NINGUEN CONTARÁ A VERDADE (II)...
a O. P. A.
Pero nós, si. Outubro
de 2019. Tras o seu periplo sanxenxino, Suso Sueiro entra do PP e asume a encomenda
da provincial de presidir de Xestora en Meaño e reflotar o partido. Unha
encomenda cun retrogusto ponzoñento que se vía vir.
Ao
cabo, de xeito implícito, o encargo convertiuse naquel “laissez faire, laissez
passer” (deixen facer, deixen pasar), lema francés da economía de libre mercado,
que ben identifica ao PP. É dicir: “afórrate, non te movas, deixa pasar, nin
unha boa palabra, nin un mala acción”.
Todos
quietos. Pasado o tempo, á hora de procurar o candidato á alcaldía nas
municipais de 2023, o PP confiaba desde arriba en reconducir a situación co
retorno anticipado de Carlos Viéitez, ou que, do contrario, aparecería o alcaldable
per se, sen buscar. Era unha postura de inmolación. Agotado o prazo ao
límite, a Sueiro non se quedou outra que ser el o quen encabezara a lista e, sobre
a campana, evitarlle ao PP que Meaño fora o único concello de Galicia onde
o partido non presentara lista.
O
retorno de Viéitez agora, non foi como foi. A entente que o presidente
provincial Luis López vendeu, non foi tal. Coceuse exclusivamente entre
infanzóns do PP meañés e a cúpula do PP provincial, coa anuencia de dous baróns
comarcais de por medio.

En Meaño, Sanxenxo e Portonovo... ACTIVAte con Crespo
Por
abaixo só houbo dous encontros, e os dous informais. Así foron, e así o contamos.
O primeiro, nun establecemento hosteleiro de Vilagarcía, onde dous duques (ou
tres, ese dato se nos escapa) de Veciños de Meaño, sentencian o asunto coa frase
de “o PP somos nós”, é dicir, non se aceptará ningunha persona da xestora -nen a
Sueiro, por suposto- no PP de Veciños. É
dicir, non se ía realizar fusión algunha entre grupos, senón que aquelo era
técnicamente unha O.P.A. (que se diría en bolsa a unha Oferta Pública de
Adquisición) en toda regra.

No hay comentarios:
Publicar un comentario