domingo, 21 de mayo de 2023

 

conversas.com

Suso Sueiro Méndez
Candidato do PP á alcaldía de Meaño

Natural de Ganón (Xil), e vinculado a unha familia que emprendeu o seu negocio en Dena de man do do avó Joaquín Méndez a súa mítica ferretería, Suso  Sueiro é o alcaldable do Partido Popular en Meaño. Actualmente rexenta unha sección de “Dolmen”, rexentado entre os tres irmáns.

 

“ESTAMOS PECHANDO ACORDOS COAS CONSELLERÍAS PARA OS NOSOS PROXECTOS EN MEAÑO”

 

Faga un balance da lexislatura que vimos de rematar. No plano político: que se pode recoñecer como mérito do actual alcalde e que se lle pode reprochar?

Vimos de pasar por unha lexislatura controvertida, na que o Partido Popular perdeu a súa representación na corporación municipal por decisións desacertadas por parte do actual alcalde e o seu grupo. Por outro banda, creo que é totalmente reprochable a falta de xestión e proxecto político de Carlos Viéitez. Para min, os “proxectos” realizados son cortoplacistas. Non hai unha planificación de cara o futuro. Non hai visión do mañán a medio e longo prazo. Carlos Viéitez estivo facendo política de fai 40 anos.
Que o moveu a dar o paso para encabezar a lista?
Por unha banda, a responsabilidade de ser o presidente do PP en Meaño. Neste eido non podía permitir que o Partido Popular, históricamente o máis votado con diferencia en Meaño, quedara sen presentar candidatura. E, por outra, o feito de ver como Meaño está quedando á cola dos concellos do Salnés: en crecemento, en infraestructuras, en turismo, etc. O feito de que os únicos investimentos destacables nesta lexislatura, foran asfaltados di moito nese senso da política que lembre a de esa 40 anos atrás que dicía.


        Foto de época: o avó Joaquín Méndez, e Suso Sueiro de neno, na mítica Ferretería Méndez en Dena

Do seu programa electoral: destaque unhas claves e de obras e investimentos
Serán prioritarios dous equipamentos: un, construir un Centro de Día amplo para terceira idade, que é unha necesidade vital, pero xa, para os nosos maiores. E dous, construir o ansiado multiusos ou auditorio, pero co compromiso de intentar unha opción A, que temos en carteira: ubicalo nunha zona céntrica na parroquia de Meaño. Esa opción imos a agotala para tratar de que revirta directamente no centro de Meaño: un proxecto atrevido, céntrico, do que poida sentirse orgulloso todo o municipio. Os terrenos da pendente do monte de A Toxa, quedaría como opción B, onde, día de hoxe e despois de catro anos, aínda non ten nada. E para o Centro de Día, a proposta é mercar para tal fin o antigo hotel en Axís (Simes). Coa súa compra, conseguiriamos ademáis retirar da ruta dos muiños un edificio abandonado, que afea o entorno. Se non fora posible a compra, loitaremos pola construcción dun novo Centro de Día noutro espazo, e en vista temos tamén unha opción B sobre o que, polo intre, cabe reservarse. En medio ambiente: un plan de recuperación da ría de Dena, para devolverlle a Meaño este espazo dun gran valor paisaxístico e biolóxico. Non podemos darlle as costas ao mar, cando o temos. Logo, crear o Parque da Natureza, un espazo ao aire libre onde disfrutar da natureza, desde o respecto ao medio ambiente, con zonas de esparcemento, pequenas roteiros, plantación de especies vexetais autóctonas… E vertebrar territorio, dende a ría a ata ó resto de parroquias con roteiros de sendeirismo.

Para todo isto: tan importante e ir baixo o paraugas do partido que goberna na Xunta?

Na práctica, moito. A política é como a vida. Cantas máis relacións e máis portas abertas teñas, máis opcións de prosperar. E nós témolas xa, estamos procurando traballar a campaña de cara a xente, pero tamén estamos a falar para pechar compromisos coas consellerías. Os proxectos de Carlos Viéitez costaranlle avanzar. O seu será un camiño tortuoso na Xunta. Nós imos polo liña recta. Para iso hai que ter empatía e capacidade negociadora, algo que a Carlos Viéitez fáltalle e fáltoulle nesta lexislatura.
Perdón, pero: xa ten pechados compromisos coa Xunta?
Xa nos xuntamos nestos días con Encarnanción Rivas, Directora Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, e onte sábado (por día 20 de maio) con Ánxeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez, que accedeu a nosa petición, e visitou Dena e Meaño, o coñecer de primeira man a apertura dos centros urbanos: in situ comprometeu asesoramento, instrumentos de actuación e celeridade para avanzalo desde a súa Consellería. E esta semana estarán tamén en Meaño a Conselleira de Promoción de Emprego e Igualdade, Chus Lorenzana, buscando o seu compromiso para Obradoiros de Emprego en Meaño para parados maiores e de longa duración, aos que temos que axudar. E logo, Fabiola García, conselleira de Política Social e Xuventude para acadar un acordo verbal para o Cento de Día que levamos no programa. A Xunta anunciounos un gran interese en apoiar e relanzar Meaño. O votante debe decidir: priorizar o alcalde que ocupe o sillón, ou priorizar os proxectos que se fagan realidade e que avancen en liña recta na Xunta.


Suso Sueiro e o seu equipo, sobre o terreno en Dena coa conselleira Ánxeles Vázquez onte sábado (por día 20)


Cales son os mítines que lle quedan para esta segunda e última semana de campaña?.
Hoxe domingo doblaremos sesión. Agora, pola mañán, ás 12 horas toca mitin en Padrenda; e pola tarde, ás 20,30 en Dena, no Centro Social. Logo toca completar o luns en Cobas, o martes en Xil, o mércores en Dena o o peche, o venres en Casa Rodiño en Meaño.


Nas eleccións a cidadanía elixe a corporación, que non o alcalde. Elexir o alcalde correspóndelle á corporación: Presentará vostede candidatura a alcaldía, no caso de acadar representación con co independencia do número de concelleiro?

Non quero adiantar acontecementos, polo momento. Pero se me vou presentar á alcaldía é, por suposto, porque me sinto capacitado para rexentar o concello. O meu equipo máis eu, imos a loitar pola maioría. Pero si non a houbera, o máis lóxico sería que me postule como alcalde independentemente do resultado. O pleno de investidura é o reflexo da realidade política en cada momento. Se hai unha lista con mellor resultado que o PP, esa lista gobernará en solitario, en coalición, etc. Pero si queremos amosar o desacordo político, o normal será que me postule, para que o meu grupo me apoie, e non vote en contra de outros grupos nen se absteña.
Unha reflexión: Tendo en conta que no 2019 non había maioría absoluta de ningunha lista, o que sucedeu, para min, non tivo sentido. Se como candidato/a de un partido con representación na corporación, non te postulas, tal como como ocuríu co PSOE de Meaño, e ademáis votas en contra das outras candidaturas, estás facendo unha abstención: ven sendo algo así como “nen quero ser alcade/sa, nen quero que sexa ningún dos candidatro outros grupos”... Para que serven os votos da cidadanía que a esa agrupación? Para que te presentas á alcaldía, ou non?.
En caso de que non haber maiorías absolutas: por onde van os posibles pactos? Que alianzas baralla e outra rexeitaría de partido?
A miña agrupación e máis eu, saímos con gañas e forza para loitar pola maioría. Como o resultado é unha incógnita. Polo de agora estamos volcando no noso tempo en pechar aocordos para que os nosos proxectos arranquen xa neste mes de xuño se o PP goberna en Meaño.
 




No hay comentarios:

Publicar un comentario