*** Opinión
Atomizadores
Como
cada ano por estas datas na comarca de O Salnés, área vitininícola por
excelencia, asistimos ao tratamento masivo de viñedos con tratamentos
fitosanitarios facendo uso en moitos casos de atomizadores conectados a cabezas
tractoras. Cantidades inxentes de produtos químicos, tóxicos e canceríxenos, son
vomitados de xeito indiscriminado á atmosfera, moitas veces a carón mesmo de
vivendas, centros escolares, zonas de horta e eiras de cultivo, deixando
contaminados, amén dos habitáculos, verduras, hortalizas e froitas que son
consumidas logo -ás veces no mesmo día- sen respectar os prazos de seguridade establecidos. A
irresponsabilidade de moitos aplicadores empregando atomizadores en días de
vento agrava aínda máis esta situación. Non só estamos a respirar os venenos
químicos dos productos fitosanitarios, algo peor, estámolos a comer cada día na
mesa sen sabelo, servidos directamente desde a nosa horta que criamos
“ecolóxica”.
Urxe
a actuación das autoridades sanitarias para deter este envenamento sistemático
e a adopción dunha normativa explícita que regule o emprego de atomizadores, impedindo
o seu uso preto de vivendas, colexios, parques infantís, hortas, ríos… a fin de
minimizar o seu impacto sobre a poboación, tal e como xa ocorre desde fai anos
noutros estados europeos. Desde a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de
Galicia só son quen de informar que existe un “código de boas prácticas” que o
aplicador debe coñecer e por en práctica, pero recoñecen carecer dunha ordeanza
que sancione o seu incumprimento. Para entendernos, é como se establecemos un
límite de velocidade nunha travesía pero sabemos de antemán que a garda civil
non nos vai sancionar por non respectalo. Urxe pois un regulamento nítido que contemple
sancións rotundas e a actuación decidida do Seprona e demáis forzas de
seguridade para velar polo seu cumprimento. Todo en pro de minimizar este
envenamento que vai dexenerar -si non o está facendo xa- no aumento do cancro
na nosa comarca. Imponse xa un estudo que empece a avaliar o impacto, ou non?.
Nota: Se queres deixar un comentario ou opinión pública sobre calqueira entrada deste blogue pincha na parte inferior da entrada onde se refire "comenatrios", pero se non te aclaras como facelo podes dirixilo directamente á seguinte dirección de correo electrónico fuenblanca@yahoo.es
Nota: Se queres deixar un comentario ou opinión pública sobre calqueira entrada deste blogue pincha na parte inferior da entrada onde se refire "comenatrios", pero se non te aclaras como facelo podes dirixilo directamente á seguinte dirección de correo electrónico fuenblanca@yahoo.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario