O Estado contra min
Domingo de Ramos. Un bo día para traer aquí esta historia que acaba de trascender na semana. Unha desas para conmover, nunha loita desta traballadora contra dous males. Desde aquí, o noso alento para ela, e os parabéns por unha valentía admirable por defender a súa causa digna, contra vento e marea. A falta de empatía da administración local, que ven medrando desde fai un tempo en Meaño, debería convidar a unha meditada reflexión polas formas. Tocaría facer exame de conciencia. A Semana Santa poder set idónea para iso.
O TRIBUNAL SUPERIOR DE GALICIA OBRIGA AO CONCELLO Á
READMISIÓN DUNHA TRABALLADORA E O ABONO DO SALARIO DESDE O SEU CESAMENTO
O
Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestima o recurso presentado polo
concello de Meaño e obrígalle á readmisión dunha traballadora do Centro Rural
Polivalente, á que se lle cursou despedimento en maio 2019. Unha traballadora,
cuxa relación laboral co concello mantíñase desde o ano 2002, comezando polo "Plan Labora" na Escola Infantil 0-3 anos, para logo exercer como traballadora do
Servizo de Axuda non Fogar. E en 2006, coa apertura do Centro Rural Polivalente
da terceira idade, pasou a asumir o seu traballo como auxiliar de enfermería
cos maiores do municipio.
.jpg)
Centro Rural Polivalente en As Covas
.jpg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario