lunes, 31 de octubre de 2022

 

Aínda que semelle un conto, este relato non o é. Resposta a historias reais, vividas polos protagonistas e recollidas por segunda ou, en casos, primeira man en Meaño. Aínda que as explicacións que lles podes dar sexan diversas, casuais, científicas ou quen sabe qué, o certo e que foron vivencias tan insospeitadas como estremecedoras para os que as padeceron. Unicamente, a fins de evitar feridas e malentendidos permitinme mudar os nomes (ou quizáis algúns nomes), ligazón familiar ou mesmo alterar os toponímicos no espazo.


 
NUN MUNDO PARALELO
 

A relación co mundo máxico do alén sempre agochou a teima soterrada entre o ben e o mal. Para uns foi legado (sen buscalo) o don de percibir os sinais das ánimas que, cando rematamos físicamente, mantéñense flotando no universo. Viven en mundos parelelos que non percibimos cos cinco sentidos biolóxicos. Tan só entramos neles ao finar.
Cada familia garda os seus segredos. Cada aldea, o seus medos. Con máis de tres décadas contando historias, sucesos, crónica política e demáis do pobo, nunca me atrevín escribir das vivencias que rozan co alén. Cando un se achega en exceso, perde a perspectiva. As verbas prenden. Temo que ese mundo máxico faga que a mente asome a un paso da tolemia.
Cada quen ten unha misión. Quizáis agora, a de contar os segredos legados, que neste intre escribo. Non estamos ti e máis eu, apostados xusto aquí, diante deste ventanuco, por casualidade. Todo está escrito. Agora, liberados os protagonistas do mundo dos vivos, quizáis cómpre contalo.

 

Manuel
Lembro ben aquela noite de novembro, en que a choiva arreciaba fóra e que quedaramos sen luz. Unha vela metida na botella de cristal iluminaba o hule da mesa. Tiña uns 10 anos. Daquela o avó Porfirio contoume o que lle pasara o seu fillo maior, Manuel. Só unha vez, por moito que llo pedira en adiante, nunca máis a repetiu. Un episodio que se remontaba a un mes de xuño de fins dos anos 40.
O tío Manuel regresaba de Xil despois de segar o centeo en Eiravedra. Metido na noite, portaba o fouciño na man, e na outra unha bolsa de cereixas. Atallou polo monte, cando a néboa asomaba. Foi preto da Farraca onde empezou a percibir aquel cheiro a cera. Inquedo, mirou cara atrás e viu achegarse no aire unha recua de figuras bretemosas, encapuchadas, montadas a cabalo, que semellaban flotar e ao que non se lles vían as pernas, nen as patas aos equinos. Con voz lúgubre, a coro, susurrábanlle “monta Xoán, monta Xoán”. El, nen era Xoán nen comprendía ren. Parado, frotou os ollos, pechounos forte, como agardando espantar a visión. Máis cando o fixo, os xinetes viñan cada vez máis preto… Virou, apurou o paso propoñéndose non mirar a atrás, cos ombreiros encollidos como agardando que algo fora cairlle enriba dun intre a outro, mentras trazaba cos dedos das mans a figa e empezaba a marmullar unha letanía en latín que lle ensinara da avóa Dolores.


O tío Manuel, que finou fai pouco, voltoumo a contar xusto dous días antes do pasamento. “Eleváronme no aire -dicía-, eu pasaba rozando os toxos coas miñas canillas, mentras un me dicía ‘non mires cara a atrás, no mires cara atrás’. A boa fe que non o fixen. E así fumos pasando por cada cruceiro, mesmo por algún que non vira nunca, ata rematar por guindarme na entrada da Feira, co fouciño e a bolsa de cereixas no chan medio esparexidas”.


Manuel chegou lívido ao Torno. Cando abreu a porta, tía Elvira non daba creto: coas canillas espiñadas, apenas balbuceaba. Daquela, o tío acompañouno á Casa de Abaixo en As Covas. Tío Manuel perdeu a fala durante tres días. Temían que non a recuperara nunca. Durante eses tres días, gardou cama, tremando febril. Daquela non lle contaron o que sucedera na noite que lle seguira: o tío que o acompañara, finou ao cair do cabalo cando baixaba da Ventosa. Desbocado, “Moro”, cun golpe do casco fendeulle a testa ao tío Xoán.
Recuperado do trance, seguiu vivindo outros episodios menores, sempre aterecido polo medo. Ata que a avóa Dolores colgoulle ao pescozo unha cruz de Caravaca que fora bendecida polo cura Don Xermán no Corpiño. Desde aquela tío Manuel, puido ficar, vivir e, á postre, finar en paz.



Consuelo
Anos máis tarde, outro episodio lévame a máis preto no tempo, na persoa da tía Consuelo, baixiña ela, cunha pañueleta que sempre levaba cubríndolle e pelo cano. No seus anos mozos, ficara un tratamento psiquiátrico nun hospital de Santiago, e un atropelo que, por un intre, asomouna ao outro mundo. Cando os médicos a reanimaron no hospital, despois dun shcok que a tivera morta durante uns minutos, preguntábanlle: Que viches, Consuelo?”. “Nada, non vin nada”, repetía ela a cada quen.
Foi xa entrada en anos, cando tía Consulo empezou a sufrir os desacougos. Ela percibíao, nunca soubo interpretalo… Ata que as cousas viron a cadrar. Marcárona dous trances turbadores, que mesmo eu escoitei da súa propia voz. O primeiro sobreviulle a fins dos ano 70, cando este país estaba pechando a transición política, e Xermán acaba de ser reelexido como primeiro alcalde de Meaño. Tía Consuelo baixaba de noite polo camiño da Solda, cando se atopou cun alumeado exuberante de guirnaldas, con luces vermellas, azuis, verdes de amarelas, arredor da casa de siña Benilde de Pintos. Moi inqueda, desviouse e subiu polo carreiro da Canle para afastarse  canto antes. Ao cabo, pouco despois de pasar por diante da igrexa e subindo cara á Feira, puido oír nítidas tres badaladas: dúas na pequena e unha na grande.
Chegou macilenta á Casa de Torno. Contouno tatexando baixiño na de Teruca, tremando entre medos e bágoas. A avóa Dolores, que a escoitaba sentada no tallo ao carón de cociña de ferro, torceu o xesto e dixo: “se hai finado, será muller”. Logo, Manolo “O Panadeiro” accedeu a levar no seu Seat 131 a tía Consuelo de volta casa pola pista dos Agros.
Ao día seguinte, para alivio meu, mesmo puiden ver con meus ollos, a siña Benilde, apeándose do Balea que viña de Pontevedra. Foi pola tardiña cando as campás laiaron dando sinais: dúas na pequena, unha na grande. Finara Loliña, que vivía na de Otero. Era a filla de siña Benilde, e aquela Loliña nacera xusto na casa da Solda facía 36 anos. 

Corría o ano 1989 daquel domingo 28 outubro, coa palla na leira y os últimos coletazos da esfolla do millo. No reloxo do salón soaban as 11 badaladas. Mentras, tía Consuelo durmitaba na súa casa de San Amaro, apostada na cadeira e mesa de formica ao calor de cociña, cos primeiros fríos do outono. Agardaba polo home, festeiro el, que fora á romaría de San Simón. Desa, un crepitar como de loureiro queimado sacouna da súa dormevela. Ergueuse e achegouse por enriba do fregadeiro de mármore á pequen fiestra da cociña, que daba ás escaleiras do patio. Ao intre, a uns 30 metros de distancia, puido a luz dunha fogueira escintilar por enriba do valo da eira do lado. Ao cabo dun intre, despois de tratar de buscarlle unha explicación en balde, inqueda, tremou e pechou as contras. Ben sabía ela que nesa casa non vivía ninguén desde facía tempo: o seu dono, Faustino de Quinteiro marchara para Arxentida nos anos 30. Afincado no barrio bonaerense de Belgrano, casou e fixo vida. Non voltou nunca, nen a vender as suas propiedades en Meaño. A pista perdéraselle facía anos.

Non fora doado para tía Consuelo conciliar o sono aquela noite. Nen a partir da unha da mañán, cando chegou o marido, ao que non lle contou nada do que lle acaecera antes de deitar. De mañanciña, tía Consuelo quixo saber do que vira. Agarrada a unhas herbas ben presas do valo, puxo  a súa perna sa na antalla dunha pedra, para encaramarse e pasar por enriba. Pero alí, xusto onde reparara na fogueira, a herba estaba toda verde. Ao carón, a casa semiderruida (a mesmo que hoxe está restaurada doutra man), pero sen borralla, ningún resto de fogueira, nen fóra nen dentro.
Case esquecido, o feito, xa relegado a anécdota, mudou ao pouco en trance. Na semana seguinte o cura de Dena, Xosé Soneira, oficiaba na igrexa de Meaño un funeral con cadaleito ausente. Encargárao siña Obdulia de Quinteiro na honra do irmán, Sóubese entonces que Faustino de Quinteiro finara uns días antes en Arxentina: facíao o 28 de outubro as 7 do serán… paradoxicamente, catro horas máis tarde en España.



Claudina        
Fóra xa da miña familia, ficara outra historia, se cabe, máis sobrecolledora, que mesmo me tocaría de preto anos máis tarde, e que non contei a ninguén. Atrás queda unha linaxe fidalga, vida a menos, afincada nunha antiga casona de Vilariño, logo vendida, e que hoxe luce restaurada nas mans dunha familia de Madrid. Era a fins dos anos 40, coa señorita Claudina, loira ela, e que semellaba ía quedar solteira. Pero, o que é a vida, cando máis lonxe estaba, acabou casando con D. Fermín Torreiro, home garboso que era o maior dos irmáns dunha familia podente, a cal rexentaba en sociedade unha fábrica de ladrillos e pretensados na Fianteira. Matrimonio beato, de misa diaria cada noite en Simes con Don Ramón, e cunha Claudina prendada do home. Certo que del, por detrás, dicíase de todo: despifarrador, mullereiro, malencarado e tirado a pleitos co primeiro que se lle cruzaba. Ela, contan, namorada ata a médula, tragaba con todo.
Todo se truncou para ela nunha nunha noite de San Xoán. El, que saíra a lomos do seu cabalo, adentrouse ao pouco monte, atallondo pola congosta da Sabiñela cara a Cobas. Co pretexto dun dos seus socorridos pleitos, o que facía era ir a verse para xacer con outra muller.


De regreso, ao fío xa me medianoite, albiscou un lucerío cun run run de voces e cantos no Pozo de Meigas. Engaiolado, botou pé ao chan e achegouse silandeiro polo carreiro que baixaba ata el. Ao dobrar o recodo deu cunha estampa tan fermosa como sobrecolledora: elas bailaban espidas no medio dunha xente con túnicas escuras que lle cubrían a cabeza, mentras cada quen sostiña o seu cirio, entonando un canto en lingua estrana. “Vaite, non mires atrás”, susurroulle unha voz de muller que semellou resultarlle coñecida debaixo da capucha ao pasar preto. Cando el ousou achegarlle a man destra para baixarlle a caperuza que cubría un pelo que asomaba louro, un golpe seco na sien, apagouno.


Pola mañán, Claudina semellou estremeceuse coa ausencia do home, despois dunha noite de estranos pesadelos, tan libidinosos como horrendos. Alertados, os veciños botáronse a procuralo no monte cunha patrulla da Garda Civil durante días. Foi na noite de San Pedro cando atoparon un charco de sangue seco no Pozo das Meigas, e pouco despois co cabalo preto da Armenteira. Ao cabo, deron co cadaleito de Fermín Torreiro ao pe do cruceiro da Portela, medio tapado pola silveira. Ao darlle volta ao cadáver, o sarxento Carrión deu coa horrenda estampa dun home apaleado e ao que lle faltaba mesmo a man dereita, a cal fóralle amputada cun corte cirúrxico. Unha man que nunca atoparon daquela.



Contan que Claudina velou o cadáver durante tres días na casa, ata acabar sendo soterrado no cemiterio de Simes. Sumida nuha fonda depresión, cun intento de suicido de por medio, deixou a casona de Vilariño ao ano seguinte. Marchou disque tola, e os lugareños nunca máis souberon dela… Nen tampouco da man de Fermín Torreiro.
Nunca, ata fai apenas dous anos, cando me sobrecolleu unha nova que me salpicou preto. A empresa Lucus Gallaecia, adicada ao mundo da arqueoloxía, traballaba facendo unhas catas no outeiro do Castro en Dena, para botar a andar o proxecto de construir alí un tanatorio. Na última cata, a que estaba máis preto do cumio, deuse cun mórbido achado, demoledor: os osos dunha man destra, que semellaba de home, e que portaba nos ósos no dedo anular unha alianza de ouro. O arquitecto sacoullo con tento e, cando o suxeitou facendo pinza cos dedos da súa man, entornou os ollos e leu por dentro: “Claudina, 1948”. Debuxou un aceno coa boca, subíu as cellas e encolleuse de ombreiros. Eu, que herdara aquela leira do avó Porfirio, tremei ao escoitar aquel nome. Todo cadraba, nun solo que mesmo albergaba debaixo un castro.


Abrín o paraugas porque empezaba a chover e botei a andar monte abaixo. Tampouco eu quería meterme na noite, mentras os coros de Mozart marteleábanme a cabeza en bucle no medio da néboa: “Confutatis maledicts / flamis acribus addictis / voca me cun benedictis” (Rexeitados xa os malditos / e entregados ás crueis chamas / chámame, chámame cos benditos”). A día seguinte, sen consultar con ninguén, decidín o monte á empresa. Sen unha verba para os meus. Quería afastame canto antes. Ata hoxe. 
 


ooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooo


A quen corresponda (de aquí ou do alén): As tres historias narradas -salvo a última- respostan  feitos reais acaecidos en Meaño. Foron recollidas para unha historia de Samaín, relatada nun claro do monte de As Covas en 2021. En lembranza do alumnado, e en apoio aos profesores do CEIP As Covas-Meaño -polo que eles xa saben- compartimolo desde aquí contigo, nesta noite e na hora bruxa (31 de outono en 2022). 
 
 

domingo, 30 de octubre de 2022

 UN MEAÑÉS ASOMA AOS GOYA


A curtametraxe “Rompente

” do director Meañés Eloy Domínguez Serén acaba de ser preseleccionado para os Premios Goya do cinema español, edición número 37 destes galardóns que se celebrará o 11 de febreiro de 2023. En total foron 35 os curtos elixidos nesta preselección dosmellores traballos de curta duración en animación, documental e ficción.


Deles escolléronse para iso dez títulos de animación, outros dez na sección de documentais e quince na categoría de ficción, esta última que é onde se encadra o “Rompente” de Eloy Domínguez. Nestas próximas semanas as curtametraxes serán votados polos académicos para decidir os finalistas dos Premios Goya 2023.


E no que respecta a a modalidade de ficción, “Rompente” competirá con outros 14 de títulos para aspirar a ser un dos tres finalistas. Esoutros son “17 minutos con Nora” de Inmanol Ruiz de Lara; 36”, de Ana Lambarri; “Arquitectura emocional 1959”, de León Siminiani; “Cemento e aceiro”, de Oriol Villar; “Rapaz”, de Jaime Cheirabas; “Cordas”, de Estibaliz Urresola Solaguren; “Espiñas”, de Iván Sáinz-Pardo; “Farta”, de Júlia de Paz Solvas; “A entrega”, de Pedro Díaz; “Parresia”, de Ignacio Lasierra; “Son”, de Marta Nieto; “Xorda”, de Eva Liberdade e Nuria Muñoz Ortín; “Solta”, de Javier Pereira; e “Tula”, de Beatriz de Silva. 


O director meañés recoñecía a enorme satisfacción da nova “para min é brutal, non deixa de ser unha homenaxe a lingua galega que é na que está feitoRompente’, homenaxe tamén á nosa cultura, a nosa xente e, sobre todo, ao traballo non mar que é ou transfondo desta curta". Un Eloy Domínguez colliamos no medio dun dos seus traballos nun estudo de Santiago, e desde onde anunciaba que, en novembro, presentará o seu novo traballo: unha longametraxe documental  baixo o ´titulo “Ao outro lado do mar”, e que se presentará concorrendo este novembro ao Festival de Cinema de Xixón.


O “Rompente” de Eloy Domínguez obtivo xa este ano senllos primeiros premios nos festivais de de cinema de Málaga e no Cans. Responde a un curto de 26 minutos que narra unha historia ambientada no Barbanza, con tres días na vida Santi e Lucía, dous novos proxenitores que acaban de ter un neno e que loitan por abrirse paso na vida. Uns personaxes aos que interpretan os actores afeccionados Sergio Baleirón (Rianxo) e Soraya Luaces (Portosín).
Un director meañés que mesmo recoñecía que, en parte, este traballo inspirásese nos seus propios pais que, tamén novos e acabando de ter un fillo, tiveron que abrirse a vida, optando pola emigración como válvula de escape para saír adiante. Unha curta cuxa singularidade na lingua é que esta está feito, como precisa o director “en ghallego, ghallego, isto é non idioma dá xente da pe na zona costeira”.


Mañán, luns entrada extra do Samaín meañés


domingo, 23 de octubre de 2022

 *** Opinión

A HISTORIA MANCILLADA


Rebautizar a Praza do Concello como "Da Feira" tería sido a ocasión de desfacer este entuerto parido fai tres décadas. A negativa da corporación meañesa en facelo, sen un só argumento que poidera considerarse tal, denota a miopía dos quen non ven máis alá do tanxible.
A proposta fora elevada -fundamentada e argumentada- pola Asociación Cultural e Deportiva G.A.M. o pasado mes de xullo. Daquela, o alcalde Carlos Viéitez aprazouno, procurando un tempo para o que, á postre, non adicarlle un intre.


A feira de Meaño, que os maiores lembran, existía cando menos xa, nos anos 30, sendo un mercado que, cada 13 e 29 de mes, congregaba a feirantes chegados de toda bisbarra, e mesmo de Pontevedra e Salcedo. Uns desprazábase a pé, a lomos de burras, ou subidos carros e carrillos. As tarimas que alugaba Fontán e Solla extendíanse polo que hoxe é praza e estrada (que entonces non existía), e polas que logo serían eiras de Valentín de Serantes, chegando ata a fonte de San Xoán.
Unha feira onde, referían, “vendíase de todo”: desde zocas a galos e galiñas, pasando por peixe chegado desde O Grove e Cambados, telas, louza, ovos, trigo, bacelos, landras... e ata xoias. E tamén, moito gando de feirantes, unha parte do cal se apostaba precisamente onde hoxe está con consistorio. (Sabíalo, concelleiro?) [foto: a praza dobremente mancillada, agora con tamaña a "estrutura" metática]


A Real Academia Galega, en defensa da lingua, que é a nosa, ven impulsando a campaña “Toponomízate” para recuperar os nomes da toponimia e microtoponimia en aras a manter viva a historia dos devanceiros. En Pontevedra, a Praza da Verdura, a Praza da Leña ou a Praza da Ferrería, e mesmo en Santiago a Praza do Obradoiro, manteñen un nome fiel ao que o lugar foi.
No pleno, celebrado o pasado 30 de setembro, a proposta de recuperar esta historia, tumbouse pola posición contraria de Carlos Viéitez co seu grupo de non adscritos (6 votos), e o fariseísmo "abstencionista" dos dous edís do PSOE para apoiar a negativa. Baldío resultou o único apoio, que brindaron os 5 ediles de MI. Concelleiro meañés: coñecías a túa Historia? Se non a sabías: por que non a aprendes? E se a coñecías: por que pisoteas historia e lingua?. Cando menos, ante os teus ancestros, ruborízate, por favor.
 

 

 


sábado, 15 de octubre de 2022

 

Nueva temporada y nueva imagen en la fecha comprometida contigo. La pasión del hablar por hablar se recupera por parte de los mayores en Dena. Ellos combinan su caminata matutina por la ribera, con un alto en Os Pasales donde se congregan de forma espontánea en el porche de un pequeño local público, pórtico que reconvierte en improvisado “parlamento” para hablar de lo humano y de lo divino a la sombra.

EL “PARLAMENTO” EN DENA 

La pequeña nave construida hace más de tres décadas a pie de la desembocadura del río Chanca, cuando el relleno ganado al mar en Os Pasales, se dedicaba otrora a almacén de piraguas del frustrado Club de Piragüismo “Ría de Dena”. Hoy se mantiene como pequeño local vecinal-municipal, con dos aseos exteriores abiertos al público y un póritico que, de un tiempo a esta parte, equipado con bancos y sillas, se ha convertido en descanso predilecto para septuagenarios y octogenarios en sus paseos y caminatas matutinas. Sin horarios, en él coinciden de forma espontánea a lo largo de la mañana, recuperando el disfrute del hablar por hablar. A lo largo de la semana, compartimos charla in situ con los Manolos (Fariña, Canay y Malla), con Juan José Dios, Pastora Domínguez, Isabel Pérez, Josefa Aspres, Martín Padín, Rosa Martínez, Arturo García, Francisco Rey… Todas ellos, gentes entre los 68 y los 86 años que aúnan deporte y tertulia para oxigenar cuerpo y mente.
“No nos citamos, no tenemos grupo de wsp, sólo coincidimos aquí durante la mañana -explica Manuel Fariña, a sus 83 años-, unos más temprano, a las 10, otros más tarde después de las 11… A veces llegamos a coincidimos aquí 13 o 14 personas hablando y matando el tiempo”. “Es reconfortante -apuntaba al día siguiente Pastora Domínguez, que a sus 73 años coincidía con media docena de mujeres de Dena y Vilalonga-, hablamos mucho… nunca estamos calladas”.


Un alto para conversar en Os Pasales

"Hablar por hablar"
“Aquí hablamos de todo -reconocía Manuel Maya, el más veterano a sus 86 años-, los hombres, sobre todo, hablamos de fútbol, de política española y, de un tiempo a esta parte, de lo que caro que está todo… Y también hablamos de la vida, del mundo de antes y el de ahora”. “Ha cambiado mucho la forma de relacionarse -precisaban Manuel Canay a sus 84 años-, primero la televisión y ahora los móviles han roto la relación entre la familia que ya no habla en la mesa a la hora de comer, porque la televisión y el móvil mandan incluso en ese momento”. “Antes -explicaba Manuel Maya- nos desplazábamos a pie a todos lados, los hombres a trabajar en la obra, las mujeres a la plaza… Íbamos juntos, o coincidíamos con alguien en el camino y lo hacíamos hablando… Con el tiempo se impuso el coche y todo se hizo más individual”.
Cuando se le preguntaba por este foro improvisado, Juan José Dios ironizaba diciendo “nosotros aquí somos el parlamento de los obreros jubilados… el otro está en las altas esferas”. Pastora  Domínguez se quedaba con lo de “esto es el parladoiro, aquí nos desestresamos hablando del tiempo, de anécdotas, o mismo conociendo como se encuentran de salud los vecinos y familias de la contorna, es un tema que entre los mayores siempre nos preguntamos”. De hecho, a lo largo de estos últimos años, algún que otro asiduo ya no puede caminar o mismo ha fallecido.
Hablando de sus profesiones pasadas, Manuel Fariña rememora que “yo empecé trabajando en las telleiras con tan sólo 14 años, y al cabo pasé a hacerlo con mi padre y tres de los diez hermanos que éramos, en una telleira de nuestro padre en Catoira”. Por su parte, Manuel Canay recordaba su antigua sastrería en Dena, que devino en fábrica de pantalones, “donde llegamos a tener muchas mujeres cosiendo, y se confeccionaban 70 u 80 pantalones al día, que luego llegaban por viajantes a tiendas de Pontevedra, Vilagarcía, Vigo”. “Confeccionábamos pantalones -agrega- no sólo para vestir y hasta en tallas muy grandes, sino que hacíamos también pantalones especiales para los que trabajaban en el mar en buques congeladores”.
 

De izquierda a derecha los "Manolos" Fariña, Canay y Maya, más y Juan José Dios
 
De la Pantalonera a la a la ría
Los recuerdos suscitaban al instante la sorna entre los “parlamentarios” presentes. “La pantalonera (en relación a la fábrica de pantalones) era conocida como la “Paxareira” porque había muchas mujeres, y el nombre caló” explicaba Manuel Maya, mientras Canay asentía. Una jocosidad que emanaba también cuando Juan José Dios, a sus 82 años, recordaba sus años de taxista y, antes, como proyeccionista en el mítico cine Arosa en Dena: “A veces se le iba la mano y ponía los barcos con los palos para abajo”, comentaba Manuel Maya, en relación a cuando la película se montaba por error al revés. Sonriendo, Juan José Dios admitía que “llevaba su tiempo desmontarla y volver a montarla bien… y con el público esperando en sala, figúrate la escena”.


Los mayores recordaban como “ría de Dena” que tenían a sus pies fuera en otro tiempo zona de pesca preciada. “Aquí -explicaba uno de ellos- se practicaba la ‘secada’: se colocaba en la bocana una red de unos 200 metros, de punta a punta en tierra firme, y cuando luego bajaba la marea, se subía red con centenares de kilos de pescado en su interior, y que se vendía en Dena y toda la zona”. Dos familias lugareñas, rememoraban, realizaban esta práctica: “una la de Fidel O Caldeiro y otra la de Ramiro de Isidro”.
“Otros veníamos de noche provistos de una ‘francada’ que era un gancho ideado para capturar sollas bajo la arena” recordaba Manuel Maya. “Antes -agregaba Juan José Dios- había tantas que, cuando pasaba por aquí, sentías la solla bajo el pie al caminar, y  al instante me bajaba la capturaba con mis propias manos… Una pena, hoy no hay nada, apenas unos múgeles que asoman con la subida de la marea y llegan hasta el puente de A Chanca, pero nadie los coge, es un pescando tanto malo que no sirve para comer… si acaso para el gato”.
 

Una instantánea dominical de nuestros parlamentarios en Dena

La costa perdida
A sus años, cuando se les pregunta por sus deseos para la generación futura sobre la costa de Dena, Manuel Canay apunta que “es una lástima que una zona con tanto potencial esté tan descuidada”. Juan José Dios sugiere que “el relleno de la antigua baldosera que se adentra en el mar, si no se puede retirarse, bien podría aprovecharse ese promontorio, que tiene un pinos muy bonitos, como zona de mirador sobre la ría al atardecer”.
Así, charla y deporte congenian bien entre los mayores en la costa de Dena. “Hacemos caminatas de una hora u hora y media los siete días de la semana”, apuntaba Pastora Domínguez, si bien Carmen Padín y Rosa Martínez, que bajaban de Vilalonga, precisaban que “nosotras descansamos el fin de semana”. Los improvisados “parlamentarios” reconocían el aliciente que supone el salir a la caminata matutina, y agradecían “los baños abiertos y limpios, ideales para nuestro alto, y los bancos de piedra y sillas que nos puso el alcalde”. Y, al atardecer, la zona anexa al peculiar “hemiciclo”, es cuando se impone la petanca. Con la llegada del otoño este peculiar parlamento abre nuevo curso... "y con matrícula gratuita" apostilla uno de los mayores que hicieron posible esta tu historia.


"En la juventud aprendemos, en la vejez entendemos" (Marie von Ebner Eschenbach)
Desde aquí, nuestro homenaje a los mayores: porque gracias a ellos somos lo que somos