sábado, 24 de junio de 2023

***Opinión

EN LA ENCRUCIJADA

 
“La Encrucijada Mundial” es un manual del mañana para todo el que asume (o esté dispuesto a asumir) puestos de responsabilidad en la dirección de equipos, sobre todo políticos, desde alcaldes a las altas esferas. Sin pudor ni medias tintas, Pedro Baños nos pone ante la encrucijada social, política, económica, entre el bien y el mal, ante la educación, el liderazgo, el mercado laboral del XXI, los riesgos ante I.A., la necesidad de una nueva política porque nuestro modelo actual está tocando a su fin. El lector podrá compartir o no sus análisis, sus propuestas de solución como sociedad que somos, pero, desde luego, lo que no puede es evitar reflexionar, leer y releer, meditar, encontrar cada cual su propio parecer.
Pedro Baños advierte sobre la I.A., cuando afirma  que “el exceso de información nos impide pensar”. “Internet -agrega- nos da la información triturada, no nos obliga e pensar (…). Es la diferencia entre un estimulador intelectual -el libro- y una papilla ya preparada para ser tragada sin cuestionamientos -la información en Internet-“.

En educación, incide en la importancia de las cuatro ces: “creatividad, capacidad, crítica, comunicación y colaboración”. El sistema educativo (España, por ejemplo,) lo que realmente persigue, en palabras de Baños, “es igualar por debajo, para no molestar a los más torpes o vagos, zancadilleando a los sobresalientes y desmotivándolos para estudiar”. “Y esto -agrega-, indudablemente, genera entre los jóvenes cierta apatía o desencanto”. No en vano, las adaptaciones curriculares de la nueva ley educativa es un cajón de sastre donde cabe todo para evitar el fracaso, el desencanto, la frustración, tanto que en los centros hospitalarios empiezan a crearse unidades de psiquiatría infantil para tratar de abordar a niños y adolescentes empoderados que no digieren el desencanto. La actual ley educativa no hace sino alimentarlos.


En cuando a la polarización social creciente, reconoce como en el momento actual se reafirma la teoría del wookeism, que es el que tiende a la uniformidad, “elimina la libertad de expresión y crea una sociedad donde hay más miedo a decir lo que se piensa, y aumenta tanto la polarización como el recelo hacia el otro”. “Algunos -advierte Baños-, lo aplican sin el menor pudor.”
El libro actúa también como manual de cabecera para el líder político, al que recomienda dominar el arte de la comunicación, “haciendo gala de la oratoria y la elocuencia”, “no influir, persuadir”. “No escuchamos para entender -lamenta Baños-, lo hacernos para contestar”. “La confianza es lo que marca la diferencia entre unos líderes y otros. Sin confianza no hay liderazgo”. “Dos aspectos revalorizan al líder humano: la transparencia y la credibilidad. La transparencia es el lubricante entre el líder y la sociedad”. Lo uno (transparencia) y lo otro (credibilidad), en nuestro gobierno local se ha extinguido hace tiempo. La capacidad negociadora de este líder, que no domina el arte de la comunicación (ni oral ni escrita), se limita a influir (cuando no, a imponer), no a persuadir”.

En lo tocante a la elección del equipo (candidatura electoral), Pedro Baños recurre a Maquiavelo: “el primer método para evaluar la inteligencia de un líder  es observar a los hombres que lo rodean”. Un método que luego rubricaba el propio J.F. Kennedy: “un hombre inteligente es aquel que sabe ser tan inteligente como para contratar gente más inteligente que él”. En nuestro ámbito municipal se hace real aquello sobre lo que advierte Pedro Baños: “es la cultura del empoderamiento personal, que evita el empoderamiento organizacional, y que hace destacar al estático y al mediocre”. Es una de las consecuencias de que la democracia (poder o gobierno del pueblo) ha degenerado en partidocracia (el poder de los partidos). Como en nuestra sociedad -y Meaño-, blanco y en botella, tal cual.
  


domingo, 18 de junio de 2023

 

OS ESCARAVELLOS E A MÚSICA TRADICIONAL VENDEN “PURO MEAÑO”

           

Dous xeitos de vender Meaño con orixinalidade e elegancia son os amosados este fin de semana. Dunha banda a “VII Concentración de Escaravellos do Salnés”; e doutra, o “XX Encontro coa Música Tradicional”, que estivo seguido da “I Foliada da Penaguda”. Unha vez máis ponse en evidencia que os eventos, cando se organizan con agarimo, nótase, e moito. Isto só é posible cando se implican colectivos sen ánimo de lucro (nen político), que saben tratar os detalles para poñer a Meaño no escaparate.
Todo é posible grazas ao empeño da asociación “Escaravellos do Salnés”, impulsado por dous namorados de Meaño, como son Manuel Lage e Jesús Pazos; e da asociación cultural Penaguda en Dena, un colectivo con máis de 30 anos ás costas, e que é (ou debería ser) todo un orgullo para Meaño, polo seu labor encomiables d mie manter a bandeira da música tradicional en Meaño, con mestres como Pichi ou Roberto Sotelo. 

“Plaga de escaravellos”
O dos “escaravellos” é un fin de semana, con dúas xornadas (sábado e domingo), que trouxeron a 130 personas que chegaban a bordo de autos “escaravellos”. Por un momento, coparon coa súa caravana de 60 vehículos do mítico Volkswagen as estradas de Meaño, Sanxenxo e subida a Armenteira.
O sábado, tocaba a recepción no Bar Lage, e logo xornada na illa de Ons, cea e noite no hotel Nuevo Astur en Gondar. Unha cea onde, entre os sorteos, procedeuse, ao dun vehículo escaravello, auto de época de 1990, matrícula de Madrid, en perfecto estado e que, nesta ocasión, viaxa para Oviedo. E é que unha das participantes nesta concentración, presente no salón, foi que mercou o boleto que 5.394, que resultou o agraciado.
Logo, hoxe domingo, caravana por Sanxenxo, Areas, Raxó e subida por Samieira rumbo ao mosteiro de Amenteira, cadedral do Salnés. Alí agardábaos una visita guiada, e logo regreso polas estradas meañesas rumbo ao Nuevo Astur, para degustar un xantar de despedida.


Un escaravello chegado desde Oviedo, outro desde León e, engadido, preto dunha vintena de portugueses. Entre os participantes, o máis veterano, o pontevedrés Valentín Fariña, que chega conducindo o seu “escaravello” aos seus 83 anos. En canto a vehículos, un dos que chamaba a atención pola singularidades, era un “escaravello-buggy”. Que a paixón por este vehículo desborda fronteiras, amén la procedencias, plasmábase no feito dun “escarvello” do ano 1969, que chegaba de man da parella conformada por un peruano e unha libanesa. Modelos de todas as épocas, memo dúas furgonetas da saga e algún de última xeración dun vehículo mítico, que nacia nos anos 30 na Alemaña do III Reich, concebido como un utilitario cada de acadar entonces os 100 kms/hora.
 

Grupo de música tradicional da Cultural Penaguda (Dena)

Encontro coa Música Tradicional
Pola súa banda, a música  tradicional reivindicábase en  Dena co seu “XX Encontro de Baile e Música Tradicional Galega”, organizado pola asociación cultural Penaguda. Celebrábase na noite do sábado na pista polideportiva ao aire libre -outrora pavillón de deportes-, inmediato á coñecida como “alameda dos Colexios” en Coirón-Dena. Unhas 150 personas poboaron a grada para asistir á actuación dos tres grupos participantes. Sobre a cancha de formigón, a quenda de arranque foi para a anfitriona “Penaguda” de Dena que, cos seus gaiteiros y danzaríns, interpretaban a “Muiñeira Sabaxáns”, “Muiñeira de Cascás”, a “Xota cruzada de Pazos de Borbén”, a “Cantata de Rodeiro” e a “Xota de Santa Comba”. Unha cantata, a de Rodeiro, onde o xoven e novo grupo de pandeireteiras de Penaguda actuaba por primeira vez en público. En canto aos músicos de Penaguda, éste estaba integrado un quinteto, con tres gaitas, bombo e tamboril, onde mesmo  asomaba para algunha desas pezas o saxo soprano de mans de Antonio Prieto, presidente, gaiteiro e integrante tamén da orquestra folk viguesa “SonDeSeu”.


Benxamíns de Cantodorxo

Logo, foi a quenda das formacións “Os Gatiños” de Portonovo e a asociación cultural “Cantodorxo”, de O Grove, esta última a máis numerosa e que exhibiu unha nutrida canteira. Para rematar, de novo unha última peza de Penaguda, onde o grupo de danzaríns maiores, fixeron partícipe ao público, sacando cada quen a unha persoa da grada a bailar. En total, o encontro congregou así a uns 75 músicos e bailaríns de música tradicional.
 

Proxecto Balea na Foliada da Penaguda


A foliada

Logo, metidos xa de cheo na noite, empezaba a “I Foliada da Penaguda”, unha iniciativa que ofreceu algunhas das mellores estampas do evento, se ben a maioría do público perdeuno ao entender que o mellor do encontro estaba rematado. Así, entraron 16 gaiteiros e 6 percusionistas, aficionados de todas as idades na cancha, na súa maioría precedentes do Morrazo, unidos en torno ao Proxecto Balea, unha iniciativa de mestre Roberto Sotelo, profesor de gaita en Penaguda e diversas escolas do Morrazo. Baixo a súa dirección, e apoiado en dúas baquetas percusionadas, xuntos fixeron sonar ao tempo os seus instrumentos inundando con seus sons toda a contorna. Se o perdeches, nos estábamos alí para recoller este intre, que compartimos contigo aquí no seguinte vídeo;:




Un dos veteranos de Proxecto Balea, Manuel Torres, gaiteiro de 72 anos e que chegaba de Cangas. A súa adicación foi tardía: “de rapaz non podía -explicaba- porque había que traballar, pero a min a gaita gustoume de sempre”. “Empecei a tocala fai 16 anos -agrega- a razón de dúas horas por semana, e este mundiño engachoume… Engánchanos a todos”.

“O mundo da foliada -explica Manuel Torres- ten moito seguimento no Morrazo, é unha tradición que nunca se perdeu e que mesmo está reactivándose, pero aquí -en relación a la comarca arousana- non tanto”. “Alí -por o Morrazo-, temos foliada este martes, logo o 24, e despois o 25… E cando entramos no verán hai foliada, día si e día tamén”. “Nestas quedadas -agrega- a xente ven, canta, baila, e mesmo as vellas bailan xa fóra cando escoitan a gaita, porque ésta é un música que non ten idade, os pes van detrás da gaita”.
Penaguda e foliada poden maridar para abrir un filón que explorar para potenciar vender Meaño ao turismo. Ideas e imaxinación, aínda sen cartos (na nosa administración local pasa exactamente a inversa).

GALERÍA DE FOTOS













domingo, 11 de junio de 2023

 ***In memoriam

“CÓNTAME OUTRA HISTORIA”

Frorece a primavera mentras a vida váisenos gastando polos currunchos. Pinca a pinca, pero incesante, estásenos indo toda unha xeración. En falta nós botamos xa esas historias que se levan no peto, os relembros dun tempo esmorecido, onde no rural meañés -co arquivo municipal do concello queimado en 1946-, os maiores eran esa historia viva que se nos escapa. Entre eles, a memoria de Aida (Lage Ferreiro) que nos deixou na parroquia de Meaño aos nove días de ter entrado a última das súas 91 primaveras.

Sinto que escribo tarde, pero era unha misiva á que debía na ánima por ese vínculo invisible que fumos tecendo. Coa súa prodixiosa memoria e con inusitada paciencia, siña Aida legounos retazos dos albores da Guerra Civil na parroquia de Meaño, da queima do concello no Outeiro, do mundo das escolas unitarias do réxime, das lendas do alén, do motín dos montes (1953), da vella feira de Meaño, incluso dalgún crime no seo familiar que conmovera Meaño nos anos da ditadura.


Ela era unha desas entrañables cronistas do pasado á que acudiamos cada vez que queriamos tirar dun fío para escribir. Parlotear unha tarde improvisada con siña Aida era un desos oasis emocionais. Ao despediamos, sempre tan pulcra, ata. se congratulaba por facernos partícipes duns relembros que sigñificaba tanto para deixar testimuña documental. Sabiamos que aos seus anos, en calquera recodo, a vida faríanos un desos acenos amargos.


Grazas polo compartido, grazas por facernos mellores, grazas por ensinarnos de xeito silandeiro a valorar co corazón. Grazas a ti, a esos maiores aos que sempre estades aí para axudarnos: a Pepe de Rial, a Manolo de Agís, Olegario, Silvina, Fina en Xil, siña Luisa en Cobas…Como dícía a canción: “papá (ou mamá), cuéntame otra historia”.
 


domingo, 4 de junio de 2023

 ***Información-opinión

Resultados por parroquias


Os resultados das eleccións municipais 2023 en Meaño foron unha sorpresa para todos. Para os que perderon e ata para os que gañaron, por canto, por un momento, mesmo acariciaron o noveno edil.
Veciños de Meaño gañou de xeito rotundo, recabando o 57% dos sufraxios emitidos, isto é, 1.964 votos, polos 1.461 do resto dos partidos xuntos. O resultado, maioría absoluta para gobernar ás anchas durante a lexislatura que arrancará a mediados de xuño.
Nos medios de comunicación ou en internet, o lector tería visto os datos das eleccións por municipio. Pero desde aquí imos máis alá, e servímoslle a continuación os resultados por cada unha das sete parroquias do municipio.


Resultados por parroquias
 
Unha vez máis cumpliuse aquela sentencia que Jorge Domínguez confesaba fai tempo: “un alcalde, por moi mal que o faga, polo feito de presentarse de novo ás eleccións garantízase recabar 1/3 dos votos”. Partindo desa premisa, Carlos Viéitez mellorouno con creces. Para este resultado, entraron en xogo varios factores: por unha banda -o máis importante-, un investimento económico descomunal, o nunca visto ata do de agora nas eleccións municipais de Meaño, non escatimando absolutamente nada en marketing para a suxestión da masa (e saltándose todos os límites de gasto que fixa a norma). Por outra, un amplo equipo de traballo, eficaz no seu labor, non só de campaña e control sobre a cidadanía, senón tamén como correa de transmisión do candidato, máis dos poderes fácticos nos que se ampara, poñendo en práctica pautas que nos retrotraen ao modelo caciquil da España de fins do s. XIX. E un terceiro factor: o voto do medo, o da papeleta marcada pola doblez, o do acarrexo de votos o 28-M. Cada voto contaba moito, e Veciños pelexou cada un, baténdose casa por casa ata límites que superan a ética democrática baseada na libertade


Que dicir das outras formacións políticas? O
PSOE desaparece da corporación (e así o entende a inmensa maioría) pagando aquel sonroxante pacto de facto que lle dera en 2019 a alcaldía ao PP de Viéitez, e o compadreo -cando non a loa- que se evidenciou nos plenos durante toda a lexislatura. En 2019, o PSOE meañés decidira inmolarse. Catro anos, despois recolle o froito. Témome que esa penitencia irá máis alá destos catro anos. Ao tempo. O PSOE, en 2019 renunciou mesmo a unha alcaldía que M.I. servíalle en bandexa de prata, unha oportunidade que nunca tivera a esquerda en Meaño, pero que o PSOE rexeitou. Hai trens que só pasan unha vez na vida. E este non voltará.
Meaño Independiente? A baixada de votos evidencia que M.I. tocou o cumio en 2019, quedándose entonces a tan só a 112 votos do PP con Carlos Viéitez. Agora, en caída, só lle toca diluirse ou afrontar o futuro baixo outra fórmula. Todos saben que “independentes”, é un lugar de paso (incluido agora para Carlos Viéitez).


Pola súa banda, o PP pagou que a Provincial deixara pasar o tempo de xeito tan infrutuoso como exasperante, como agardado a chegada dun “mesías” que, quen máis e quen menos, sabía que non ía aterrar. O “Deus proveerá”, non ten nada que ver co rural meañés, e a máis tempo pasado, máis terreno capado por Veciños, mentras o PP semellaba morrer por inanición. Agotadas unhas vías e non exploradas outras en tempo, a Suso Sueiro non lle quedou outra que salvarlle os mobles ao PP. Aínda que traballando de arreo a contrarreloxo, lamentou o chegar moi tarde a escena.

En canto ao BNG que, por un momento, semellaba ilusionar en pre-campaña arrancando antes que ningún, acabou amosando que o galgo non tiña folgos para unha carrreira de longa distancia. Ao final concurriu cun programa estándar que podía ser común a calquera concello de Galicia, unha enumeración de xeralidades, que para nada calou no electorado, sen unha proposta de actuación concreta para Meaño.

Na democracia “el sueño de la razón (tamén) produce monstruos”: Mussolini, Hitler, Perón, Jesús Gil, Trump… Todos chegaron ao poder mediante a vía electoral. No xeito de control, que aúna un cóctel de falso paternalismo, marketing e medo, todos se semellan. Este tamén. A chamada á "concordia e unidade", que foi a mensaxe institucional de Carlos Viéitez tralas eleccións -máis aínda tralas de bombas de palenque da noite electoral- soan vacuas nel, evocando máis ben aquel "una grande y libre" (nen grande, nen libre). Aquí é o que toca. 



jueves, 25 de mayo de 2023

***Opinión

Cuestión de conciencia


Esgotamos o tempo para poder voltar a ser realmente libres no Meaño que nos toca vivir. E ser libres ten o seu prezo, manterse erguido ante os vacíos e as presións resulta duro. Hai quen opta por dar un paso a un lado e afastarse. Nós seguimos incólumes, como nos ensinaron os maiores de ben, a ser educados, a non mentir de xeito deliberado.
Mark Twain escribiu “a conciencia é o peso máis grande que o ser humano pode arrastrar durante o resto da vida” ("Un ianqui na corte do rei Arturo"). Penso que, á hora de mentir, os políticos non teñen conciencia, mentras braman nos mítins mentiras edulcoradas, arroupados polos palmeiros que completan o marco para suxestionarte (“a suxestión da masa” de Gobbels na Alemaña nazi, do que logo deixamos unhas perlas).


Toca sentirse en paz con un mesmo. Compre que saiba, asiduo lector, que o emprego do lema “Traballo e realidades", por parte da formación Veciños de Meaño, foi posto en escena no Nadal con fondos públicos. Un eslogan que sobrepasa o ético para ser susceptible de entrar no eido legal. E é que “Traballo e realidades” foi o lema anunciado na portada dos calendarios do pasado Nadal, publicados polo concello, onde na portada aparecía o rexidor Carlos Viéitez investido como cofrade na Festa do Viño. Logo, a primeira parte do calendario estaba reservado a publicitar as obras municipais ante o ano electoral, deixando as migallas da segunda metade do ano para as asociacións.


Portada do calendario, co lema a esquerda baixo a imaxe do rexedor


O pasado mes de marzo facíase público en pleno (ver videoacta de pleno web municipal) un reparo da secretaria municipal en alusión á maquetación e impresión de 1.500 calendarios de 14 páxinas, e que tivo un coste de 3.521,10 euros, abonados polo concello. No devandito reparo, textualmente reza: “a portada dos calendarios considérase que excede o que se pode considerar publicidade institucional, entrando no ámbito dos logros dunha persona que encarna un órgano de goberno, a alcaldía, realzando a súa imaxe”.
Daquela carecía de valor o lema “Traballo e realidades”, ata que, agora si, vóltase a a empregar como eslogan oficial en campaña por parte da alcaldía para o súa agrupación política. Un diñeiro público que se empregaba en Nadal para lanzar o que logo sería lema de campaña de Veciños de Meaño. Unha mágoa de utillización de diñeiro público para un fin partidista.


*********************************

OS PRINCIPIOS DE GOBBELS (Alemaña nazi)
Principio de progapanda:A propaganda debe limitarse a un número pequeno de ideas y repetilas incansablemente (…). Se unha mentira se repite suficientemente, acaba por convertirse en verdade”.
Principio de verosimilitude: “Construir argumentos a partir de fontes diversas, a través dos chamados globos sondas ou de informaciones fragmentarias”.
Principio de esaxeración y desfiguración: “Convertir calquera anécdota, por pequena que sexa, en ameaza grave”.
Principio de simplificación e inimigo único: “Adoptar unha única idea, un único símbolo. Individualizar ao adversario nun único enemigo”.
Principio de transposición: “Cargar sobre o adversario os propios erros ou defectos, respondendo ao ataque con ataque. Se no podes negar as malas noticias, inventa outras que as distraian”.
 
Curioso, verdade?
 
 
 
 


miércoles, 24 de mayo de 2023

conversas.com

José Manuel Aspérez Montes
Candidato de M.I. á alcaldía de Meaño

De forma consecutiva, e por terceira vez, José Manuel Aspérez repite como alcaldable por Meaño Independiente. É a cara máis asidua das cinco á cita do 28-M. Na súa facenta profesional rexenta desde fai anos unha xestoría contable en Sanxenxo. Engadida, está a súa labor de máis dunha década adicada ao club Asmubal Meaño de balonmán. El asumiu a presidencia para restacar esta entidade da deriva económica. Desempeñou o cargo ata 2015 en que deu o salto á política, aínda que, desde aquela ,segue ligado ao clube como membro da Xunta Directiva.

Esta é a cuarta a última entrevista da serie, toda que o alcalde e candidato por Veciños de Meaño, Carlos Viéitez, declinou participar. Neste tempo fixémolo partícipe a el e ao círculo próximo, das mesmas preguntas que formulamos aos demáis candidatos, e que mesmo podía contestar por escirto e remitir por vía correo-e, para compartilo contigo desde este portal. Tampouo participou no debate público da canle de televisión Rías Baixas, nen accedeu a facelo no encontros “A Cova do Trasno” da asociación G.A.M., en que o público podía preguntar a cada candidato. Visto o visto, o seu é un alarde de diálogo e capacidade de representación. 

“O VOTO A M.I. É O ÚNICO ÚTIL PARA DESBANCAR A CARLOS VIÉITEZ DA ALCALDÍA” 


Faga un balance da lexislatura que vimos de rematar. No plano político: que se pode recoñecer como mérito do actual alcalde e que se lle pode reprochar?
De cara aos veciñ@s, mérito ningún. O único que se lle pode atribuir é o de conseguir que o PSOE, coa súa postura nas votacións, o fixeran alcalde, que lle aprobaran o salario e, a cambio, que o PSOE obtivese un representante na mancomunidade. E ao longo de toda esta lexislatura logrou aprobar todo o que quixo sen ter maioría, grazas a repetida abstención do Partido Socialista. O reproche máis evidente é a súa falta de xestión económica cunha política caciquil, pensada só para os amigos, cortoplacista, sen miras de futuro, onde el non toma as decisións, xa que boa parte delas véñenlle impostas dende fóra, de esa xente externa que é quen, de verdade, controla este goberno local
Que o moveu a dar o paso para volver a encabezar a lista?
Por unha banda, o apoio e alento recibido dende os veciños. E, por outra, o análise dos resultados obtidos na anterior campaña, na que consolidamos un ascenso dun 30% dos votos obtidos con respecto ás eleccións do 2015, que ademais apuntaban a que Meaño pedía un cambio no goberno, e que finalmente non se produciu. Toca voltar a intentalo, máis que nunca, para poder pasar páxina sobre unha lexislatura para esquecer, onde urxe un cambio de xestión e de talante na alcaldía.


José Manuel Aspérez con su mentor Pepe Varela, en el mitin de Simes


Do seu programa electoral: destaque tres liñas de actuación e un par de obras.
En infraestruturas ou equipamentos, concurrimos coa proposta de recuperar o espazo da antiga Farmacia de Dena, para convertila nunha gran plaza pública, e para iso acadamos un acordo coa propiedade; solicitar a Pousada de Cobas para o uso municipal, mesmo como Centro de Día; a construcción dun multiusos, as aceras en Xil para comunicalo con centro de Meaño… En Educación, Cultura e Deporte: promoción de eventos deportivos, intercambios culturais, xestión interconectada das bibliotecas, apoio as asociacións culturais e clubes deportivos con convenios, etc. No ámbito social: un novo Centro Social, apertura Escola Infantil 0-3 anos, durante todo o ano, novos comedores escolares con prazas que den cobertura a todas as solicitudes, eliminación listas de espera no servizo de axuda no fogar, loita pola Sanidade Pública… En Medio ambiente: separación das augas pluvias, servizo periódico porta a porta de recollida de voluminosos, control da capacidade da EDAR e das verteduras á ría así coma o saneamento desta.


Que actos lles quedan por diante?
A día de hoxe (por mércores, día 24), quédanos o peche de campaña, nun mitin que terá lugar mañán xoves, día 25, no salón “Os Miniños” en Coirón-Dena. Será ás 21,30 horas, e convidamos a todos os meañeses e meañesas que ansíen un cambio, a que veñan a este acto de Dena, coñecer a nosas propostas e a empurrar por un cambio que transformará Meaño
Nas eleccións a cidadanía elixe a corporación, que non o alcalde. Elexir o acalde corresponderalle á corporación: Presentará vostede a súa candidatura a alcaldía, en caso de acadar posición na corporación? En caso de non cristalizar alianza previa: presentará vostede candidatura a alcaldía independentemente do número de concelleiros que teña a súa formación?
SI, sempre e cando saiamos elexidos, presentaremos candidatura á alcaldía.


José Manuel Aspérez con su lista de Meaño Independiente

En caso de que non haber maiorías absolutas: por onde van os posibles pactos? Que alianzas baralla de partida e que outra rexeitaría?
Nós traballamos para formar un goberno forte, que poida aplicar e cumprir o noso programa, ou, cando menos, a inmensa maioría del. Convidaría ao lector meañés a unha reflexión: Meaño Independiente é o único grupo que falou e fala claro: nunca pactaremos para facer alcalde a Carlos Viéítez, esa é a nosa liña vermella. En cambio, estamos abertos a acadar un acordo dialogado co resto dos grupos. Pero esos outros non se mollaron, nen o fan hoxe, coa súa posición. O hipotético votante que esté pensando en decantarse por PP, PSOE ou BNG, debe ser consciente: poden estar votando, na práctica, a Carlos Viéitez, porque logo ese partido pode apoiar ou absterse para facilitar a súa investidura. Xa ocurreu así en 2019: lembran a posición do PSOE? Nen eles mismos querían coller daquela a alcaldía. Este ano pode voltar a suceder un capítulo esperpéntico como aquel. Por iso, se queren acabar cos desmáns o co abuso caciquil de Carlos Viéitez, pedimos que concentren o voto en M.I.  Nós damos garantías plenas sobre esa postura. Os demáis móvense a dúas augas, e farano chegado o caso. Cabe pensalo un chisco: o voto a M.I. será o único verdadeiramente útil para un cambio real en Meaño.
 
 


martes, 23 de mayo de 2023

 conversas.com

Pablo Portas Ucha
Candidato do PSOE á alcaldía de Meaño

Natural de Simes, Pablo Portas Ucha asume ser o candidato a alcaldía polo PSOE de Meaño. Unha lista la socialista con cuenta en el número 2 con Icía García, quien fuera ya alcaldable  por esta formación en 2015; en el nº 3, Sonia Arosa, en el 4 Guillermo Fernández y en el 5 Ana Cores. A partir de ahí le siguen, por este orden, Marta Prado, Amancio Varela, Raquel Pazos, Ana Belén García, Fernando Mayo, Ángel Meis, Alejandro García y Sandra Martínez.

“PROPOÑEMOS A POSTA NO MERCADO DE ALUGUEIRO DE CASAS BALEIRAS”

Faga un balance da lexislatura que vimos de rematar. No plano político: que se pode recoñecer como mérito do actual alcalde e que se lle pode reprochar?
Foi unha lexislatura perdida. Diría que se caracterizou por unha xestión ineficiente dos recursos e por unha visión cortoplacista á hora de traballar. Non se tomaron medidas de calado pensando no futuro de Meaño, en frear a perda de poboación, ou en mellorar os servizos públicos. Ademais, hai plantillas cun persoal que está lexos de ser suficiente, como acontece coa Policía Local ou o Servizo de Asuntos Sociais. Sorte de ter contado con máis diñeiro ca nunca da Deputación para obras e actividades culturais. Daríalle o mérito do peche do palco na Praza do Concello, pero sei de primeira man que tal mérito reside no esforzo da directiva da Banda de Música, especialmente da súa presidenta.

Que o moveu a dar o paso para encabezar (ou volver a encabezar) a lista?
O grupo que me rodea, a ilusión por conseguir que a xente nova poida vivir en Meaño se así o desexa ao decidir independizarse, a motivación por reclamar e axudar a garantir a mellor atención e os mellores coidados para a xente maior, querer construír un concello moderno no que sexa doado conciliar, formarse, divertirse… A clara convicción de que Meaño ten potencial para moito máis, e o non querer resignarme a que siga quedando atrás respecto a concellos veciños.


Lista do PSOE na área recreativa do Muiños de Ferreiro en Lores


Do seu programa electoral: destaque tres liñas de actuación e un par de obras ou actuacións concisas; non empregar máis de 8 liñas nesta resposta; resalte o que queira.
En infraestruturas, hai que reclamar á Xunta para Meaño un Centro de Día, ou estudar a posibilidade de contar con un de xeito mancomunado con algún concello veciño. Debemos modificar amplamente o PXOM para darlle seguridade xurídica a particulares e empresas e para poder ampliar o parque de vivenda no concello. Incentivaremos a posta no mercado de alugueiro de casas baleiras, axudaremos a ser competitivos aos nosos comerciantes na medida en que o precisen, e promoveremos o emprendemento en Meaño. Acercaremos actividades de ocio para todos os públicos a todas as parroquias, previo acondicionamento térmico e acústico das Casas de Cultura, e crearemos un Plan Cultural que garanta unha programación ao longo de todo o ano. E por suposto, estaremos sempre ao carón de todas as entidades culturais e deportivas de Meaño.
Que mítines lles quedan por apurar nestos últimos días?
Agora pola noite (por martes 23 de maio) ás 21 horas estaremos na Casa de Cultura de Lores. E mañán mércores (por día 24) pecharemos na terraza exterior do Muiño da Chanca en Dena, as 21 horas.


Coa presidenta da Deputación en Dena

Nas eleccións a cidadanía elixe a corporación, que non o alcalde. Elexir o acalde corresponderarlle á corporación: Presentará vostede a súa candidatura a alcaldía, en caso de acadar posición na corporación? En caso de non cristalizar alianza previa: presentará vostede candidatura a alcaldía independentemente do número de concelleiros que teña a súa formación?
Estamos centrados en conseguir un bo resultado, que nos faga fortes e nos permita, con garantías, protagonizar o cambio que precisa Meaño.
En caso de que non haber maiorías absolutas: por onde van os posibles pactos? Que alianzas baralla de partida e outra rexeitaría?
Hai tanta incertidume nestas eleccións que creo sinceramente que ninguén está centrado en botar contas e aventurar pactos. Correría o risco de perder un tempo valioso que nós estamos empregando en presentar á veciñanza un proxecto ambicioso, sensato e necesario para o cambio, que ten que darse.