sábado, 25 de octubre de 2014

*** Opinión

Vendima

Fai unhas semanas remataba a vendima 2014 na denominación de orixe Rías Baixas. Un ano máis de medias verdades por parte de Consello Regulador e da prensa oficial. Véndennos que, con 24 millóns de quilos de uva recollida, foi unha das mellores colleitas de Rías Baixas e con uva de excelente calidade. A outra cara da moeda que non reflicten é que se quedou moi lonxe da colleita histórica de 2011 cando se recolectaron 42 millóns de quilos, e mesmo tamén da de 2013 con 24 millóns. A realidade foi que os rendementos das viñas movéronse, en función das parcelas, entre un 50 e un 30 por debaixo do tope máximo fixado polo consello regulador. Suficiente para non presumir de colleita. Falando en prata: para os viticultores foi un ano malo.

Labores de vendima no albariño na finca de Arcas en Meaño.
Foto: Marcos Castro
A calidade da uva, da que tamén se presume, é cando menos discutible. A graduación alcólica foi inferior á dos últimos anos, e tamén por debaixo daquela colleita récord de 2011 na que tanta uva quedou colgada das parras ao exceder os topes de produción. O argumento para non solicitar un incremento dos mesmos é que por enriba dos 12.000 kg por hectárea non hai calidade. Basta! A calidade da uva daquel 2011 de tanta produción, traducida en graduación alcólica foi, de longo, superior á deste. Os datos falan, argumento desmontado. Ninguén cre, por outra parte, que os rendementos por hectárea nun sector sector hoxe moito máis profesionalizado e mellor formado sexan os mesmos que fai 20 anos, ou si?  E cabe lembrar que naquel 2011 se silenciou por parte do Consello e da prensa oficial a cantidade real de uva que quedou colgada nas parras. Lembran algún dato, algunha información ao respecto? Que canta puido ser? Tirando de reglas de tres e porcentaxes: polo baxio, uns 4,5 millóns de quilos!, aí é nada.

Detrás de todas estas capas de maquillaxe agóchase o interese real que prima desde a cúpula do Consello Regulador: que sóbre uva nas parras ou, no seu defecto, crear ese clima de excedente para deste xeito as grandes adegas privadas poder especular á baixa cos prezos da uva. A canto pode chegar esa baixa? Un dato: no ano 2013 chegouse a pagar por uva de 13 graos de alcohol: 43 céntimos por quilo!. Ata cando se pode manter o fraude? Existen responsabilidades políticas nel?






No hay comentarios:

Publicar un comentario