A Cova do Trasno: “THE CANDIDATE” (e 4)
Respira Meaño. Nesta campaña 2025-26 cumprimos 12 anos no aire grazas a teu pulo. Desde aquí, seguiremos abrindo este particular Ventanuco de libertade cada fin de semana. Somos un espazo a compartir e unha canle para chegar a ti (ou viceversa), no Meaño que nos une. Unha historia por descubrir, empatizar e convivir, mesmo tamén con nós mesmos. Nen máis nen menos. Sen pretensións.
martes, 2 de mayo de 2023
sábado, 29 de abril de 2023
Tal e como anunciábamos fai uns días, achegámonos aos grandes problemas que temos diante dos ollos en Meaño. Compre que os candidatos a estas eleccións poñan mans a obra (non ao papel), e que aporten propostas de actuacións contundentes en aras a solucionalos. O primeiro, o problema demográfico que, de contribuir a minimizalo, expandirá outros eidos. O segundo, o medio ambiente do rural sen conciencia ecolóxica.
O MEDIO INCONSCIENTE
Pensado no Meaño do futuro, cabe enfrontarse ao problema medioambiental. A falta de
concienciación, se cabe más laxa do rural, axuda a que o goberno local,
irresponsable, actúe de xeito impune sen medir as consecuencias, e sen adoptar
solucións, por poder éstas semellar impopulares e restar votos o 28-M. Non se
atreverán a falar disto, ou pasarán en puntiñas cun paráfado aderezaos con vaguedades e palabras ben
postas sobre un asunto no que nos xogamos vida. Faltará valentía para
afrontalo?
Nos anos 90, pasaba por un vertedeiro no monte
Fontefría, que non foi doado selar, e moito costou concienciar aos
poderes para actuar en consecuencia. Ambientalmente era un erro cuestionable, aceptado socialmente como un mal menor, pero que hoxe, 30 anos despois nunca se
aceptaría. O tempos cambian. As mentes tamén.
.jpg)
Punto incontrolado e endémico en Viliguín
Urxencias
medioambientais en Meaño
¿Cales son esas frontes abertas ante as que cabe
actuar?
.jpg)
VERQUEDOIROS INCONTROLADOS: Seguen aflorando, pese a existencia dun punto limpo. Non traballamos de xeito constante na
concienciación (se traballaran nese ámbito o partido de quenda, tal e como
fará nesta campaña electoral, o asunto solucionaríase en gran parte). A servizo
de recollida de enseres que, tras moito insistir, acabou avíndose a crear o
goberno de Carlos Viéitez, para poñelo a disposición un pírrico día por mes, resulta baladí. Pregúntese o lector: sabe que existe tal servizo? E se sabe que existe: coñece en que día do mes lle pasarían a recoller os
voluminosos? (Se a resposta e "nonW, decatarase do absurdo da medida, dun servizo
aprobado, pero nen divulgado.
2. O MONOCULTIVO DO VIÑEDO: A irrupción de
grandes grupos foráneos na D.O. Rías Baixas supón un risco enorme. Esos grupos
actuarán unicamente por interés meramente económico (non ético, social
ou mediambienta). E para iso ampáranse nas “mordidas” ao noso monte que avanzan
por doquier coa creación dos chamados “polígonos agroforestais”, ferramenta impulsada polo propio Carlos Viéitez e o seu goberno (que o concelleiros nen coñecían que era
iso de “polígonos agroforestais”, asunto que o rexidor mesmo ocultou).
A existencia desos polígonos agroforestais foron
denunciados desde este mesmo Ventanuco para que os cidadáns (e os políticos municipais, tamén os da oposición) tiveran información. Foi
só partir de aquí, cando os grupos de oposición (PSOE e MI) puxéronse as pilas
e interesándose por un atropello medioambiental que lograron (teóricamente) frear,
de momento.
Eran sete polígonos agroforestais en Meaño que,
de cristalizar, suporían comerlle ao noso monte 210 hectáreas ou, o que é o
mesmo: 35.000 ferrados!. Deles só un polígono era proposto polo Consello
Regulador, tratándose neses caso da modida para reconvertir a viñedo a zona de monte que discorre
entre Paradela e O Pedroño, caíndo cara o río Chana de á autovía do Salnés. Outros cinco
(entre montes de Meaño, Xil, Lores, Simes e Cobas) foron unha proposta que o
alcalde Carlos Viéitez, expresamente, pediu ao Consello Regulador foran
incluidos.
E logo un séptimo e último, que conlevaría
reconvertir todo Penaguda en viñedo que, (oh, misterio!), nen Consello
Regulador nen alcalde se explican, porque os dous argumentaban que ninguén deles o
pediu. NOTA: Esta última información está estraída da xuntanza mantida por
representantes das tres forzas políticas (non adscritos, MI e PSOE) co secretario
xeral da D. O. Rías Baixas, mantida en 2022 no salón de plenos para explicar a situación xerada.
3. FITOSANITARIOS: Ao ritmo de aplicación masiva
e descontrolada de fitosanitarios a un viñedo que medra por doquier, vai poñer en
dúbida se Meaño, dentro de 15 anos será un lugar idóneo para vivir. Quizáis xa,
ao mellor, é un motivo para non atraer poboación. Prima que a regulación da
aplicación de fitosanitarios sexa unha prioridade do goberno local, liderar
este movemento, anticipándose a creación da “Plataforma (Cidadá) polo
Regulación de Sulfatos”, que naceu con centro en Meaño, e demandar esa
regulación (que corresponde) as administracións superiores. Carlos Viéitez, coa
aquiescencia dos seus edís que mesmo descoñecían a situación (todos sabemos
que os verdadeiros “concelleiros” que deciden neste goberno non se sentan nos
sillóns do pleno), foi o único que, de momento, non accedeu a manter unha
xuntanza coa Plataforma Cidadá (xuntanza que si mantiveron no seu día
PSdeG-PSOE, Meaño Independente e BNG).
REDUCION DO LIXO: Reducir o lixo depositado nos
contenedores verdes convencionais, contribuiría a un aforro económico e enerxético.
Deben saber: o lixo dos contenedores verdes convencionais (orgánico) é o único
que supón un coste ás arcas públicas (e ao peto do cidadán). O envases e plásticos do
contenedor amarelo, o cartón do azul, e o vidro do iglú verde autofináncianse, e
dicir: retirar es lixo das nosas rúas non nos custa diñeiro.
FONTES E ACUÍFEROS: A contaminación crecente de
fontes e acuíferos, require cando menos, medidas de control e información
transparente aos cidadáns. Nesta lexislatura o rexidor Carlos Viéitez silenciou durante o que puido os datos das últimas analíticas, e só accedeu a facilitalo cando,
por rexistro, este medio, facendo uso do dereito cidadá, solicitou o
resultado das analíticas que, esta vez si, acababou facilitando os datos (non
quedaba outra). Pode ler a información do acaecido coas últimas analíticas e o
silencio de Carlos Viéitez, divulgado neste Ventanuco pinchando
no seguinte enlace:
https://poloventanuco.blogspot.com/2021/10/coneceen-meano-as-non-aptas-para-o.html
Propostas
de actuación
Tampouco aquí, ante un problema grave, global e
que afecta (cada vez máis) a todos os veciños deste concello, caben medias
tintas, senón que se precisa dunha actuación contundente e decidida para
invertir a situación que se cerne. A propostas, madurada e reflexionadas, desde aquí son
estas cinco:
1. Derogar “de facto” a creación de polígonos
agroforestais, a fin de evitar a merma de monte a costa do emprego de máis
toneladas de fitosantarios, precisas para tratar esos 35.000 ferrados de viñedo
a maiores. Aínda que o pleno aprobou a fin de novembro de 2022 esa derogación, a
día de hoxe non existe confirmación oficial de tal resolución, e o visor da
Xunta mantén os sete polígonos.
2. Regulamento municipal en obriga da separación
do lixo no municipio de Meaño, prohibición de emporcar a rúa, e poñer en valor
o servizo de recollida de enseres a domicilio (ofrecido, se existen peticións, a
razón de unha vez por semana). É o regulamento necesario para atallar un
problema crecente, e que ten moito máis senso que o regulamento que PSOE
propuxo nesta lexislatura (asómbrese!) para reducir os ruidos en Meaño (asunto bizantino este,
para un Meaño rural, onde, o ruido: é realmente un problema? Pero a moción aprobouse cun
conchabeo ruborizante entre PSOE e o grupo de goberno “non adscrito”, para logo non redactalo).
Compre un regulamento medioambiental conciso que contemple a obliga da separación de
lixo nas casas, e ser verquido logo cada cal nos contendores axeitados. Un documento
que prohíba, algo tan lóxico, como ensuciar a rúa con cabichas, papeis… (como
fariamos en calquera casa, e as rúas do municipio de Meaño debemos sentilas como
de tod@s).
![]() |
| Punto limpo de Meaño |
En consecuencia, esre documento deberá establecer o réxime sancionador correspondente (e contundente), cuia vixiancia corresponde -como en calquera regulamento municipal- á policía local. Un corpo este último que, precisamente, este goberno quere cercenar, cando, precisamente, desa policía municipal precisamos para o cumprimento dos regulamentos municipais, porqué o a policía local é único corpo policial ao que lle compete isto (nunca poder ser competencia da Garda Civil).
Se o facemos ben, e reducimos o lixo, rebaixamos
a factura en Sogama, amortiguamos o coste da taxa do lixo e aumentamos a
calidade mediambiental do municipio. Cal é o coste económico desa medida? Nada.
Sé e unha cuestión de vontade, de mera vonte. Pero: con que mentalidade afrontará
o alcaldable o goberno municipal? Co de interese propio para perpetuarse no
sillón, ou para ser o cirurxán que opere pensado exclusivamente na súa misión
ética do interese público e o futuro de comunidade como tal? Para
dentro de 15 ou 20 anos: queres un Meaño limpo ou sucio? Sostible ou
contaminado ata a médula, para que logo detrás fuxa a economía?
3. Abandeirar a demanda, ante a Xunta e
autoridades españolas e europeas, a aprobación dun regulamento para a
aplicación de fitosanitarios, con gallo de normativizar aplicacións máis
sostibles e controladas, e a fin de favorecer a convivencia entre sulfatadores
e “sufridores”. As xentes e concellos da
D.O. Rías Baixas, por volume de aplicación de fitosanitarios, deberían ser, por
sáude pública, os máis interesados de España (ou de Europa) en demandalo. E os
concellos (Meaño, no que nos toca) liderar ese movemento.
4. Vixiar, analizar a informar de xeito
transparente sobre a situación de fontes e acuíferos, repetindo probas cada
catro meses naquela fonte (ou dúas) máis socorrida/s en cada parroquia, podendo
realizar no resto unha analítica anual, para que non supoña un coste económico gravoso.
![]() |
| Amianto do pavillón de deportes As Covas-Meaño |
A partir de aí, tocaría alentar e coordinar o desmantelamento de amianto en obras privadas similares, coordinando a contración cunha mesma empresa en varios domicilios. Actuar de xeito conxunto, e cunha mesma empresa, suporía acceder a unha mellor oferta. E, máis aínda, a rebaixa vería dada ademáis ao reducir o coste do porte, realizando un transporte que saque o máximo partido rendemento da capacidade do camión. Para incentívalo, estes portes podían contar incluso con pequenas axudas municipais para fomentar o acollerse a esta iniciativa que, propoñemos, poida ofrecerse dúas ou tres veces por ano, no caso de contar cun mínimo de interesados que decidan acollerse ao progarma.
miércoles, 26 de abril de 2023
A Cova do Trasno: THE CANDIDATE (3)
Terceira entrega de “A Cova do Trasno”, o foro de debate e coloquio con que se atreve a Asociación Cultural e Deportiva G.A.M. de Meaño, co obxecto de levar ata ti o que ninguén fai. Un encontro sen cortapisas, con naturalidade, nun formato e nun ambiente diferente para facer chegar a ti a faceta humana e política de cada candidato ás eleccións do 28 de maio en Meaño.
Este venres día 28 de abril, ás 21,30 horas, na Casa de Cultura en Meaño, atreverase con este formato, Pablo Portas Ucha, candidato de PSdeG-PSOE, que se avirá a respostar ás preguntas e tomar nota das opinións que o público lle dexexe facer chegar
Cuarta e última cita: 5 de maio (venres): Suso Sueiro Méndez
(PP, 21,30 horas, salón de actos da Casa de Cultura de Meaño)
![]() |
| Con José Manuel Aspérez, candidato de M.I. (domingo 23 de abril) |
![]() |
| Con Diego Rosal, candidato do BNG (venres 21 de abril) |
sábado, 22 de abril de 2023
A Cova do Trasno: “THE CANDIDATE” (2)
Segunda
entrega de “A Cova do Trasno”, o foro de debate e coloquio con que se atreve a Asociación Cultural e Deportiva G.A.M. de
Meaño, co obxecto de levar ata ti o que ninguén fai. Un encontro sen cortapisas, con
naturalidade, nun formato e nun ambiente diferente para facer chegar a ti a
faceta humana e política de cada candidato ás eleccións do 28 de maio en Meaño.
Mañán
domingo, día 23 de abril, ás 12 do mediodía, na Casa de Cultura en Meaño, atreverase
con este formato, José Manuel Aspérez Montes, candidato de Meaño Independente,
que se avirá a respostar ás preguntas e escoitar as opinións do público.
Onte
venres, 21 de maio, abría este ciclo Diego Rosal Chaves, alcaldable do BNG. Foi
o primeiro e deixar neste foro algunhas das súas perlas para pensar. Mañán
domingo, Aspérez Montes. Logo seguirán, co calendario seguinte, o candidatos
que referimos a continuación:
28
de abril (venres): Pablo Portas Ucha
(PSdeG-PSOE,
21,30 horas, salón de actos da Casa de Cultura de Meaño)
5 de maio (venres): Suso
Sueiro Méndez
(PP,
21,30 horas, salón de actos da Casa de Cultura de Meaño)
NOTA: Declinou participar neste foro Carlos Viéitez Fernández (Veciños de Meaño)
miércoles, 19 de abril de 2023
A Cova do Trasno: “THE CANDIDATE”
A Asociación Cultural e Deportiva G.A.M. de Meaño retoma unha nova entrega do ciclo “A Cova do Trasno”, un coloquio e foro de debate para chegar a ti, sen trampa nen cartón. Antes, co radón, cos fitosanitarios... e esta vez atrévese coa política municipal. En catro entregas, vai presentar, entrevistar, e o público poderá preguntar, opinar e departir, con cada candidato á alcaldía de Meaño para o vindeiro 28-M, que aceptaron a invitación que lle foi trasladada a todos. Tempo por sesión: 50 minutos.
Neste formato aberto, pensado unicamente en ti, o candidato non se presenta, presentómoscho nós; o candidato non sermonea, escoita; o candidato non da un mitin, contesta; o candidato non arenga, atende; o candidato non se agacha, enfróntase. Neste formato, o candidato non é o protagonista, o protagonista es ti. Sen suxestión da masa (palmeiros), sen trabas, con plena libertade e a transparencia que outros negan. Porque da política municipal tamén podemos falar de xeito civilizado, sen pelusas, para que ti coñezas por ti mesm@. Sen máis pretensión. Porque a asociación G.A.M., de xeito altruista, só pensa en facer o mellor para ti… Desde febreiro de 1989!
Esta vai ser a única ocasión en que poidas coñecer aos candidatos de xeito diferente, onde podes participar. Convidámoste a sorprenderte. O obxectivo, contribuir a normalizar unha política municipal que outros encenden de xeito sectario, actitudes que cabe erradicar e non alentar. Nos pretendemo amosas pode facerse doutro xeito. Con absoluta normalidade.
Aquí,
deixamos os días, datas e horas destas catro entregas, todas elas no salón de
actos da Casa de Cultura de Meaño e con entrada libre ata completar aforo:
21
de abril (este venres): Diego Rosal Chaves, BNG (21,30 horas)
23
de abril (este domingo): Jose Manuel Aspérez Montes, Meaño Independente (12 horas)
28
de abril (venres): Pablo Portas Ucha, PSdeG-PSOE (21,30 horas)
5
de maio (venres): Suso Sueiro Méndez, PP (21,30 horas)
NOTA: Declinou participar neste foro Carlos Viéitez Fernández, Veciños de Meaño
![]() |
| Panorámica de Meaño desde a Carballeira de Teixe |
domingo, 16 de abril de 2023
A VERDE É A COR
Desde este Ventanuco quixemos estar en Porriño para alentar e arroupar ás xogadoras verdindegras do Inelsa Solar Asmubal, e non perdernos un desos fitos discretos para a humilde historia deportiva meañesa. Había que estar aí para poder contalo (e lembralo), e así o facemos.
O deporte supera fronteiras e une por enriba de
todos. Fainos compartir ledicias e mesmo o poder consolarnos xuntos cando chegan as agrias derrotas. Moi por enriba da política, que abnegado goberno local ve nisto. Isto só
é BA-LON-MA-NO. Nen máis, nen menos. En Porriño só vimos aficionados aplaudir a
rabiar, sorrir, aporrreando bombos, bocinas, coreando os goles, as paradas de Lorena,
cada roubo de balón e cada opción de posesión que tiñan as verdinegras. Este
equipo merece moito máis do que recibe de arriba. Tocaría aprender destas
xogadoras cando as ves competir: un equipo de guerreiras, raíñas do sorriso
dunha afición, que pelexan, anímanse, encoraxínanse, vacíanse, e ao final,
exhaustas, danse a man e abrazanse coas xogadoras rivais. Algúns policastros
meañeses ben poderían aprender do deporte. Nós, polo nosa banda, seguiremos a facelo.
![]() |
| O equipo ao final do partido |
O INELSA SOLAR ASMUBAL RUBRICA UNHA LIGA PARA A
HISTORIA
PORRIÑO,
18: Lago e Begoña, María Groba (2), Amarilla (5),
Romero, Pereiro, Blanco, Rivero, Marta Groba (4), Carla, Barreiro, Marta (6),
Tasar (1) y Raimúndez
INELSA
ASMUBAL, 30: Ligero e
Caneda; Agustina (3), Arangio (5), Sabela (7), Fajardo (4), Currás (3), Cores
(2), Vera (1), Eli Méndez, Miniño (3), Rey (2) y Vanesa.
Árbitros: Santamaría López e González Martínez. Sen
exclusiones polo Porriño; e exluiron por dous minutos a Fajardo (min. 13) polo
Asmubal.
Resultado
ao descanso: 10-13.
Incidencias: Partido pertencente á vixésimo sexta e
última xornada de liga. Pabellón Municipal de Porriño, 150 espectadores.
O INELSA SOLAR ASMUBAL RUBRICA UNHA LIGA PARA A
HISTORIA
![]() |
| Un remate para enmarcar |
O partido decidiuse no inicio da segunda parte. As verdinegras tiveron o seu momento dóce cara a porta, mentras atrás maniataban mellor á pivote porriñesa para abrir renta de de 6 no 35’, e logo de 10 no 43' (13-33). Superado, o Porriño, e falto a motivación para ir a por o partido, o rival baixou o brazos e deixouse ir ata o final. No que quedba por diante os dous técnicos aproveitron para dar minutos a todas a xogadoras.
Mañan luns o Asmubal coñecerá rival: o
primerio paso, unha eliminatoria para filtrar os que entrarán na segunda fase de ascenso.
Os tres do bombo son o Roquetas Almería, o Mixlata Valencia e o Zarautz vasco. Un deles será o rival e
visitará primeiro Coirón o vindeiro fin de semana. E logo partido de volta a
domicilio no último fin de semana de abril.
O técnico Juan Costas advirte a extrema
dificultade do envite: “imos medrino a equipo profesionais ou semiprofesionais,
deseñados para pelear e cheo o ascenso a Ouro, e nós somos un equipo humilde
recén chegado, que viñamos á División de Prata como convidado e co obxeto de
manter a categoría, e aí arriba estamos”. “Facianos ilusión -agrega- poder
ofrecerlle a nosa afición, que o merecía, un partido extra en Coirón, e iso
facemos o vindeiro fin de semana, no que queremos que Meaño respire balonmán
polos catro costados”.
![]() |
| A luz que namora en Meaño |
viernes, 7 de abril de 2023
Tal e como anunciabamos na entrada anterior, achegámonos aos grandes problemas que temos diante en Meaño. Compre que os candidatos a estas eleccións poñan mans a obra (non ao papel), e que aporten propostas de actuación contundentes en aras a solucionalos. O primeiro, o problema demográfico, que contaciará a outros eidos.
A PIRÁMIDE MEAÑESA CÁESE
O envellecemento da poboación en España, e
Galicia en particular, anunciábase a fins do anos 80, cunha antelación de 15-20
anos. Desde fai unha década estamos metidos xa na espiral que se acentúa nos últimos
anos. O cortoplacismo desta partidocracia, que non ve máis alá dos catro anos,
céganos. En Meaño, tamén. Chegado o caso, as consecuencias dese cortoplacismo
aceptaranse como un mal inevitable. Aquí propoñémosche ver máis alá, alimentar
o espíritu crítico desde esta información.
A PIRÁMIDE MEAÑESA CÁESE
Un análise da actual pirámide demográfica de Meaño ponnos en alerta do problema crecente, e ao que urxe procurar solución. A estas alturas non se trata de prevención, senón de actuacións concretas e decididas para tentar poñer solución a un problema ao que, de por si, xa chegamos tarde, tirando o tempo (e o pingüe remanente de tesourería) neste último mandato de catro anos. Un goberno local desta lexislatura que non levantou a mirada nunca do asfalto, para mirar arriba, e ao futuro das xentes de Meaño como comunidade que somos.
O municipio de Meaño acadou o máximo histórico
de poboación en 1987 con 5.987 habitantes (a piques do 6.000). Nos anos 90 xa se
vislumbraba o cambio de tendencia, rexistrando o máximo da década en 1995 con
5.575 meañeses. A entrada do século XXI confirmouna de cheo, agudizándose aínda
máis nos últimos anos. Hoxe somos 5.292 habitantes, achegándonos aos 5.271 que
eramos en Meaño… En 1940! Tal e como marchan as cousas, dos case 6.000 de 1987 estamos preto dos 5.000… En menos de 30 anos!. Perder esos 5.000 habitantes sería
baixar un chanzo na concesión de subvencións das administracións, isto é, pasariamos
a recibir menos diñeiro e, á postre, traducirse na baixa de investimentos e
servizos.
Pero unha análise detida da nosa pirámide apunta datos aínda máis preocupantes. Aqueles 5.271 habitantes de
1940 pouco teñen que ver con 5.292 de hoxe. Aquela, entonces, unha poboación xoven, que
era a maioría da base da pirámide. En 2022, e aquí vai o dato, 1.701 meañeses
teñen máis de 60 anos, isto é, o 32,14% ou, na práctica, 1 de cada 3 meañeses
teñen xa 60 anos ou máis. O envellecemento a poboación agrava o problema no que
estamos metidos.

O número de matrimonios en Meaño augura a tendencia
O futuro
A pirámide de poboación é o gráfico que nos permite
analizar a estructura da poboación por grupos de idade e sexo. Pero tamén ten
outra utilidade, da que tiran os xeógrafos: anticipan o futuro. Así pois,
voltando a nosa pirámide, concluimos que, para dentro de 15 anos acadará os 60
anos o chanzo de 45-49 anos, e logo o de 40-44, ambos os máis grandes da
pirámide (ver foto arriba). Traducido en datos: para dentro de 15 anos, a poboación de 60
anos ou máis, acadará en Meaño unha cifra 2.300, sobre a que cabe descontar a
mortandade media nesos grupos de 45-49 anos e 40-44, que nos levará, cando
menos, a un número que ronde os 2.000 (é dicir, tendo en conta ademáis a
merma demográfica iremos camiño de que case o 40 por cento do poboación terá
esos 60 anos ou máis).

Así as cousas, a tendencia indica que Meaño terá
un poboación cada vez envellecida, á que cabe atender e dar servizo.
Polo intre, desde fai 17 anos, Meaño conta cun Centro Rural Polivalente de
atención á terceira idade, que abría as portas no anos 2006. Desde entonces veu funcionando en base ao
“Plan Concilia” da Xunta, un centro que, desde fai anos, está completo. Esta instalación non pode
ofrecer respiro familiar a máis de 20 personas por tarde, nen por espazo nen
persoal. Durante este último mandato, o goberno Carlos Viéitez non moveu un
ápice no senso para mellorar o mesmo que Meaño ofrecía en 2006.

Proxecto comprometido en 2019 por Carlos Viétiez, e nunca acometido, que incluía o Centro Social Polivalente en Dena
Pero máis. No seu programa electoral de 2019
figura, textualmente, baixo o epígrafe de “compromisos”, o de “construir unha
gran área social cultura e lúdica no centro de Dena, dotada con apacardoiro,
unha gran praza, un edificio multiusos e un Centro Social Polivalente” (ver arriba foto do programa electoral en 2019). Neste
tempo, nada, nen en Dena nen en parroquia algunha. O papel aguántao todo nas campañas electorais. E así
veu funcionando un sistema de por si insuficiente no presente, non digamos para
o futuro, tendo en conta o que nos ven enriba nos vindeiros 15 anos.
Cales son as propostas para contribuir a
solucionar esta encrucillada? Desde aquí, apuntamos dúas vías, as cales deben
ser complementarias, que perfilamos a continuación, apuntando solucións concretas, se queren estimalas os políticos locais, a quen corresponda.

Atención aos maiores
Construir un Centro da Terceira Idade, amplo e
digno, que combine a estadía de día e pernoctas, a xeito de respiro para dar
cobertura ás ausencias familiares. É dicir, que a estadía de noite sexa só ocasional,
non podendo superar un número de noites por ano, poñamos por caso, un máximo de
30 por ano. Serviría como desafogo para que, ante viaxes profesionais, descanso
vacacional ou similar, a familia poida recurrir a este servizo para non deixar
ao maior en soidade, e que poida ficar esa semana, esos días, ao coidado, en
compaña de conveciños, e no ambiente do seu pobo. No caso de que a xestión laboral
dese centro, entendérase como un cargo desmesurado para a administración local,
suxerimos valorar recurrir a un modelo
de cooperativa de traballo asociado, impulsado no seo do propio municipio. (foto arriba: Centro Social Polivalente de Meaño)
Natalidade e poboación nova
A outra vía de actuación é incentivar a
natalidade e establecemento de parellas xóvenes no municipio meañés. Iso
pasa, primeiro, por unha opción de vivenda da que, neste intre carece o municipio. A remodelación do PXOM acometida con urxencia xa no primeiro mes desta
lexislatura, visto o visto, non tiña prácticamente outro obxecto que servir aos intereses
industriais. En ningún momento se pensou na xente de a pé, e máis aínda na
poboación xoven. Urxe abrir urbanísticamente o centro Dena, abandonar o plano
lineal que se impón arredor PO 550, que está agotado fai anos e que bloquea Dena.
Compre abrir algunhas rúas que desbloqueen ese centro lineal. Só así poderase abrir a posibilidade de construir e ofrecer vivendas en réxime de aluguer (ou
propiedade) para atraer a esa poboación xoven. A este paso xa chegamos tarde,
estragamos un mandato e unha reforma do PXOM sen sacar partido real dela. Por que razón, no mesmo tramo de anos analizado desde 2014 en que Meaño perde poboación,
Ribadumia no só se sostén, senón que medra? A razón é que Ribadumia atrae
poboación moza, dato que corrobora a súa pirámide, con seu chanzo
máis grande no de 40 a 44 anos, e os fillos que se desprenden del (poboación
que empeza a asomar con certa solidez na idade escolar). Ribadumia atrae
poboación porque ofrece vivenda, o cal Meaño, non fai. Un motivo máis para que pasemos ao furgón de cola nestos últimos anos.

Centro de Dena
O outro camiño para incentivar o asentamento de
poboación xoven non pasa por esmolas que o goberno local ofrece por neno nado. A esmola pública que concede Meaño creouse en 2018, e a inutilidade evidenciouse pronto. Ilustrámolo aquí co dato 2022, no cal se asignaron 1.850 euros dos 5.000 presupuestados,
e iso que, á última hora, no intre de asinar esas partidas, incrementouse a cuota
por neno para non deixar o reparto de cartos en menos de 1.000 euros. Cre
vostede, en realidade, que algunha parella decidiuse por ter un fillo en 2022
pola esmola municipal a xeito de cupón do Carrefour?
A nosa proposta é abolir directamente esa esmola, ao terse demostrado ser un xesto baldío. Ninguén vai ter un neno, nen
moito menos mover á familia (que a familia non é un auto), e trasladarse a Meaño, por se dentro dun ano deciden ter un neno e así acceder á esmola.
As propostas para incentivar o asentamento da poboación
xoven en Meaño han de ser contundentes. Para tal fin suxerimos:
Educación gratuita na Escola Infantil de Meaño
0-3 anos (sen valorar as rentas, puro e duro), e no material a empregar, para
os nenos a familias censadas en Meaño.
Subvención do 80 por cento os estudios musicais
na Escola de Música Municipal de Meaño para os censados no municipio de Meaño.
Servizo ludoteca e verán e nadal, máis campamento
de verán para escolares gratuito para os censados no municipio de Meaño
Descontos engadidos para pais/nais/avós e avóas
nas actividades municipais para familias con nen@s con menos de 10 anos censados en Meaño (é dicir, que a descontos redunde tamén, de xeito inditecto, no resto no núcleo familiar).


.gif)
.jpg)

.jpg)
.jpg)
.gif)





.jpg)
.jpg)

.jpg)
%20(2).jpg)


.gif)
.jpg)
.jpg)
.gif)
.jpg)
.jpg)

.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)


.gif)



