conversas.com
Diego Rosal Chaves
Candidato do BNG á alcaldía de Meaño
Iniciamos
aquí, por entregas, unha entrevista marco con cada un dos candidatos a alcaldía
de Meaño, que accederon a contestar. O obxectivo, achegar cada proxecto ao
lector. Dentro dun parte de días (domingo 21) nova entrega. Empezamo con Diego
Rosal Chaves, que é o alcaldable do BNG ás municipais no concello de Meaño. Cercano
e afable, fai que calquera conversa con
el discurra a gusto. Titulado Grao Superior de percuión, éoñecido pola súa
vertente musical, non en van exerce como meste en diversas escolas oficiais e
integra desde sempre a banda Unión Musical de Meaño.
Iniciamos aquí, por entregas, unha entrevista marco con cada un dos candidatos a alcaldía de Meaño, que accederon a contestar. O obxectivo, achegar cada proxecto ao lector. Dentro dun parte de días (domingo 21) nova entrega. Empezamo con Diego Rosal Chaves, que é o alcaldable do BNG ás municipais no concello de Meaño. Cercano e afable, fai que calquera conversa con el discurra a gusto. Titulado Grao Superior de percuión, éoñecido pola súa vertente musical, non en van exerce como meste en diversas escolas oficiais e integra desde sempre a banda Unión Musical de Meaño.
“O ÚNICO QUE VIN EN MEAÑO SON POLÍTICAS CON PROMESAS QUE NON SE CUMPREN”
Faga
un balance da lexislatura que vimos de rematar. No plano político: que se pode
recoñecer como mérito do actual alcalde e que se lle pode reprochar?
Eu sempre digo, que o único que vin sempre en Meaño son “políticas” pensadas para catro anos, a curto prazo, e con promesas que nunca
se cumpren. Penso que Carlos Viéitez presentouse ás anteriores eleccións nun
partido político xa en horas baixas, e con certas tensións internas. Pensaba
que ia “arrasar” por estar onde estaba, pero as cousas xa estaban cambiando. Os
veciños valoran a implicación das persoas que queren traballar por Meaño con
honestidade e tratando a todos por igual. Para min é moi sinxelo de ver. Agora
toca saír á rúa e ilusionar a todos cun novo modelo de concello. (Diego Rosal, na foto)
Que
o moveu a dar o paso para encabezar a lista?
É algo que pensei moito, a verdade. Sen dúbida,
cando levas toda a vida aquí e só ves o teu futuro aquí, ves que moitas cousas
seguen igual e sen perspectiva a longo prazo. Estou convencido de que a
política, sobre todo a política que está máis preto da veciñanza, serve para
mellorar a vida das persoas. E con esta idea, e polo amor e admiración que
sinto polo noso, e por todo o que me rodea, síntome na obriga de comezar esta
nova andaina na política municipal.
No relativo ás infraestructuras a nosa proposta é
conectar a Área Recreativa dos Pasales
co centro de Dena e coa Senda do Río da
Chanca ata Lores. Precisamos un espazo
cultural para todas as asociacións culturais do concello que se proxecte
en base ás necesidades de todas elas. Debemos crear un servizo de transporte municipal que conecte as diferentes
parroquias. É imprescindible aumentar o
investimento destinado aos servizos
públicos mellorando o Centro de Día, a Escola Infantil Municipal, para
que non quede ninguén fóra, e queden todas as necesidades cubertas. O programa
complétase coa protección do patrimonio
material e inmaterial e o coidado
do medio rural, que caracteriza o noso concello.
Cales son os mítins qu lle quedan ao BNG en carteira?.
Mañán sábado (por día 20 de maioo) estaremos en Lores, ofrecendo un mitin
ás 21 horas en Casa Rosal. Logo, este domingo 21, o mitin central no entorno da
capela das Angustias en Xil. En Simes, o día 24 na praza pública; o 25 en
Padrenda da Casa de Cultural; e o 26 mitin de peche de campaña no Campo da
Feira en Meaño. Todos eles en horario de 21 horas.
Nas
eleccións a cidadanía elixe a corporación, que non o alcalde. Elexir o alcalde
corresponderalle á corporación: ¿Presentará vostede a súa candidatura a
alcaldía, en caso de acadar posición na corporación? En caso de non cristalizar
alianza previa: presentará vostede candidatura a alcaldía independentemente do
número de concelleiros que teña a súa formación?
Eu preséntome á alcaldía de Meaño, polo tanto
presentarei a miña candidatura a alcaldía. Certo é, que o número de
concelleiros que che dea a veciñanza o 28 de Maio dentro da corporación, pode
situarte en diferentes frontes. Nós temos todas as gañas e ilusión de liderar e
gobernar Meaño, e chegaremos a acordos cos que vexan o futuro de Meaño como nós
o vemos. Nós presentámonos con toda a vontade de negociar e cambiar o rumbo
deste concello, esixindo sempre o mellor para o benestar de toda a veciñanza.
En
caso de que non haber maiorías absolutas: por onde van os posibles pactos? Que
alianzas baralla de partida e outra rexeitaría?
Como dixen antes, o taboleiro da corporación pode
ser moi complexo. Todo mundo sabe con quen non pactaría o BNG, e todo mundo
sabe cales son os aliados naturais do BNG. Tamén quero deixar claro que as
listas independentes tamén teñen que posicionarse, e ver se queren chegar a
acordos coas agrupacións máis progresistas da corporación, ou seguir alongando
máis outra lexislatura sen proxecto e ideas para o futuro de todas e todos nós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario