*** Opinión
Pediatría na UVI
Pediatría na UVI
Desde
logo algo non cadra, cando nun país como España, inmerso todavía na crise, e
cunhas taxas de paro que no caso Galicia superan a 17 por cento (35 por centro en mozos), non hai xóvenes dispostos a estudar unha especialidade médica con
déficit de profesionais e onde se presume, dados argumentos, que o paro non
existe.
As razóns
son máis profundas. Por unha banda, a Consellería non está abrindo o suficiente o número de plazas para a formación na especialidade e, por outra, unha vez rematada a súa formación, os profesionais decántanse por ofertas máis
atractivas no tocante a salarios, pero sobre todo a horarios, que lles permitan ademáis conciliar vida laboral e familiar, o que moitas veces pasa por emigrar a
países do entorno onde son máis valorados.
O
que é reprobable é que, sendo conscientes das razóns que afogan o sistema, a
administración non estea a facer o necesario para invertir a situación por ela creada. Isto lévanos a pensar se, en realidade, non existe un interese por
liquidar a pediatría de atención primaria para relegala, como noutros países
europeos, só a atención hospitalaria. É unha vella táctica por parte dos políticos a de deixar
morrer un servizo por inanición: neste caso por falta de profesionais, noutros ofrecendo un servizo tan acotado ou depauperado que provoque a falta de demanda por parte dos usuarios. Unha vez logrado isto, xustificar a liquidación é doado, ata semella lóxico. Ou non?
No hay comentarios:
Publicar un comentario