Meañeses polo mundo (VIi): ITALIA
Ana María Portas Graña / Cosenza
A
meañesa Anta María Portas Graña (Simes, 1981) leva doce anos vivindo na cidade
italiana de Cosenza. Foise ata alí para traballar de enfermeira nun hospital
privado -públicos hai moi poucos en Italia segundo nos recoñece-
labor que segue a desempeñar hoxe. Comparte vida desde 2004 co seu compañeiro
italiano, Atanasio, natural de Santa Sofía d’Epiro, un pobo de orixe albanés
situado a 45 kms. de Cosenza, e con eles o seu can Pancho. Polo momento non
pensa en voltar a Galicia: “aquí os dous estamos ben e temos traballo”, afirma.
“EN ITALIA OS RECORTES EMPEZARON DEZ ANOS ANTES QUE EN ESPAÑA”
Ana María Portas co seu can Pancho en Cosenza |
Vivo na Calabria, unha rexión moi bonita do sur
de Italia bañada por dous mares, o Jónico de o Tirrénico, e atravesada no centro pola cordilleira dos Apeninos, polo que aquí temos todo tipo de
paisaxes: mar, chaira, alta montaña, outeiros… A cidade na que vivo chámase
Cosenza. Está bañada por dous ríos, o
Crati, que é o mais longo de Calabria, e o Busento. A cidade nace sobre un
outeiro domiñado polo castelo suevo e conserva todavía o casco vello:
Logo, co pasar dos séculos, extendeuse ao longo do cauce do Crati. E unha cidade
que tivo moitas dominacións: romana, visigoda, sueva,… pero a que mais pegada
deixou, como en todo o sur de Italia, foi seguramente a española, primeiro cos
aragoneses, logo cos Reis Católicos e finalmente cos Borbóns ata o ano 1860,
ano no que Garibaldi os botou fóra e se uniu todo o territorio italiano. O
casco vello é de planta aragonesa. Na catedral está soterrado o fillo
primoxénito de Federico II de Suevia e estivo Isabel I de Aragón, se ben logo o
seu corpo foi trasladado a Francia. A lenda di tamén que aquí está soterrado
Alarico, rei dos visigodos, que morreu de malaria despois de saquear Roma e de
conquistar a cidade de Cosenza. A devandita lenda refire que Alarico está
soterrado no leito do río Busento -o cal que foi desviado para a ocasión e
volto de novo no seu lugar-, con toda a sua armadura, o seu cabalo e parte do
tesouro que roubou en Roma. Fai séculos que excavan o río na sua procura, pero
aínda ninguén o atopou.
O traballo. Daquela para empezar traballando de
enfermeira no Sergas había que facer sustitucións breves durante anos nas
listas do POL, que non sei se aínda existen, o que quería dicir que tiñas que
estar a disposición do Sergas os 365 dìas do ano e as 24 horas ao día, e a min
non me apetecía nada ter que facer esa
vida. Teño compañeiras en Galicia que despois de dez anos ou máis traballando
aínda seguen así. Non me parece xusto, como non son xustas tantas outras cousas
do mundo laboral nos últimos anos. Ademais apetecíame ver algo de mundo. Ao
principio non tiña decidido vir para Italia. Estaba indecisa entre Italia,
Portugal, Francia e Inglaterra. Naquela época había unha carencia grande de
enfermeiros en toda Europa, polo que podías elexir tranquilamente onde ir a
traballar. Todo un luxo nestes tempos que corren!
E como che chega esa oferta de traballo
desde Italia?
Vista da rúa desde a habitación do piso da nosa protagonista |
Os hospitais italianos, como outros do resto de Europa,
colgaban ofertas de traballo nas universidades en España, nos colexios de
enfermería, no Inem.. Logo fixaban unha cidade e unha data donde facer as
entrevistas colectivas. Se estabas interesado, ías. No meu caso fun a
Madrid. Cada hospital de Italia que buscaba persoal mandaba alí a un
representante que expoñía a súa oferta e facíache unha entrevista. Logo ti
elexías o que mais che gustaba ou o que máis che conviña.
Soñas con voltar para acá ou queres seguir aí?
Soñas con voltar para acá ou queres seguir aí?
De momento quédome donde estou.
Hai máis galegos ou españois traballando
contigo?
Non, esta é unha cidade pequena e españois hai poucos. En
tódolos lugares donde traballei nunca atopei galegos nin españois.
Son moi esixentes os italianos á hora de traballar?
Son moi esixentes os italianos á hora de traballar?
Nin demasiado esixentes nin condescendentes, iso sí, son
moito máis puntuais que os españois e traballan moi ben en equipo.
Que foi o máis che chamou a atención da organización ndo traballo en Italia?
O que máis me chamou a atención cando me viñen para aquí
foi o ben que te fan integrar no posto de traballo, axúdanche un montón, ben
sexa por ser novo ben por ser extranxeiro. No primeiro hospital onde traballei
había moitos extranxeiros: españois, marroquís, tunecinos, rumanos... e os
italianos axudábannos a todos por igual para que nos sentiramos a gusto. En
xeral son un pobo moi acolledor, non só no lugar de traballo, tamén na
sociedade..
Que concepto teñen de nós?
Os italianos téñennos moi idealizados, adórannos, de
feito basta que digas que eres español que xa te gañas simpatías por parte todo
o mundo.
Desde aquí vese como algo surreal, preguntan moito por
ela porque non entenden cómo un país que medrou tanto nos últimos anos e que
chegou a ter o PIB máis alto de Europa se esnafrara dese xeito.
A rúa peonil Corso Mazzini, en Cosenza |
Certo, como tamén no resto de Europa. Aquí empezou antes que en España, só que a
min paréceme que non é tan forte como aí, aínda que a situación de todos xeitos
é tamén moi preocupante. Un dato: segundo o “Sole 24 ore”, que é o xornal económico máis importante do país e segundo tamén o meu compañeiro que se adica ao rating empresarial, cerran ao día en Italia unha media de 100 empresas desde
fai máis dun ano. Con isto xa che digo todo. Os políticos dicen que a crise xa
se acabou e que estamos recuperándonos…
Iso soáme… E a crise golpea por igual en toda Italia ou percibes diferencias entre o norte e sur?
Iso soáme… E a crise golpea por igual en toda Italia ou percibes diferencias entre o norte e sur?
A crise síntese moito máis no norte rico, que é onde está
o 90% da industria do país. No sur xa sempre fumos pobres e a situación
non cambiou moito. Aquí no sur vívese máis do sector terciario.
Cambiando de tercio: son os italianos tan
ligóns como nos semella a nós? O exemplo mesmo de Berlusconi…
(Risas) Por desgracia para os italianos, como Berlusconi
só hai un. Xa o dice el mesmo: que é único, omnipotente e irrepetible… e ten
razón. Como "Berlusca" son os italianos que teñen moitos cartos e moito poder, o
resto dos mortais téñense que conformar. Pero bueno, son ligóns, creo eu, coma
tódolos latinos, só que, a diferencia do resto, saben empregar moi ben as
palabras, os xestos e, sobre todo, o aspecto físico. Son moi detallistas, saben
camelar moi ben a unha muller.
Xa que salíu Berlusconi na conversa, como
se ven aí os seus escándalos sexuais, políticos e demáis?
Os escándalos de "Berlusca", de calquera tipo que sexan xa que ten moitos, vense moi mal, porque, a verdade, pasouse
bastante da raia. Aínda así hai unha parte da poboación que o envidia e quixera
ser tan listo e afortunado coma el.
Falemos agora da sanidade, eido no que
traballas. Como é o modelo sanitario italiano en comparación co español?
Máis o menos é igual, só que aquí hai máis sanidade
privada porque a pública nunca funcionou moi ben. De todos xeitos a maior parte
dos hospitais privados teñen convenio coa sanidade pública, polo que ao cidadán
non lle cambia nada. Cambia só a xestión das estruturas sanitarias.
No lugar de traballo dos dous compañeiros |
Si, aquí os recortes empezaron moito tempo atrás, polo
menos dez anos antes que en España. Por exemplo, nos hospitais casi non hai
auxiliares de enfermería, porque son os propio enfermeiros os que proporcionan
asistencia integral ao paciente e así afórranse contratos; as sustituciòns por
vacaciòns ou por baixa breve hai anos que non se cobren, e o persoal que queda
ten que cobrir as quendas dos que faltan; o persoal que se xubila non ven
reemplazado, nin médicos, nin enfermeiros; fai anos que rebaixaron as pagas por
horas extras… E así podería seguir por un bo rato enumerándoche recortes.
Para un meañés que este lendo isto e que pense na posiblidade de irse para Italia na procura dun taballo: que lle
dirías?
Diríalle que quedase na casa, a non ser que queira vir de
vacaciòns. Aquí non hai posibilidades de atopar traballo en ningún sector.
É Italia un país caro?
É Italia un país caro?
Máis ou menos como España.
Por comparar, un salario mínimo en Italia:
por canto anda ao mes?
O salario mínimo en Italia non existe, o que sí existe
por lei é unha xubilación mínima que é de 495 euros ao mes. Os salarios van en
función do sector no que traballes.
Afinemos, un enfermeiro, eido que ti coñeces ben: canto gaña por termo medio?
Afinemos, un enfermeiro, eido que ti coñeces ben: canto gaña por termo medio?
O sueldo base nacional dun enfermeiro é de 1.750 euros ao
mes.
Canto custa unha entrada de cine?
7 euros, nas grandes cidades en torno a 10.
Un litro de gasoil?
1,60 euros, 1,70 o de gasolina.
Unha barra de pan?
Aquí o pan véndese por quilo e custa 2 euros o quilo.
Un litro de leite?
De media 80 céntimos.
E un corte de pelo?
E un corte de pelo?
Uf! Iso cambia moito segundo quen sexa o perruqueiro. Vai
desde un mínimo de 12-15 euros ata o que queiras gastar, incluso entre 60 e 80
euros por lavar e peitear.
"San Xurxo e o dragón", escultura de Dalí na rúa Corso Mazzini en Cosenza |
Aquí é moito máis caro o peixe, os carburantes e os
hoteis. En cambio, en España son máis caros os bares e restaurantes, as
autopistas, o transporte ferroviario, a enerxía eléctrica… Polo demais paréceme
que os precios son semellantes.
Se se nos ocorre facer turismo e ir por Consenza, que é a cidade onde vives: que non deberiamos deixar de visitar?
Todo o casco vello, co sua catedral, as igrexas de San
Francisco de Asís e de Paula, o Castelo normando-suevo, o convento de Santa
María delle Vergini, o mosteiro de Santo Domingo, o teatro, o edificio da Deputación
Provincial e a antigua cárcere, que hoxe é museo nacional. Na parte nova hai
que visitar a rúa peatonal “Corso Mazzini” que, ademáis de ser moi bonita
para pasear porque está chea de tendas e bares, é un museo ao aire libre, no
que hai esculturas dun montón de artistas, entre eles Dalí e Giorgio De
Chirico.
De todo, a gastronomía italiana é excepcional, tanto pola
súa variedade como pola súa calidade. Pero sobre todo hai que comer a pizza,
que se fai á man e se coce aínda en forno a leña, tódolos tipos de pastas: gnocchi di patate, fusilli al ferro,
tagliatelle, lagane, lasagne, pasta al forno… Podería estar toda a vida
enumerando os tipos de pasta. E tamén cociñados sexa con pescados, verduras e
hortalizas, carnes… sobre todo coa carne de cerdo. Os embutidos e queixos
que se fan nesta zona e que aínda se elaboran de xeito tradicional; os dóces,
os xeados artesáns, granizados, café…; o pan, que aínda se elabora tamén de
xeito artesanal e cocido en forno de leña, cousa que en Galicia se perdeu fai
tempo… Que mágoa!. Hai que probar de todo. E para beber aquí no sur hai moi bos
viños. Os que máis me gostan son os da denominación de orixe Ciró, ben sexan tintos,
brancos ou rosados.
Vista desde o balcón da cociña da nosa protagonista. No centro a antiga cárcere convertida hoxe en museo de Arte Contemporánea |
Non, aquí o albariño nin se vende nin se coñece. En Italia hai
centeares de denomi-nacións de orixe vitivinícolas e dunha calidade excepcional.
Ademáis os italianos son moi nacionalistas cos seus productos enogastronómicos
polo que raramente consumen viños extranxeiros e, cando o fan, danse máis aos
viños franceses ou incluso sudamericanos polo de probar algo distinto. Aos meus
amigos e familiares do meu compañeiro fágolles probar o albariño cando o traio
da miña casa de Simes, e góstalles, só que se lles lembra moito a outros viños
de italianos como o “falanghina” ou o “greco di tufo”.
E ves algunha firma galega por aí?
Algunha que outra, sobre todo na industria conserveira.
Tamén se atopa Estrella Galicia… Ah! e as tendas de roupa Inditex!
Ana María Portas (esquerda) cos amigos na praia en primavera |
Polo xeral cociño italiano. De vez en cando fago algún
prato galego, maiormente con peixe, e tamén empanada, sobre todo de bonito e de
bacallau con uvas pasas que é a miña preferida. Aos italianos encántalles a
paella, especialmente a de mariscos, a tortilla de patacas, as croquetas de
xamón e a sangría. Cando veñen a miña casa pídenme sempre este menú.
Que é o que máis botas aí de menos de Simes
e Meaño?
A familia, aos amigos, as paisaxes, os peixes e mariscos
e, como non, a cociña de mamá.
Vés a miúdo por Simes?
Vou tódolos anos e, cando podo, duas veces. Certo que este ano non
sei aínda cando vou ir.
E cando chegues que é o primeiro que pensas
facer?
A primeira cousa que fago sempre cando chego é darlle à
miña nai unha lista cos pratos que me ten que cociñar no periodo que estou aí
de vacaciòns na casa. E é que nai non hai máis que unha! (Risas).
NOTA: As fotos que ilustran esta entrevista son xentileza de Ana María Portas desde Italia.
NOTA: As fotos que ilustran esta entrevista son xentileza de Ana María Portas desde Italia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario