domingo, 21 de junio de 2026

 

LITERATURA & MÚSICA TRADICIONAL EN DENA 

Benvida á estación estival co solsticio de verán onte sábado. Cadra cun fin de semana pleno de eventos meañeses. Uns, que xa teñen o seu tirón entre a masa, outros máis humildes pero con gusto, dignos de visibilizar a través deste particular Ventanuco. Facémolo de dúas de citas de onte sábado.

O público con Robert Cagiao na presentación en Libraría Musa

Musa e Robert Cagiao

En Dena, a nova “Libraría Musa” aposta por abrir libraría e Dena ao ámbito cultural, convertíndose nunha referencia para os amantes e curiosos da literatura. Non só mercar un libro, senón o lugar onde citarse con escritores ou esos eventos culturais a pequena escala que poden atopar nel ese espazo acolledor. E onte sábado ao mediodía, presentación e sinatura da novela “Cadea de favores” por parte do autor coruñés Rober Cagiao. Un thriller trepidante, con dous asasinatos na comunidade musulmá que impactan neste país: un cadavre na fachada da Praza do Obradoiro, outro, á mesmo hora, na Alhambra de Granada. Novela recomendable e ideal para este verán. Se te perdeches o intre, non deixes de pasar por Musa levalo no peto.


A libraría Musa con Robert Cagiao ao remate do acto
 
Pandereiteiros con Penaguda
E, pola noitiña, actuación na Praza de Ponte-Dena dos “Pandereiteiros de O Fiadeiro”, formación que chegaba de mans de Asociación Cultural Penaguda. Composta en Dena por seis voces masculinas -xénero menos habitual nesta disciplina-, acompañadas por variada instrumentación percutiva e melódica -máis gaita-, ofreceu un repertorio de pezas rescatadas entre as catro provincias galegas, froito do seu traballo de campo nos últimos 30 anos.


Pandereiteiros de O Fiadeiro no concerto en Dena


E tras o concerto, “serán” con improvisados grupos que se foron sumando para actuar de xeito altruista ante o público congregado na praza (grupos desde Portonovo, Dorrón, Vilagarcía…), á par que se degustaba un petisco, unha cervexa ou refresco, e que dispoñía á organización, así como poder curiosear e mercar nos stands de artesanía galega no lateral da praza.



E, lembra, o vindeiro domingo 28 de xuño, ás 20 horas na prazoleta da Rúas do Colexios en Coirón, “XXIII Encontro de Baile e Música Tradicional Galega", coa actuación dos grupos da Escola de Baile e Música Tradicional da Cultural Penaguda.


Benxaminas dos Gatiños de Portonovo no serán en Dena

Desde aquí, o noso recoñenecemento á encomiable constancia da Asociación Cultural Penaguda para seguir perseverante petando ás portas para manter viva a nosa música tradicional. Infravalorada polas institucións locais no reparto de subvencións, pero este colectivo segue aí con súas iniciativas que non deixan de guiarnos no eido cultural. Parabéns e grazas por estar!

Galería de fotos do serán...








No hay comentarios:

Publicar un comentario