sábado, 8 de julio de 2017

*** Opinión
Pediatría na UVI

Unha verdade a medias en ocasións é a peor das mentiras. Nos últimos anos Meaño, como o resto de Galicia, ven padecendo a falta de pediatras en atención primaria. No noso caso, ante a baixa da titular desde fai dez meses no centro de saúde de Dena, o servizo vense parcheando entre médicos de familia e algún especialista de xeito ocasional. A resposta que esgrimen as autoridades sanitarias é a falta física de profesionais de pediatría, argumento referido ata por escrito por parte da xerencia do Sergas en Pontevedra cando a alcaldesa se interesou pola cuestión.
Desde logo algo non cadra, cando nun país como España, inmerso todavía na crise, e cunhas taxas de paro que no caso Galicia superan a 17 por cento (35 por centro en mozos), non hai xóvenes dispostos a estudar unha especialidade médica con déficit de profesionais e onde se presume, dados argumentos, que o paro non existe.

As razóns son máis profundas. Por unha banda, a Consellería non está abrindo o suficiente o número de plazas para a formación na especialidade e, por outra, unha vez rematada a súa formación, os profesionais decántanse por ofertas máis atractivas no tocante a salarios, pero sobre todo a horarios, que lles permitan ademáis conciliar vida laboral e familiar, o que moitas veces pasa por emigrar a países do entorno onde son máis valorados.
O que é reprobable é que, sendo conscientes das razóns que afogan o sistema, a administración non estea a facer o necesario para invertir a situación por ela creada. Isto lévanos a pensar se, en realidade, non existe un interese por liquidar a pediatría de atención primaria para relegala, como noutros países europeos, só a atención hospitalaria. É unha vella táctica por parte dos políticos a de deixar morrer un servizo por inanición: neste caso por falta de profesionais, noutros ofrecendo un servizo tan acotado ou depauperado que provoque a falta de demanda por parte dos usuarios. Unha vez logrado isto, xustificar a liquidación é doado, ata semella lóxico. Ou non?



No hay comentarios:

Publicar un comentario