COBAS
E O SAN CIBRÁN DOS QUICOS
Hai
poucas festas en Meaño que entendan ben o espíritu de “festa de aldea”, de por
e para os veciños. Se unha delas é o San Amaro meañés outra das que cabe
visitar para palpar ese ambiente é o San Cibrán de Cobas, unha festa impulsada
por un colectivo de mozos e mozas entusiastas onde se respiran momentos entrañablse de farra e desenfado durante toda unha xornada no monte mirador de
San Cibrán, desde onde un pode disfrutar, amén da festa, dalgunhas das mellores
estampas da comarca do Salnés.
|
As mozas celebran o triunfo tras gañarlle aos mozos no tiro á corda |
|
Inicio dunha das tandas do trio á corda |
Esta
edición do San Cibrán celebrouse o pasado domingo día 15 de xuño. O calor e o
tirón dos furanchos -estamos na meca destos establecementos- lastrou algo de xente
durante a matinal en que unha procesión de tractores engalanados percorreu a
parroquia co santo e en compña da música da charanga “Os Atrevidos”. A caeravana acabou no cumio onde, tras unha
misa, os veciños deron boa conta dun almorzo campestre a sombra dos carballos.
Tal e como a festa, este é un almorzo familiar que congregou para a ocasión
apenas un centear de persoas. Nel o desenfado reina por doquier. A comisión trata
de que a xente esté a gusto e para iso convida a unha xenerosa tapa co aperitivo e a un
bo roscón por mesa no postre.
|
David Outeda e Marcos Prado gañaron fixéronse con quicos na "solta" |
A solta dos quicos
Minutos
despois de seis da tarde empezaron os xogos populares que tiveron un ano máis
como momento álxido a tradicional “solta dos quicos”. A esas horas eran xa unhas
200 persoas as que se congregaban no alto para ver como os máis atrevidos se
guindaban monte abaixo tratando de atrapar coas suas mans a escurridizas aves
de corral botadas desde o varanda do cumio mesmo por dous membros da comisión. Este ano o
premio da solta foi para Marcos Prado y David Outeda, dous mozos de Cobas que atraparon
os quicos en apenas medio minuto sen darlles apenas tempo as aves a aterrar e
ubicarse. O certo é que o desbroce de vexetación feito uns días atrás na ladeira deixou sin
parapeto aos quicos que esta vez non puideron escurrirse ata ocultarse no monte como fixeran en 2013. Un Marcos Prado que é todo un experto nesta
lides: “debe ser o cuarto ano que collo un dos kikos -recoñecía-, eu adoito vir
porque me gostan estas aves para logo criar na casa”.
|
Público e concurrantes riron co xogo recoñecer á parella cos ollos vendados |
A
“solta de quicos” completuse con outros xogos, como carreiras de sacos, o baile
da silla, o tiro á corda, recoñecer a parella ás apalpadelas e cos ollos vendados, ou tamén a tradicional “carreira do mirador”, una proba atlética
improvisada que consiste en dar tres voltas ao alto, e na cal repetíu premio
David Outeda, mentras que carreira infantil foi para Clara Torres.
|
A comisión do San Cibrán 2014 |
400 camisetas
Esta
festa move un presuposto de 6.000 euros que se financian en base as aportacións
dos veciños e á venda de 400 camisetas que este ano eran de cor violeta. A comisión
desen-volve un traballo encomiable, non só nas semanas previas, senón durante na
propia xornada por canto a ausencia de auga e luz no monte obrígalles a portar
unha tina con 500 litros de agua no volquete dun camión, e xeneradores de
corriente para dar servicio durante a xornada, iluminar pola noite o alto e
facer posible unha verbena desas nas que aínda toda a xente baila -que xa
quedan poucas porque nas outras só mira- e que empezaba con lus diurna á última hora
de serán, verbena que nesta ocasión protagonizaron o grupo
Hihoshima e o dúo Dixital e coa que se pechou ao fio da medianoite a edición
deste ano. Toda unha festa para estar.
ME ENCANTA EL VINO DE AUTOR DE CABALEIRO DO VAL
ResponderEliminarME ENCANTA EL VINO DEL CABALEIRO DOVAL
ResponderEliminar