sábado, 2 de septiembre de 2023

 ***Opinión

Última entrada deste curso. Pechamos así este Ventanuco con antelación, apurados pola vendima que chega antes. Voltaremos o 14 de outubro, despois do Pilar. Farémolo, como sempre, con nova imaxe, novas historias, pero coa mesma ilusión para que nos segas lendo, e de poder seguir escribindo libres, sen ataduras. Digan o que digan e pese a quen pese. Sinceiramente, nós mesmos. 

EN OFF...

Por que
 o goberno local deixou impune a construcción de transformador eléctrico de Abuín (2019) que, segundo o informe do arquitecto (2020), incumple a normativa municipal?
Por que o goberno local tapou a empresa que, traballando na estrada de Cobas, accidentalmente fracturou o cruceiro de Vista Alegre, provocando á postre a súa caída en 2019? Por que tardou ata a marzo de 2021 en recoñecer a autoría da firma Taboada Ramos, cando ao rexidor lle constaba esa autoría desde xaneiro de 2020? E por que catro anos despois o cruceiro fendido amosa a mesma estampa?


Por que
o alcalde Carlos Viéitez non defendeu os intereses xerais cando tocaba reclamar a devolución do importe da viaxe a Bruxelas que tivo que cancelarse pola COVID, devolución que se restituía por lei a todo aquel que reclamou en prazo? (O seu último argumento que “alguén” acabou abonándolle ao concello ese importe para compensalo é baladí: esa aportación a un concello ou institución non é posible efectualo).


Por que o concello de Meaño realizou un recheo ilegal no alto do monte da Toxa, empretando unhas 1.600 toneladas de terra, e sen proxecto, en solo rústico e saltándose a lei a que todos estamos obirgados? Ese recheo empezouse a efectuar en novembro de 2021, e o proxecto que tiveron que acabar facendo para lavar a infracción (e a cara) data de abril de 2022. E por que ese recheo segue a incumpir as condicións redactadas no seu propio proxecto?


Usía:
Por que non defende os intereses do concello que vostede preside na obra da tubería da estrada de Padrenda a Cobas, cando, con acta notarial levantada ao efecto, constátase que a empresa soterreou un tubo de menor calidade e prezo (SN4) ao que figuraba no proxecto (SN8), logrando aforrarse uns 25.000 euros que se embolsou directamente a empresa, a costa da Deputación e do concello? E Por que cando cando coñeceu o “pelotazo”, non interviu para non pagar a parte proporcional do diñeiro concertado (5.000 euros, isto é, o 20% do 25.0000 que lle correspondía ao concello), ou, no seu caso, esixir a devolución?

Por que
adicou 3.521,10 euros do erario público municipal nas calendarios do concello, repartidos no Nadal de 2022, no que, á postre, era un acto de súa pre-campaña, por canto nese calendario presentaba o lema "Traballo e realidades" que ía a ser (e foi) o lema oficial de Veciños de Meaño na campaña electoral das municipais de maio? E por que os demáis grupos políticos (M.I, PP, PSOE e BNG) tendo constancia fidedigna do facturado e do emprego irregular dese lema están calados como petos sen saír á palestra para depurar responsabilidades do diñeiro “tangado” ás arcas públicas?

E, a última: por que se enrocou defendendo un proxecto baseado no eufemismo de “encapsular o amianto” do pavillón de As Covas, cando a lei de por si impedía esta manipulación desde abril de 2022?. E por que agora se da pompa fotografiándose  na obra do pavillón para presumir da retirada do amianto? (que ese mérito non é de usía: se vostede, tal como se pode comprobar nas videoactas dos plenos defendía a capa e espada o "encapsulado" e non vía necesario retirar!). Un chisco de criterio (e bo gusto) por favor, en defensa do interese público.