sábado, 24 de octubre de 2015

*** Opinión
En pleno

A actual corporación nunha imaxe de arquivo trala toma de posesión
Coleou durante os últimos días o abandono de Lourdes Ucha do pleno ordinario do 13 de outubro e a posterior convocatoria dunha sesión extraordinaria para o luns 19 na que dar conta dos pregos e preguntas que a oposición se negara a prantexar ante a ausencia da alcaldesa. Puido Ucha evitar ausentarse do pleno facendo un receso para valorar mellor o “motivo persoal” que acababa de xurdirlle? Precipitouse a oposición na petición dunha sesión extraordinaria para prantexar en quente na area os seus pregos e preguntas? Seguro que hai razóns das que se cargan ambos.
Non obstante, visto o visto nestas dúas sesións, os concelleiros deberían empezar a prantexarse distender o momento, normalizando o debate político desde o argumento, evitando o chascarriño estéril e mudando o rictus que en ocasións refrexan algúns rostros. E é que nesta lexislatura, polo que se ve, vai facer falla talante e moita cintura para saír airoso dos campos minados que cavan entre si independentes e populares.
Tamén por parte do público que agora enche a salón de plenos -acólito na súa maioría aos diferentes bandos- sería bo unha dose de moderación para conter xestos desaprobatorios ou incluso insultos mascullados polo baixo ante cada interpelación contraria. Un pouco de “deportividade” nestos asuntos non viría nada mal, tanto por uns como por outros. E é que na crispación -sobre todo se se enquista-, á longa perdemos todos. Conviría non esquecelo.
E voltando ao pleno. O extraordinario convocado para os pregos e preguntas costounos aos meañeses, cando menos, 1.040 euros en dietas. Sen entrar nas responsabilidades de cada quen, convirán conmigo que sería bo que todos se puxeran de acordo en algo e, cando menos, retornaran ese diñeiro aos veciños, poñamos por caso a xeito de doazón para emerxencia social, ou que?


1 comentario:

  1. Ese dinero ya lo donaron los independientes,no lo hicieron asi los q gobiernan

    ResponderEliminar