conversas.com
Rosana Domínguez Rey
Concelleira do BNG na corporación meañesa
Nada
na localidade meañesa de Padrenda e aos seus 33 anos, é recoñecida socialmente
polo seu labor de soprano e clarinetista da Banda Unión Musical de Meaño. Cursou
a licenciatura de
Música Antiga polo Instituto Politécnico de Porto (Portugal), e desde 2011 é soprano
no Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia. Un eido musical que combina ca sua
faceta profesional como como mestra de Educación Primaria. En xuño de 2023,
veuse proclamada como edil del BNG ante a renuncia do número 1, Diego Rosal,
que non aceptou a acta, condicionado polo seu labor como meste de percusión da
Escola de Música Municipal que se temía dera lugar a situación de incompatibilidade.
Nos plenos, serena, sen alterarse, evita cair no fragor dialéctico que ás veces
se lle ofrece, pero sen deixar pasar ocasión para fiscalizar á alcaldía,
erixíndose na voz que gaña protagonismo a cada paso desde a oposición.
“ESTE ALCALDE INVISTE MOITO EN ASFALTO E POUCO NO SOCIAL”
Como está resultando a súa estrea na política, exercendo
como único edil de portavoz do BNG?
Moi positivo. Ofréceme a ocasión de propoñer ideas nos plenos e loitar
desde aí contra as inxustizas: a situación de Centro de
Saúde de Coirón, a desprazamento de lingua… Estar aí, implica unha
responsabilidade falando como representante dun grupo, pero noto que o grupo
acompáñame, arroupame e non me sinto soa. (Na foto, á dereita na versión web, Rosana Domínguez)
Con dous anos de edil: que ámbitos da veciñanza
meañesa ve máis descoidados por parte do actual goberno local?
O servizos públicos sociais e o rural. No primerio non se avanza na
conciliación, o Centro Rural Polivalente de As Covas para os maiores segue como
fai décadas, sen melloras, co problemas de persoal, mesmo con peches, a Escola
Infantil veu recortar o seu horario… Este alcalde, amparado na súa maioría, non
se está poñendo ao carón dos veciños e veciñas. En canto ao rural falta
planificación nos desbroces, no coidado de espazos…
Poña algún exemplo que ilustre o que di.
O último, o asunto da sanidade coa ausencia do médico no Centro de Saúde
de Dena. Cando iso ocurríu en Meaño no Centro de Saúde de As Covas, Carlos
Viétiez estaba fóra do PP pola expulsión. Daquela convocou unha concentración
para aparecer el detrás dunha pancarta en defensa da sanidade pública. Agora,
unha vez volto ao curro do PP, e tal como está a situación en Dena, non fixo
unha soa xestión para solucionalo, e moito menos posicionarse en defensa da
sanidade pública como entonces. Outro exemplo é Altri: cando presentamos unha
moción de rexeitamento para a instalación desta empresa en Galicia, non apoiou ese rexeitamento, sabendo que ía
contra os veciños, pero el púxose de perfil e agachouse, como adoita facer…
Mentras, outros alcaldes do PP foron máis coherentes, e mesmo apoiaron ese
rexeitamento a Altri, pero Meaño non.
E no rural, que vostede comentaba?
Un exemplo: en Vista Alegre en Cobas hai un muro caído, que lle levamos
recordando fai tempo… Vai para dous invernos que está así. No urbano non pasaría.
,%20toma%20de%20posesi%C3%B3n%20-%20copia.jpg)
Rosana Domínguez en 2023, cando a toma de posesión da praza de edil
Cómo valora o goberno local e a xestión de Carlos Viéitez?
Como un alcalde que, de partida, rexeita toda proposta da oposición, que
goberna sen equidade, atendendo aos que si o votaron, e rexeitando todo aquel
que non foi voto seu. Un alcalde que, ademáis, non respecta a
institucionalidade: non garda a periodicidade dos plenos, identifica actos
institucionais como actos do goberno, e así non convida a oposición á
inauguración da Festa do Viño, ao 25-N contra a violencia de xénero…
E en canto á xestión dos plenos: como valora ao rexidor?
Nos plenos o trato do alcalde é correcto, pero evita o
debate político… E cando a cousa se vai e man e queda sen argumentos, perde os
papeis. Critica que nós facemos política, por suposto que o facemos, e
argumentamos o que propoñemos.
,%20toma%20de%20posesi%C3%B3n%20-%20copia.jpg)
Pensa que vai haber presupostos este ano?
O alcalde di que si, pero eu xa perdo a esperanza. E iso
que é un documento que, tendo maioría absoluta, non tería problemas de que saia
adiante. Creo que a situación ten que ver cunha administración local que está
moi saturada porque o alcalde non da incorporado xente, e que nas decisións
políticas e nos investimentos este rexidor vai a salto de mata, sen un proxecto
real, a así vai facendo obras que moitas veces non respostan a necesidades
reais. Serva como exemplo o do pum-track de Dena, onde se invertiron 49.000
euros, e ao que non se lle quita partido algún, a todas luces era unha obra
innecesaria, estaba de máis. Este goberno inviste moito máis en asfalto que no
eido social, e iso estase a notar moito.
Cómo valora a Meaño Independiente e o papel de José
Manuel Aspérez no affaire da Mancomunidade que acabou por darlle a presidencia
ao PP?
José Manuel Aspérez rompeu o pactado, cando nós lle demos
representación na Mancomunidade. Lamento que coa moción de censura a
presidencia regresara ao PP, grazas a mudar o seu voto José Manuel Aspérez. Ese
cambio seu obedece únicamente a unha ambición persoal. O único bo foi que así
caiuselle a carauta, a asomou nel o PP. O líder do principal grupo de oposición
ao PP en Meaño, que é M.I., está a salario do PP na provincia como asesor de
presidente de Deputación, é algo que non se entende. Con isto da Mancomunidade
evidénciase que o do PP é unha feira.

Rosana Domínguez, primeira pola dereita, entre os concelleiros da oposición nunha foto de fins de 2023
Está condicionando iso o actual xeito de oposición de
M.I. nos plenos en Meaño?
Completamente, é un grupo moito máis tranquilo que na
anterior lexislatura.
Co retorno do Viéitez ao PP quedou diluido o papel do
único edil de PP en Meaño, antes na persoa de Suso Sueiro, e agora na de Mª
Cruz Vázquez.
Si, xenerouse unha situación surrealista. No tempo en que
estivo, Suso Sueiro fixo a oposición que lle correspondía (hasta abril de
2024), pero agora, con Mª Cruz Vázquez, o alcalde non lle da nin quenda de
palabra como grupo que é, antes dos plenos ela reúnese no despacho da alcaldía co
grupo de Veciños de Meaño, que é en realidade quen goberna, para arranxar alí
os votos. Mª Cruz Vázquez figura no Grupo Mixto, onde Suso Sueiro e nós
pactamos no seu día alternar a presencia en comisións, en cambio agora a
situación é que nunha comisión está a oposición, que somos nós, e na outra xa
non, porque a que figura é Mª Cruz Vázquez, que xa é do seu grupo. Por esta
razón pedimos esta edil deixe de figurar no Grupo Mixto.
