sábado, 13 de junio de 2015

Hemeroteca, 1997: Silverio Méndez

Rescatamos hoxe unha páxina de nosa particular hemeroteca, a facémolo cunha entrevista ao que fora mítico músico de Xil, Silverio Méndez, a cal foi publicada en Faro de Vigo en marzo de 1997. Silverio finou una anos despois, cando a entrada neste século Hoxe lembramos a este personaxe entrañable desde o noso Ventanuco.

Silverio Méndez (dereita) coa súa muller e Jorge Domínguez
(pai), na homenaxe a Silverio en 1997 en Casa Portugesa
Foto: Péez Varerla

Silverio Méndez Castro adicou toda unha vida á sua gran paixón: a música. Este veciño de Xil (Meaño), de 75 anos, estivo entregado a ela durante 48, formando parte de orquestas como “Imperial”, “Magos del Remo”, “Saratoga”, ou “Gran Victoria” entre outras. En 1990 tivo que abandoar por problemas de saúde. Silverio era un experto organista que fixo de mestre de moitos músicos que empezaban naquel tempo. Fai uns días recibía unha cálida homenaxe dos que foran seus compañeiros de profesión durante todos estes anos.

“SEMPRE ME ENFADABA QUE OUTRAS OSQUESTRAS ME LEVARAN OS MELLORES MÚSICOS”

Cando empezou vostede no mundo da música?
Empecei no ano 1942, con 17 anos. Lembro que o primeiro lugar onde toquei foi no baile que había na de Otero en Meaño, en compaña duns amigos de aquí.
En cantas orquestras estivo nesos 48 anos?
En moitas. Primeiro estiven en grupos de aquí tocando o acordeón. A primeira orquestra onde estiven como organista foi na “Imperial”, e logo toquei en “Magos del Remo”. Despois veume o servicio militar que fixen en Ferrol nos anos 48 e 49, anos que aproveitei para tocar na mellor orquestra do Ferrol, a “Saratoga”. En 1950 formei a “Victoria” que a principios dos anos 70 convertíuse en “Gran Victoria”. Precisamente púxenlle o nome de “Victoria” por un baile que había en Cambados, que se chamama así e que tiña moita fama daquela. Nos últimos anos estiven na orquestra “Panamá”.
Sendo músico alá no servicio en Ferrol pasaría boa mili.
Non na pasei mala, non. Ser músico no servicio tiña as súas ventaxas: dábanme permiso para ir tocar coa orquesta e logo, cando os xefazos ían de farra, levábanme con eles para que lles amenizara a festa.

Silverio Méndez, teceiro pola esquerda arriba, coa osquestra Gran Victoria, ¿1976?
Coarenta e oito anos subido nos palcos: semellan moitos ou poucos vistos por vostede?
Segundo se mire. Poden parecer moitos, pero a min pasáronme bastante rápido porque vivín adicado ó que dende pequeno era a miña verdadeira paixón. En todos esos anos percorrín moitos pobos coas orquestras nas que estiven e dinlle clase a moitos músicos. Algúns dos músicos que eu formei aquí chegaron ás mellores orquestras daquel tempo, como “Montes” e “Los Chicos de Jazz”. Lembro de xeito especial un vocalista que me levaron "Os Chicos" (del Jazz): vivía no Grove e chamábase José Giménez, “O Xitano”. Era moi bo. Estas cousas sempre me enfadaban un pouco. Pero a vida era así.
Chegábase daquela a tocar en festas de moi lonxe?
Sí. Eu estiven en Cangas de Narcea e outros pobos asturianos en tempos de Franco. Tamén estiven en León, norde de Portugal y en pobos das catro provincias galegas. Lembro, por exemplo, que toquei nun lugar de Ourense que se chamaba Meaño, igual que o noso municipio.
 Con tantas actuacións ó longo de 48 anos supoño a que sua vida estará chea de anécdotas...
Bueno... algunhas houbo.
Cóntenos algunha...
Daquela era bastante habitual que nas festas houbera algún altercado e sempre andaba por alí a Garda Civil. Unha noite en Jaxate, preto de Pontecaldelas, acabei discutindo coa parella da Garda Civil porque subiron ao palco e quixeron prantar a festa antes de cumprirse as horas do permiso. Logo entereime que ó parecer a comisión non lles dera de cear os gardas e debían estar cabreados. Outra vez, en Barro, tamén chegaron un tanto bebidos e quixeron prantar a verbena. Daquela pedíronme contrato sindical e negueime a ensinarllo porque eles non eran quen de pedirmo.
A Garda Civil andaba á orde do día polo que parece.
Sí, moito. Antes andaba moito nas festas e na carretera. Cando viñamos de madrugada apenas pasaban dez quilómetros sin que viramos ou mesmo nos parara unha parella da Garda Civil. Lembro que unha vez, vindo de madrugada de tocar de Asturias, foi o único que atopamos no camiño.
Eran moi distintas as festas de antes as de ahora?
Sí, moito. As de antes eran moi boas, con moita xente animada a bailar. E as orquestas estaban formadas por músicos que tocaban, aprenderan de solfeo e facíanno e moi ben. Pero nas festas de hoxe todo é música grabada, e o pouco que saben os moitos músicos aprendéronno de oído.
Era máis variada a música que hoxe?
Bastante máis. Tiñamos que ter pezas de todo tipo porque a xente as pedía: pasodobles, tangos, rumbas, fox, boleiros, cha-cha-chas...

Orquestra Poceiro naqueles anos, coa que lle gostaría ter tocado a Siverio Méndez
¿Lembra algunha canción que solicitara moito a xente?
Pedían moito “Tres cosas hay en la vida”. Tamén se tocaba a miudo “Begin the beguine”. 
Que se traduce algo así como “Voltar a empezar”. Vostede sería músico si voltase a empezar?
Dende logo que sí. A música é unha paixón. Un músico ten que nacer.
Certo que se ligaba máis dende arriba do palco?
Home, as mulleres fixábanse máis nos músicos... pero eu non sei, xa estaba casado daquela.
Supoño que coñecería a sua dona bailando...
Supós ben. Daquela era como topaba un as mozas. E coñecina aquí mesmo [sinala a súa casa onde estamos], nun baile que había daquela en Xil, o “Baile Méndez”. Aquel día tocaban "Os Cesteiros", uns veciños daquí mesmo de Xil. Por certo, tiñan un músico moi bo de Meaño, Amancio, que tocaba os saxofón, o clarinete e o violín.
Cales eran as grandes orquestras que había nesos anos 40, 50 e 60?
Poceiro, Montes, Florida, Chicos de Jazz, Gran Casino e tamén unha orquesta do Mosteiro que se chamaba Xanote.
En cal delas lle gostaría ter tocado?
En Poceiro, porque era a mellor. Era unha orquestra que viña de moito atrás e sempre con grandes músicos.
¿E gañabase ben a vida como músico naqueles tempos?
Bueno, vivíase. Un músico a finais dos anos 40 cobraba 12 pesos por tocar nun baile. Lembro que onde máis gañei neses anos foi en Ferrol onde me pagaron 50 pesos por músico. Nos anos 50 eu cheguei a pagar a 20 pesos a cada músico por actuación feita, que era moito daquela. Pagábase na man e no primeiro ensaio que había despois da actuación.
Canto custaba daquela contratar a unha boa orquestra?
As boas orquestas podían andar entre as 10 e 20.000 pesetas. Pero a principio dos 70 xa se chegaba as 90.000.
Ten seguidores da tradición musical na familia?
Non. Tiña un neto ó que lle quería ensinar, pero quere ser futbolista.
Todavía practica o órgano?
Ahora case que nada, non teño boa movilidade nos dedos.
Se lle dixera que me tocara un tema musical, así, de repente: cal tocaría?
O pasodoble “Honrando Navarra”.
E se lle tivera que poñerlle unha banda soora a unha película sobre a sua vida. cal elixiría?
España Cañí.


No hay comentarios:

Publicar un comentario