jueves, 25 de mayo de 2023

***Opinión

Cuestión de conciencia


Esgotamos o tempo para poder voltar a ser realmente libres no Meaño que nos toca vivir. E ser libres ten o seu prezo, manterse erguido ante os vacíos e as presións resulta duro. Hai quen opta por dar un paso a un lado e afastarse. Nós seguimos incólumes, como nos ensinaron os maiores de ben, a ser educados, a non mentir de xeito deliberado.
Mark Twain escribiu “a conciencia é o peso máis grande que o ser humano pode arrastrar durante o resto da vida” ("Un ianqui na corte do rei Arturo"). Penso que, á hora de mentir, os políticos non teñen conciencia, mentras braman nos mítins mentiras edulcoradas, arroupados polos palmeiros que completan o marco para suxestionarte (“a suxestión da masa” de Gobbels na Alemaña nazi, do que logo deixamos unhas perlas).


Toca sentirse en paz con un mesmo. Compre que saiba, asiduo lector, que o emprego do lema “Traballo e realidades", por parte da formación Veciños de Meaño, foi posto en escena no Nadal con fondos públicos. Un eslogan que sobrepasa o ético para ser susceptible de entrar no eido legal. E é que “Traballo e realidades” foi o lema anunciado na portada dos calendarios do pasado Nadal, publicados polo concello, onde na portada aparecía o rexidor Carlos Viéitez investido como cofrade na Festa do Viño. Logo, a primeira parte do calendario estaba reservado a publicitar as obras municipais ante o ano electoral, deixando as migallas da segunda metade do ano para as asociacións.


Portada do calendario, co lema a esquerda baixo a imaxe do rexedor


O pasado mes de marzo facíase público en pleno (ver videoacta de pleno web municipal) un reparo da secretaria municipal en alusión á maquetación e impresión de 1.500 calendarios de 14 páxinas, e que tivo un coste de 3.521,10 euros, abonados polo concello. No devandito reparo, textualmente reza: “a portada dos calendarios considérase que excede o que se pode considerar publicidade institucional, entrando no ámbito dos logros dunha persona que encarna un órgano de goberno, a alcaldía, realzando a súa imaxe”.
Daquela carecía de valor o lema “Traballo e realidades”, ata que, agora si, vóltase a a empregar como eslogan oficial en campaña por parte da alcaldía para o súa agrupación política. Un diñeiro público que se empregaba en Nadal para lanzar o que logo sería lema de campaña de Veciños de Meaño. Unha mágoa de utillización de diñeiro público para un fin partidista.


*********************************

OS PRINCIPIOS DE GOBBELS (Alemaña nazi)
Principio de progapanda:A propaganda debe limitarse a un número pequeno de ideas y repetilas incansablemente (…). Se unha mentira se repite suficientemente, acaba por convertirse en verdade”.
Principio de verosimilitude: “Construir argumentos a partir de fontes diversas, a través dos chamados globos sondas ou de informaciones fragmentarias”.
Principio de esaxeración y desfiguración: “Convertir calquera anécdota, por pequena que sexa, en ameaza grave”.
Principio de simplificación e inimigo único: “Adoptar unha única idea, un único símbolo. Individualizar ao adversario nun único enemigo”.
Principio de transposición: “Cargar sobre o adversario os propios erros ou defectos, respondendo ao ataque con ataque. Se no podes negar as malas noticias, inventa outras que as distraian”.
 
Curioso, verdade?
 
 
 
 


No hay comentarios:

Publicar un comentario