conversas.com
Pablo Portas Ucha
Candidato do PSOE á alcaldía de Meaño
Natural de Simes, Pablo Portas Ucha asume ser o candidato a alcaldía polo PSOE de Meaño. Unha lista la socialista con cuenta en el número 2 con Icía García, quien fuera ya alcaldable por esta formación en 2015; en el nº 3, Sonia Arosa, en el 4 Guillermo Fernández y en el 5 Ana Cores. A partir de ahí le siguen, por este orden, Marta Prado, Amancio Varela, Raquel Pazos, Ana Belén García, Fernando Mayo, Ángel Meis, Alejandro García y Sandra Martínez.
“PROPOÑEMOS
A POSTA NO MERCADO DE ALUGUEIRO DE CASAS BALEIRAS”
Faga un balance da lexislatura que vimos de rematar. No plano político:
que se pode recoñecer como mérito do actual alcalde e que se lle pode
reprochar?
Foi unha lexislatura perdida. Diría que se caracterizou por unha xestión
ineficiente dos recursos e por unha visión cortoplacista á hora de traballar.
Non se tomaron medidas de calado pensando no futuro de Meaño, en frear a perda
de poboación, ou en mellorar os servizos públicos. Ademais, hai plantillas cun
persoal que está lexos de ser suficiente, como acontece coa Policía Local ou o
Servizo de Asuntos Sociais. Sorte de ter contado con máis diñeiro ca nunca da
Deputación para obras e actividades culturais. Daríalle o mérito do peche do
palco na Praza do Concello, pero sei de primeira man que tal mérito reside no
esforzo da directiva da Banda de Música, especialmente da súa presidenta.
Que o moveu a dar o paso para encabezar (ou volver a encabezar) a lista?
O grupo que me rodea, a ilusión por conseguir que a xente nova poida
vivir en Meaño se así o desexa ao decidir independizarse, a motivación por
reclamar e axudar a garantir a mellor atención e os mellores coidados para a
xente maior, querer construír un concello moderno no que sexa doado conciliar,
formarse, divertirse… A clara convicción de que Meaño ten potencial para moito
máis, e o non querer resignarme a que siga quedando atrás respecto a concellos
veciños.
Lista do PSOE na área recreativa do Muiños de Ferreiro en Lores
Do seu programa electoral: destaque tres liñas de actuación e un par de
obras ou actuacións concisas; non empregar máis de 8 liñas nesta resposta;
resalte o que queira.
En infraestruturas, hai que reclamar á Xunta para Meaño un Centro de Día,
ou estudar a posibilidade de contar con un de xeito mancomunado con algún
concello veciño. Debemos modificar amplamente o PXOM para darlle seguridade
xurídica a particulares e empresas e para poder ampliar o parque de vivenda no
concello. Incentivaremos a posta no mercado de alugueiro de casas baleiras,
axudaremos a ser competitivos aos nosos comerciantes na medida en que o
precisen, e promoveremos o emprendemento en Meaño. Acercaremos actividades de
ocio para todos os públicos a todas as parroquias, previo acondicionamento
térmico e acústico das Casas de Cultura, e crearemos un Plan Cultural que
garanta unha programación ao longo de todo o ano. E por suposto, estaremos
sempre ao carón de todas as entidades culturais e deportivas de Meaño.
Que mítines lles quedan por apurar nestos últimos días?
Agora pola noite (por martes 23 de maio) ás 21 horas estaremos na Casa de
Cultura de Lores. E mañán mércores (por día 24) pecharemos na terraza exterior do Muiño da Chanca
en Dena, as 21 horas.
Coa presidenta da Deputación en Dena
Nas eleccións a cidadanía elixe a corporación, que non o alcalde. Elexir
o acalde corresponderarlle á corporación: Presentará vostede a súa candidatura
a alcaldía, en caso de acadar posición na corporación? En caso de non
cristalizar alianza previa: presentará vostede candidatura a alcaldía
independentemente do número de concelleiros que teña a súa formación?
Estamos centrados en conseguir un bo resultado, que nos faga fortes e nos
permita, con garantías, protagonizar o cambio que precisa Meaño.
En caso de que non haber maiorías absolutas: por onde van os posibles
pactos? Que alianzas baralla de partida e outra rexeitaría?
Hai tanta incertidume nestas eleccións que creo sinceramente que ninguén
está centrado en botar contas e aventurar pactos. Correría o risco de perder un
tempo valioso que nós estamos empregando en presentar á veciñanza un proxecto
ambicioso, sensato e necesario para o cambio, que ten que darse.
No hay comentarios:
Publicar un comentario