DOMINGO DE ENTROIDO
Algúns
concelleiros que temos
parecen
titiriteiros,
bailan
cando empeza o xefe
a tocárlle-lo
pandeiro
(En alusión á festa do Miragres, patrona
do concello):
Ocúpanche
postos de honra
en tódalas
misións,
nas misas
primeiro banco
e despois
tra-lo pendón.
En Meaño
hai moitos rollos
con isto
das asociacións,
a unhas
ben as axudan
e a
outras nin patacón.
Domingo
de Entroido, pero non se engane o lector. Estas copliñas de escarnio que acaba
de ler arriba son da comparsa de Meaño, ano 1993, que organizaba a Asociación
Cultural e Deportiva G.A.M., e que foi última do seu xénero que existu no
municipio de Meaño, saíndo á rúa en Entroido en tres anos consecutivos: 1991,
1992 e 1993. Por entonces ía para alcalde Jorge Domínguez. Certo que o contido
das copliñas de arriba ten rabiosa actualidade hoxe, máis que nunca: ou non?.

Folletos dos tres anos de historias de comparsa do GAM
Entresacamos
algunhas copliñas máis da política municipal daqueles anos. Explicamos o
contexto. Ano 1991: Germán Rodiño repetiría como candidado do PP ás eleccións
municipais que tocarían en maio dese ano, e sabíase que Jorge Domínguez, entonces funcionario das oficinas munipais do consitorio, ía presentarse por primeira vez ás
eleccións como independente. E a copla adicada, dicía:
Preséntase
un escribinte
que foi
posto por Germán,
agora
vai para alcalde:
xa lle
chaman "o caimán”.
Noutra
copla, reprochábaselle ao alcalde Germán Rodiño ter empregado un auto do concello
para a súa vendima particular, e que algúns veciños empregados do concello foron
botarlle unha man na viña, polo que a comparsa cantaba en alusión ás uvas:
Acarrexounas
no Land-Rover
que deu
a Xunta ao concello,
a man
de obra foi gratis
pagámola
sin querelo.
Ano
1992. A comparsa do GAM facíase eco nas súas coplas do paso autovía
que polas terras de Meaño. A copla rezaba:
Di o
alcalde que da autovía
hai que
aproveitarse agora,
e antes
quería tirarse
con nós
diante da paleadora.
E,
sobre a remozada praza da Feira, xa rematada, a comparsa cantaba en alusión ao alcalde:
Mira
que fixo unha praza
que manda
moito carallo
para
que poidan poñerlle
a estatua
del a cabalo.
(agora o que poñen nas prazas "obras de arte", je, je)
E ano
1993. A comparsa do GAM comentaba na súa historia, o conflito coa ponte que se
viña de construir en Pereiras sobre a vía rápida (que levara consigo unha
protesta veciñal que parara as obras durante tres días), queixándose de que que iso
supuxera modificar a altura a estrada Meaño-Dena que, nese punto tivo que
elevarse (tal e como ocurriu) para pasar por enriba da actual autovía. As
coplas referían con retranca:
En
Pereiras, na autovía
fixeron
unha gran ponte,
para
cagar de alí en baixo
e non
ir cagar ao monte.
Os
veciños protestaban
que era
moita alta a cagada,
e o
alcalde dícía pa dentro:
“eu
total boto a mexada”

A falta de imaxes da comparsa, aquí foto de familia da asociación GAM en 1996 con motivo da Carreira Popular de Meaño
Cousiñas
que entonces podían cantarse, tirando de retranca e cachondeo. E hai que dicir
que aquel alcalde nunca se enfurruñou. É máis, cando a comparsa deixou de facerse,
o propio rexidor dicíanos in situ, cando viñamos de estrenar local de vella
Cámara Agraria: “tendes que facer outra vez a comparsa para criticar ao alcalde…
E eu serei o primeiro a ir a cantar con vós, pero non me dedes moita caña”.
Hoxe
sería impensable cantar cousas así do actual alcalde. Armaríase a de San
Quintín! Golpes na mesa, xurando por doquier a grito, imaxinan? Esta política meañesa ten máis crispación e menos
humor. Un pouquiño de cachondeo carnavaleiro, por favor!

A falta de imaxes da comparsa, aquí foto de familia da asociación GAM en 1996 con motivo da Carreira Popular de Meaño |