*** Opinión
Eleccións á D.O.
Eleccións á D.O.
Por
que as candidaturas que concorren ás eleccións do Consello Regulador Rías
Baixas se felicitan cando votou só o 34 por cento do censo? É que acaso é unha representación digna? Por que o proceso é tan farragoso que o
electorado abdica? Por que nun modelo democrático hai electores que votan dúas
veces, en dous censos diferentes, baixo un formulismo de nomes? Por que non
existe pluralismo real en varias candidaturas? Por que nunhas eleccións sábese
de antemán que sector vai ter a presidencia do Consello? E por que o presidente
dun Consello Regulador ten arte e parte en cada decisión? Por que unha cláusula
de confidencialidade impide que se fagan públicos os votos que os vogais emiten nos plenos, de tal xeito que os electores non poidan saber o que votan os seus
representantes ao longo de toda unha lexislatura? E por que o xustificamos todo en base a
unha normativa que semella bíblica?
A labor dun xornalista non é publicar dúbidas ou excepticismos, o seu traballo consiste en investigalas e facer públicos os resultados.
ResponderEliminarEstá claro que o lector escoita Radio Macuto. Primeiro, tal e como figura na entradiña desta páxina, porque isto é OPINIÓN (non INVESTIGACIÓN), e o lector non sabe distinguir entre ambos conceptos. As opinións expresadas con corrección, son só opinión, poden parecerlle mellores ou peores, compartidas ou non, só é unha opinión de quen escribe. Por outra banda, este blogue non obedece a xornalismo, só a paixón de escribir por Meaño. Pode lerse ou non lerse, gustar ou non, compartir ou non. E, para rematar, quen escribe asina con nome e apelido (real, que vostede ben coñece) e vostede faino escribindo un comentario desde o anonimato, feito que de por si, de base, fala pouco en favor do seu. Non temos interese que se oculta desde aí, alá cada quen coa sua conciencia, e co seu xogo de trileiros. Nós desde aquí, como desde 2013, coa conciencia incólume, cos nosos acertos e erros, que seguro que os hai. Pero, insistimos, se este portal non lle gusta, cambie, lea outro.
ResponderEliminar