sábado, 14 de noviembre de 2015

MEAÑO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Polo Ventanuco contra violencia de xénero
Meaño súmase aos actos do Día Contra a Violencia de Xénero que se celebra o 25 de novembro. E desde o noso particular Ventanuco facémonos eco deles porque a causa meréceo. Empezan ese mesmo mércores día 25, pola mañán cunha charla no IES de Meaño por parte dunha abogada que sidertará sobre cuestións relacionadas con esta lacra social, e pola noite ás 20 horas, con outra, esta no Centro Social de Dena, protagonizada por unha axente de policía nacional membro da UMUME (Unidades de Muller e Menores), que abordará a cuestión desde a perspectiva dos corpos de seguridade do Estado.
O xoves 26 quenda para os máis pequenos porque a biblioteca municipal acollerá entre 18 e 19,30 un "Contacontos de Outono Pola Igualdade", e pola noita para os maiores cunha sesión de ioga-pilates solidaria entre 21 e 23 horas. Será na Casa de Cultura de Meaño, e a única condición para particpar é aportar un quilo de alimentos non perecedeiros que se destiñarán ao banco de alimentos municipal para familias en risco de exclusión social.

Stop á violencia ciontra a muller
O venres 27 a Praa da Feira acollerá desde as 17 horas unha xornada de xogos pola igualdade, e pola noite, desde as 20 horas, un magosto popular.
Os actos rematarán o domingo 29 cunha “Andaina Contra a Violencia de Xénero” en horario de mañán, marcha dirixida ás mulleres del concello e que percorrerá las sete localidades do que conforman o municipio, nun xesto que reivindica a “non violencia contra a muller". Ao seu termo está previsto un xantar de confraternidade entre mulleres que se celebrará nun restaurante de Dena. As interesadas participal nél deberán inscribirse no concello de Meaño. E logo, pola tarde, unha representación teatral no Centro Social de Dena baixo el título “Somos iguais”, trala cal darase lectura a un manifesto contra a violencia de xénero. Participa.



No hay comentarios:

Publicar un comentario