nen@ e acompañante)


Cal é o teu circuíto?

CIRCUÍTO LONGO: 6.330 metros, para os nados en 2007 e anos anteriores.
CIRCUITO MEDIO: 1.660 metros, para os nados entre 2008 e 2013.
CIRCUÍTO CURTO: 1.070 metros, para os nados en 2014 e 2016 e anos posteriores.


A continuación precisamos os diferentes circuítos nos que podes correr en función das idades para compartir a túa experiencia. Se pinchas enriba do circuíto que dexeses percorrer, terás acceso directo no teu terminal (teléfono, tablet ou ordenador) a través de GoogleMaps ao percorrido correspondente, para poder guiarte se dubidas no percorrido. 
   
Perfil do circuíto de de 6,3 kms.

 

Carreira Popular 2013




Saída da Carreira Popular de Meaño'2010


Club Atletismo Cambados-Seguros Noval: eles correron tamén por Meaño





Felipe, Pedro e Basilio, en 2014 (cando a camiseta azul con M de Meaño-Corazón)


2018 / Os tres primeiros en meta. De esquerda a dereita: Carlos Porto, "Huracán" Hurtado
e o gañador Alejandro Fernández


2011, Hassan Leklhili, entra gañador


2017, podium dos meañeses con
Andrés Sueiro como primeiro clasificado


2018: Edymar Brea, co premio Paco & Lola como gañadora feminina


Medalla de ouro de Manuel Rosales como Campión do
Mundo en Bermighman doada á organización meañesa
cando na súa homenaxe en 2012. Recoñecido
polo concello de Meaño coa mención de honra


2012, Alejandro Fernández (1ª das súas catro victorias en Meaño)



domingo, 15 de agosto de 2021

 

El verano es estación preciada para tirar el agua fresca de fuentes naturales. En Meaño resulta fácil encontrarla, tirando de alguna de las 53 fuentes públicas catalogadas a lo largo y ancho de sus siete parroquias, la gran mayoría aptas para el consumo. Pero en este reportaje nos hemos propuesto dar con la más fresca de los manantiales meañeses, entre las más socorridas por los vecinos por calidad, según la sabiduría popular. Desde aquí te ayudamos a ello sirviendo un acceso directo con Google Maps que te ofrecemos en este reportaje, a modo de ruta de fuentes. Esta iniciativa no responde a un estudio científico al uso, sino únicamente a saciar la curiosidad… y la sed.
 

EL AGUA MÁS FRESCA DE MEAÑO


 
En el trabajo de campo realizado para este reportaje hemos visitado un total de catorce fuentes meañesas, que componen el abanico las más socorridas por los vecinos. Fueron las fuentes de As Seis (con radio de acción sobre Dena y Xil), Trubisquido y San Xoan (Meaño), Baiuca (Padrenda), A Igrexa y Os Campiños (Cobas), Valdamor (Xil), Abeleiras (Paradela de Lores), A Laxe y O Souto (Lores), más Axís, Pazos, Vilariño y cementerio (Simes). Todas fueron visitadas para ser testada su agua a pie de manantial en dos ocasiones, las catorce en la misma franja horaria y en días de semanas distintas (optando una jornada soleada y otra nublada).


Agua de roca: "fonte de Trubisquido" en Meaño

Los resultados obtenidos de temperaturas se mueven en una horquilla de tan sólo 2,4 grados centígrados de diferencia. Añadido, la estabilidad de su temperatura lo acredita el hecho de que la mayoría repiten cifra en los dos test o, a lo sumo, la que más varía tan sólo 0,4 ºC de diferencia. Añadido, en cinco de las fuentes citadas se realizó un tercer test nocturno, con muestreo al filo de medianoche, que cuadraba el mismo resultado o, a lo sumo, haberse movido tan sólo 2 décimas en relación a las mediciones diurnas.



De las catorce testadas el agua meañesa más fresca resultó ser la de la “Fonte do Souto” en Lores, que arrojó una medición de 15,3 ºC. La otra competidora en frescura fue la “Fonte dos Campiños” en Cobas, con un registro de 15,5 ºC, y a la que siguió Vilariño (Simes) con 15,8 ºC. 


El agua más fresca del municipio de Meaño: "fonte do Souto" (Lores)

“Fonte do Souto”
La “Fonte do Souto” está situada en el lugar de Freixeiro, a pie de monte y del vial municipal interior que une las localidades de Lores y Simes. Se trata de un manantial que se enclava en uno de los puntos más altos Lores, y en cuyo entorno el concello habilitó en 2018 una pequeña área recreativa tras acondicionar la zona, contribuyendo así a ofrecer al visitante un balcón sobre Lores y parte de la ría de Arousa. Cuando se les pregunta a los lugareños por el agua más preciada de la localidad, los ancianos de Lores remiten a esta fuente como “un agua muy buena, que está situada en zona alta y de nace del monte mismo”. Desde que el concello viene realizando analíticas de potabilidad de las fuentes públicas, calificaron esta de O Souto como apta para el consumo humano, a excepción del año 2008, que no pasó aquel baremo, siendo tipificada como “no apta”, resultado aquel del que recelaron en su día los parroquianos.
La “Fonte dos Campiños” es el otro manantial al que remiten en Cobas, cuando se les interpela por un agua de calidad -amen del vino de sus furanchos- en atención a la sabiduría popular. Situado a pie de la autovía do Salnés por poniente, se accede a ella por un vial aglomerado, con un ramal en bajada y sin salida de apenas 40 metros que finaliza justo al pie de este manantial.



 

La menos fresca
A partir de ahí la temperatura de la mayoría de las restantes fuentes se mueven entre los 16 y 17 grados. De ellas, la menos fresca de las catorce testadas resultó ser la “Fonte de Baiuca” (Padrenda), que registró una temperatura de 17,7 ºC. Le siguió como segunda más alta, el agua de la fuente de cementerio de Simes con 17,3 ºC,  la de A Igrexa (Cobas) con 17,1 ºC y A Laxe (Lores) con 17 ºC. Eso sí, aclarar que la fuente del cementerio de Simes responde a una traída de agua vecinal, bajada desde el monte por una comunidad de vecinos, que se avino a desviar una goma hasta las afueras del camposanto para su conversión en fuente en 2005. En ella suele avituallarse los ciclistas que suelen circulan por la PO 303, haciendo un alto en la ruta para ello, amén senderistas del Chanca o vecinos para el riego de flores que llevan al cementerio.


De todas ellas, la más socorrida del municipio es la “Fonte das Seis” en Xil, a caballo con la localidad de Dena. La demanda es tal que, en ocasiones, los automovilistas hacen cola, y aguardan paciente turno para aprovisionarse de agua para sus garrafas. Otra de los manantiales con más solera en el municipio meañés el la “Fonte de Trubisquido” en Meaño, en un otero inmediato al monte, a la que se llega por un vial interior que sube hacia el punto limpio y el campo de fútbol de A Toxa y que, según lo lugareños, brota de una zona granítica. Su hándicap, al acceso, por cuanto debe subirse la escalera salvando 17  pasos de piedra, por la que luego ha de bajarse con la carga. Los test realizados arrojaron en ambas fuentes, curiosamente, la misma temperatura, que fue de 16,2 Cº (casi un grado menos fresca que la de O Souto).


La más socorrida: "fonte das Seis" en Xil

Con el final de verano, en años de seca prolongada, algunas de estas fuentes llegaron a dejar de manar. Entre ellas, tiene acaecido con la propia fuente de O Souto o Trubisquido. Los estiajes, ahora ya, empiezan a dejar sentir sus efectos en verano y, en casos, los usuarios tienen que armarse da paciencia para aprovisionarse. Pero si uno tiene prisa y busca el mayor caudal, debe dirigirse a de “Fonte de San Xoán”, en A Feira, en pleno centro de Meaño, de la que emana en pleno verano un torrente de agua sin par y que permitirá colmar sus garrafas en pocos segundos. Las analíticas municipales de potabilidad siempre calificaron el agua de este manantial como apta para el consumo.
 
La más caudalosa: "fonte de San Xoán" en Meaño


6,4 ºC en relación al grifo
¿Cuánto de más fresca resulta el agua de fuentes naturales en relación a la del grifo en casa? La diferencia de temperatura hallada en la comparativa es de 6,4 ºC. Para ello  tiramos del agua de la Mancomunidade do Salnés que llega a los domicilios meañeses (se testaron uno en Dena y otro en Meaño), que verificaron una temperatura de 22,9 ºC. Esta cifra se ha obtenido  en tres test realizados en tres momentos de día, cada uno en jornadas diferentes, y que, en dos de los casos, se hicieron coincidir con los días y franja horaria de los test de las fuentes citadas. Con datos obtenidos en esas catorce cuente se obtuvo un promedio de temperatura de 16,5 ºC, para concluir así los 6,4 ºC citados.


Así las cosas, el agua de los manantiales naturales viene acreditado por su temperatura que, como en tantas otras zonas, la hace tan apetecible en verano. Eso sí, en Meaño, falta ese plus de seguridad que demandan los vecinos, y que nos trasladan los lugareños en las visitas realizadas para este reportaje, lamentando que el concello acumule más de dos años sin efectuar analíticas de sus fuentes. Y que tampoco se realicen  test de radón en aquellos manantiales más socorridos,  no en vano la normativa gallega insta a ello en agua para consumo humano de procedencia subterránea entera o parcial. Norma que mismo se hace obligado para legalización de pozos o traídas vecinales.
 
La menos fresca: "fonte de Baiuca" (Padrenda)


ACLARACIÓN
El regidor Carlos Viéitez matizaba en el pleno del pasado 30 de julio, que las últimas analíticas se realizaran el 27 de mayo, si bien este hecho no se hizo público hasta la sesión de ese 30 de julio. Con respecto a ello precisamos que con fecha 17 de julio se cursó pregunta escrita a responsables del gobierno local para conocer si se había realizado analítica alguna de fuentes desde la primavera de 2019 (que fue la última constatada), pero sin obtener respuesta sobre el particular para cuando su publicación original.
Añadido, también con fecha 17 de julio no se habían colocado aún todas las señales de aquellas fuentes que dieran “no aptas para el consumo” a finales de mayo, caso de la fuente de Vilariño en la que que, a 17 de julio, no tenía dispuesta la señal que luce hoy (por 14 de agosto), y donde reza ahora como “no apta para el consumo”. Dar a conocer el listado de fuentes “no aptas para el consumo”, no se  facilitó para información pública, pese a haberlo solicitado por escrito  con fecha 7 de agosto. Eso sí, en el pleno del 30 de julio el regidor refirió textualmente que “39 fuentes fueran declaradas no aptas y 11 aptas”. Cabe que se trató de un lapsus, que bien pudo haber sido al revés… Si hubiera sido 39 fuentes las "no aptas" se batiría un récord histórico y faltarían aún muchísimas señales por colocar... Eso sí, respetemos las señales colocadas a día de hoy por el concello por una cuestión por salubridad de tod@s. No las arranque, por favor.


Banda de son para esta reportaxe: 

CLARA MONTES: "Agua me daban a mí"

(para ver vídeo en tfno, elixe abaixo "ver versión web")



domingo, 8 de agosto de 2021

 

Rescatamos da baúl un desos poemas infantiles escritos para xogar coas palabras para coas nenas e nenos. Compartimos aquí, este escrito en maio de 2008 pensando nel@s. Proba a recitarllo pola noitiña.


O pato nadaba no lago
paseniño, con gafas de sol,
o pato miraba para a pata,
e a pata dicía que non.


 - Que mala pata!

Que pata tan mala!

rosmaba o patiño

co pico pechado.

 


Pero a pata patosa

ferira unha pata,

patinara correndo

diante dunha gata.

 

E ela moi pancha

pensaba tan ancha:

"non podo baixar

ata o lago a xogar,

pero se subira ata aquí

ese pato pateiro

daríalle un bico

en todo o peteiro".

                                                                                                                                 (Meaño, maio de 2008)




domingo, 1 de agosto de 2021

A WEB MUNICIPAL DE MEAÑO, ANQUILOSADA DESDE 2002 

A web municipal meañesa, que permañece en esencia inalterable e co deseño coa que foi creada fai 19 anos, adoece dunha renovación e actualización que xa foi demandada en diversas ocasións nos últimos anos. Unha páxina que mantén pestanas historicamente baleiras e que nunca foron cubertas, e outras cunha información obsoleta tal que, mesmo nas resolucións da alcaldía, ofrece como última colgada decisións que superan o ano de antigüidade.


Unha das imaxes de presentación de web municipal

Desde a oposición demandáraselle xa a Lourdes Ucha na anterior lexislatura, e repetíase agora con Carlos Viéitez. Nisto incidía o PSOE meañés que, en plena campaña en 2019 manifestaba a través das verbas da súa alcaldable Ana Belén García, a petición dunha web municipal “operativa e ben actualizada, que a que existe hoxe non o é nin o está”. Antes, en abril de 2019, a entón portavoz socialista Icía García reprochaba á rexedora Lourdes Ucha a xestión da web “a onde se soben tarde e mal os anuncios”. E neste 2020 Manuel Radío facía o propio con Carlos Viéitez solicitando maior présa na información que se serve a través da web.

Percorrido pola web

Un percorrido pola páxina web meañesa municipal evidencia lagoas de actualización. Así na organización do concello de Meaño, as seis comisións de organigrama do goberno local non contemplan a reforma implementada en novembro de 2020, tras a disolución do grupo do PP na corporación. Unha remodelación na que cada unha das comisións, ata entón integrada por dous edís do PP, pasaba a contar cos 5 dos “non adscritos” (que, a pesar do seu número, terían nas súas mans 3 votos, isto é, 1 máis que antes, o que lle outorgaba maioría absoluta nas comisións co voto de calidade do alcalde-presidente). Así, transcorridos oito meses desde aquela decisión plenaria, a web municipal segue mantendo nas comisións os nomes do seu formato orixinal de 2019, que era de 5 membros por comisión, cando desde novembro de 2020 rezan 8 por cada unha.
 
No capítulo de “perfil do contratante-contratos menores”, o último acordo asignado, no eido de “servizos”, é a iluminación de nadal de 2020, que obedece a unha resolución adoptada en novembro de 2020. En “subministracións”, o última responde a xuño de 2020. En “obras” o derradeiro recollido é de fai xusto un ano (xullo de 2020). E en “adquisición de terreos” o último que recolle a web tamén remite a xullo de 2020, en relación á compra dos terreos do aparcamento de Coirón (que xa deixara pechada Lourdes Ucha), mesmo non figurando a adquisición de terreos para o auditorio, formalizado ante notario en abril deste 2021.
 
Portal de ¿transparencia?
Pola súa banda, o “portal de transparencia” adoece tamén de baleiros. Así, en “patrimonio” a web municipal, tanto o capítulo de inventario de bens e dereitos, como no cartafol de vehículos oficiais adscritos á entidade, carecen de información ou documento algún. O mesmo ocorre en “participación cidadá” onde as seis pestanas en que se divide permañecen a cero. Idéntico baleiro mantense en “situación ambiental”, “situación de tráfico” e “catálogo de procedemento”.

Imaxe da web co bloque "patrimonio" cos cartafois a cero

Ademáis neste portal de transparencia, e dentro do bloque “institucional” mantéñense vacuos (sen nada escrito, a cero de documentos), as pestanas “currículo alcalde e concelleiros”, “organigrama e función”, “plan e programa de obxectivos” e “altos cargos”. En RPT (Relación de Postos de Traballo), coa que a día de hoxe aínda non conta o concello meañés, tamén aparece baleiro de documento algún, en base a un proceso de elaboración que arrancou en 2018 pero que aínda non cristalizou. Tamén historicamente no capítulo “contratación” permanece a cero as pestanas “principais contratistas”, “datos estadísticos”, e en contratos menores, contén 20 resolucións, pero todas elas correspondentes aos anos 2017 e 2018, e non máis recentes.


Unha ferramenta da que se fai eco a web é a “participación na elaboración de normativa”, un trámite que, segundo se anuncia neste portal municipal, de xeito explícito reza: “permite participar, con carácter previa á elaboración do proxecto ou anteproxecto de Regulamento ou Ordenanza, a través da información servida pola administración no seu portal web, solicitar a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas, potencialmente afectadas pola futura norma”. Uns anteproxectos que, na práctica, nunca aparecen colgados para a súa accesibilidade. O Regulamento de Participación Cidadá foi o último exemplo dun documento capado, que nunca estivo exposto, non tendo acceso ás suxestións presentadas polos colectivos que, no momento de ser tratadas en pleno, a alcaldía optou na sesión por non lelas impedindo que os cidadáns coñeceran o contido das alegación presentadas.
 
Desde 2002
O concello de Meaño dispón desta web municipal desde 2002, ano en que foi creada, e que é a que se mantén en esencia hoxe. Cando a súa creación, o entón rexedor Jorge Domínguez reuniuse en novembro daquel 2002 con empresarios e autónomos para presentar a ferramenta desta web municipal, prevendo incluir unha listaxe de todas as empresas do municipio, coas súas direccións e teléfonos a modo de publicidade sen custo algún. Foi unha listaxe que nunca acabou por confeccionarse. Tampouco ningunha empresa tirou do recurso de poder inserir a súa publicidade cun anuncio na web municipal, en base a unha taxa que se creaba ao efecto en 2003 e cuxo coste fixado entón era de 60 euros anuais.
 
A información pódese contexar, consultando a páxina munipal en: Web concello de Meaño