miércoles, 24 de mayo de 2023

conversas.com

José Manuel Aspérez Montes
Candidato de M.I. á alcaldía de Meaño

De forma consecutiva, e por terceira vez, José Manuel Aspérez repite como alcaldable por Meaño Independiente. É a cara máis asidua das cinco á cita do 28-M. Na súa facenta profesional rexenta desde fai anos unha xestoría contable en Sanxenxo. Engadida, está a súa labor de máis dunha década adicada ao club Asmubal Meaño de balonmán. El asumiu a presidencia para restacar esta entidade da deriva económica. Desempeñou o cargo ata 2015 en que deu o salto á política, aínda que, desde aquela ,segue ligado ao clube como membro da Xunta Directiva.

Esta é a cuarta a última entrevista da serie, toda que o alcalde e candidato por Veciños de Meaño, Carlos Viéitez, declinou participar. Neste tempo fixémolo partícipe a el e ao círculo próximo, das mesmas preguntas que formulamos aos demáis candidatos, e que mesmo podía contestar por escirto e remitir por vía correo-e, para compartilo contigo desde este portal. Tampouo participou no debate público da canle de televisión Rías Baixas, nen accedeu a facelo no encontros “A Cova do Trasno” da asociación G.A.M., en que o público podía preguntar a cada candidato. Visto o visto, o seu é un alarde de diálogo e capacidade de representación. 

“O VOTO A M.I. É O ÚNICO ÚTIL PARA DESBANCAR A CARLOS VIÉITEZ DA ALCALDÍA” 


Faga un balance da lexislatura que vimos de rematar. No plano político: que se pode recoñecer como mérito do actual alcalde e que se lle pode reprochar?
De cara aos veciñ@s, mérito ningún. O único que se lle pode atribuir é o de conseguir que o PSOE, coa súa postura nas votacións, o fixeran alcalde, que lle aprobaran o salario e, a cambio, que o PSOE obtivese un representante na mancomunidade. E ao longo de toda esta lexislatura logrou aprobar todo o que quixo sen ter maioría, grazas a repetida abstención do Partido Socialista. O reproche máis evidente é a súa falta de xestión económica cunha política caciquil, pensada só para os amigos, cortoplacista, sen miras de futuro, onde el non toma as decisións, xa que boa parte delas véñenlle impostas dende fóra, de esa xente externa que é quen, de verdade, controla este goberno local
Que o moveu a dar o paso para volver a encabezar a lista?
Por unha banda, o apoio e alento recibido dende os veciños. E, por outra, o análise dos resultados obtidos na anterior campaña, na que consolidamos un ascenso dun 30% dos votos obtidos con respecto ás eleccións do 2015, que ademais apuntaban a que Meaño pedía un cambio no goberno, e que finalmente non se produciu. Toca voltar a intentalo, máis que nunca, para poder pasar páxina sobre unha lexislatura para esquecer, onde urxe un cambio de xestión e de talante na alcaldía.


José Manuel Aspérez con su mentor Pepe Varela, en el mitin de Simes


Do seu programa electoral: destaque tres liñas de actuación e un par de obras.
En infraestruturas ou equipamentos, concurrimos coa proposta de recuperar o espazo da antiga Farmacia de Dena, para convertila nunha gran plaza pública, e para iso acadamos un acordo coa propiedade; solicitar a Pousada de Cobas para o uso municipal, mesmo como Centro de Día; a construcción dun multiusos, as aceras en Xil para comunicalo con centro de Meaño… En Educación, Cultura e Deporte: promoción de eventos deportivos, intercambios culturais, xestión interconectada das bibliotecas, apoio as asociacións culturais e clubes deportivos con convenios, etc. No ámbito social: un novo Centro Social, apertura Escola Infantil 0-3 anos, durante todo o ano, novos comedores escolares con prazas que den cobertura a todas as solicitudes, eliminación listas de espera no servizo de axuda no fogar, loita pola Sanidade Pública… En Medio ambiente: separación das augas pluvias, servizo periódico porta a porta de recollida de voluminosos, control da capacidade da EDAR e das verteduras á ría así coma o saneamento desta.


Que actos lles quedan por diante?
A día de hoxe (por mércores, día 24), quédanos o peche de campaña, nun mitin que terá lugar mañán xoves, día 25, no salón “Os Miniños” en Coirón-Dena. Será ás 21,30 horas, e convidamos a todos os meañeses e meañesas que ansíen un cambio, a que veñan a este acto de Dena, coñecer a nosas propostas e a empurrar por un cambio que transformará Meaño
Nas eleccións a cidadanía elixe a corporación, que non o alcalde. Elexir o acalde corresponderalle á corporación: Presentará vostede a súa candidatura a alcaldía, en caso de acadar posición na corporación? En caso de non cristalizar alianza previa: presentará vostede candidatura a alcaldía independentemente do número de concelleiros que teña a súa formación?
SI, sempre e cando saiamos elexidos, presentaremos candidatura á alcaldía.


José Manuel Aspérez con su lista de Meaño Independiente

En caso de que non haber maiorías absolutas: por onde van os posibles pactos? Que alianzas baralla de partida e que outra rexeitaría?
Nós traballamos para formar un goberno forte, que poida aplicar e cumprir o noso programa, ou, cando menos, a inmensa maioría del. Convidaría ao lector meañés a unha reflexión: Meaño Independiente é o único grupo que falou e fala claro: nunca pactaremos para facer alcalde a Carlos Viéítez, esa é a nosa liña vermella. En cambio, estamos abertos a acadar un acordo dialogado co resto dos grupos. Pero esos outros non se mollaron, nen o fan hoxe, coa súa posición. O hipotético votante que esté pensando en decantarse por PP, PSOE ou BNG, debe ser consciente: poden estar votando, na práctica, a Carlos Viéitez, porque logo ese partido pode apoiar ou absterse para facilitar a súa investidura. Xa ocurreu así en 2019: lembran a posición do PSOE? Nen eles mismos querían coller daquela a alcaldía. Este ano pode voltar a suceder un capítulo esperpéntico como aquel. Por iso, se queren acabar cos desmáns o co abuso caciquil de Carlos Viéitez, pedimos que concentren o voto en M.I.  Nós damos garantías plenas sobre esa postura. Os demáis móvense a dúas augas, e farano chegado o caso. Cabe pensalo un chisco: o voto a M.I. será o único verdadeiramente útil para un cambio real en Meaño.
 
 


No hay comentarios:

Publicar un comentario