A Cova do Trasno: “THE
CANDIDATE” (e 4)
Cuarta e última
entrega deste ciclo de “A Cova do Trasno”, o foro de debate e coloquio co que se
atreve a Asociación Cultural e Deportiva G.A.M. de Meaño (fundada en
1989), co obxecto de levar ata ti o que ninguén fai. Un encontro sen
cortapisas, con naturalidade, nun formato e nun ambiente diferente para
achegarche a faceta humana e política de cada candidato ás eleccións do 28 de
maio en Meaño.
Este xoves día 4 de
maio ás 21,30 horas, na Casa de Cultura en Meaño, quenda para Suso Sueiro Méndez, candidato do
Partido Popular (PP) á alcaldía de Meaño, e que se atreverá tamén con este
formato. Antes fixérano Diego Rosal (BNG), José Manuel Aspérez (MI) e Pablo
Portas (PSOE). Rexeitou partipar o alcalde Carlos Viéitez, que mesmo tampouco
quixo participar no debate de Canal Rías Baixas. Algunha razón pola que
agocharse e non ser ser transparente? O único que pretendemos desde este ciclo
por normalizar a política meañesa que, visto o visto, a alguén non se interesa.
O tres foros realizados trasncurriron con total normalidade e nun ambiente
acolledor, saíndo en cada un con mellores sensacións que coas que entramos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario