domingo, 29 de noviembre de 2015

Meañeses polo mundo (IX)
 Manu Crespo Otero
Meañés en Bruxelas, cidade en alterta antiterrorista máxima

Manu Creso no Parque do Cincuentenario,
ao lado da estación Schumann
Recurrrimos nesta ocasión a un dos nosos "Meañeses polo mundo" para coñecer dun tema de actualidade. Bruxelas convertíuse nestos días epicentro da loita antiterrorista contra o yihadismso islámico. Desde o pasado sábado a capital belga elevou o seu estado de alerta ao nivel 4, o máximo que contempla Bélxica ante o risco de sofrir un ataque terrorista inminente na súa capital. En Bruxselas vive Manu Crespo Otero, un meañés de 38 años que leva sete traballando aí. Fixoo antes na Representación Permañeente de España ante a Unión Europea, dependente do Ministerio de Asuntos Exteriores, e hoxe faino na propia Comisión Europea. Desde a capital belga o noso protagonistsa contábanos o pasadoo martes a súas impresións e como estaba a vivir a xente estas horas inquietantes. Súas son tamen as fotos que ilustras esta entrevista.



“A ALERTA VÍVESE CON INQUIETUDE E CON RABIA  POR NON PODER DISFRUTAR ESTOS DÍAS DA CIDADE”

Cómo se está levando o nivel máximo de alerta terrorista estos días en Bruxelas?
Con inquietude, con preocupación lóxica, e tamén con rabia porque Bruxelas é unha cidade con moita vida cultural: teatros, concertos, cines… e ves que non podes disfrutar diso. Por outra parte lévalo con resignación porque estás máis na casa, sabendo ademáis que son uns días e que en principio a partir de mañán mércores [polo mércores 25 para o lector], reabran o metro, os colexios e agárdase que todo empece a voltar pouco a pouco á normalidade.
Cómo se traduce ese nivel de alerta 4 na rúa?
Os colexios non abriron, tampouco as garderías nin os museos, non funciona o metro nin o pre-metro que é como chaman aquí a unha especie de tranvías que circulan nalgúns tramos de forma subterránea. Polo demáis o transporte urbano de superficie si funciona con normalidade, agás unhas pouccas líñas que teñen algún tipo de restrición. Pero tamén hai empresas que pecharon as portas estos días, as que podían optaron polo tele traballo, en parte foi tamén para facilitar aos pais o coidado dos nenos que non poden ir ao colexio. Pero o que si se percibe é moito menos tráfico na cidade.


Camiión millitar frente ao edificio Chalemagne, unha estampa 
habitual estos días en Bruxelasadir leyenda
Nótase moito o baixón nos lugares de ocio?
Si que se nota. El pasado venres eu aínda fun a un concerto, pero o sábado, cando se decretou a alerta 4, suspendéronse moitos, pecharon os cines, os restaurantes e bares tiñan moita menos clientela, si que se vía bastante menos xente pola rúa.
Hai recomendacións para non saír da casa?
Si, recoméndaserse non saír ou saír o indispensable. Pero bueno, limitas un pouco os hábitos, non está todo o mundo metido na casa, nin moito menos.
Ti estas indo a traballar ao edificio da Comisión como de costume?
Sí, só que teño que facelo a pe ao non haber metro. Vivo na comuna Etterbeek, que aquí unha comuna son divisións administrativas da cidade, e estou a 10 minutos en metro do centro. Ao non poder collelo teño que desprazarme a pe… é unha camiñata duns 25 minutos. Na rúa, sobre todo nas neurálxicas, si se nota moita presencia policial e incluso militar, axentes e soldados con metralleta en ristre, camións militares... Pero unha vez no edificio da Comisión todo é a seguridade habitual, é máis, mentras Bruxelas está en alerta 4 que é a máxima, curiosamente no edificio da Comisión no que eu traballo estamos en alerta 3.
Sufriste controis durante o seu percorrido ao traballo?
Non, só ves moita presencia policial, nada máis. As informacións son un tanto contradictorias, por unha parte fálase de risco de atentado inminente, pero por otra ata agora nos operativos realizados polos corpos de seguridade non se atoparon armas, nin arsenales, os detidos que houbo acabaron siendo postos en libertade… É unha situación de calma tensa.

O noso protagonista facendo sendeirimso preto de Bruxelas
Como é esa comuna de Molenbeek que parece o epicentro da preocupación policial?
Precisamente fai uns días pasaba por ela en bicicleta cuns amigos cando viñamos de traballar nunha pequena horta que nos axenciamos nas afóras de Bruxelas nunha parcela en réxime de aluguer, e na que prantamos tomates, nabicol e cousas así para disfrutar do campo. Molenbeek é unha comuna distinta ao resto, por canto nas comunas de Bruxelas viven mezcladas xentes de todas as razas e culturas, pero Molenbeek é unha comuna maioritaria de magrebís.
Sentes y sentiches medo pola situación que se vive aí nestos días? Chegaches a mudar os teus hábitos?
Medo non. Home! Si vas con algo máis de atención, limitas un tanto as saídas… Pero non podes ir pola rúa mirando con recelo a toda a xente coa que te cruzas, máxime en Bruselas, porque aquí todo son congoleses, magrebís, turcos, italianos, portugueses… Incluso nos cuerpos de seguridade hai magrebís. Cando te metes no metro ou nunha rúa comercial, ao pouco escoitas falar en seis ou sete idiomas, Bruselas é unha cidade así de ecléctica e cosmopolita.
Tiñas previsto acudir a presenciar o partido de fútbol entre España e Bélxica?
Non, ese día ía estar en casa duns amigos. O de suspendelo sorprendeu a moitos. Aquí díxose que non había suficiente policía ou forza militar para focalizala nun evento deportivo como ese, que era ademáis de carácter amistoso, deixando desprotexidos outros lugares ou outros operativos. Creo que a prensa española deulle moito bombo a todo isto, aquí no se falou tanto do asunto.

Manu Crespo na Cerdeña
Non está preocupada a túa familia en Meaño estos días?
Lóxicamente si o están un pouco. Eu dígolles en broma “vos tranquilos que xa tremo eu”, pero non sei se eso os tranquiliza.
Ante esta situación: nota que se alza estos días no plano político algunha voz da estrema derecha contra musulmáns e magrebís?
Non, Bruxelas é unha ciudade moi pactista no político, hai moita pluralidade e é difícil que se den maiorías absolutas. Nno se oen voces da estrema dereita, pode que noutras otras zonas de Bélxica si, pero en Bruselas non, ésta é a cidad da unión, pero tambén da diversidade. E eu son dos que pensa que nesta situación os magrebís e, por extensión os musulmáns, tamén son víctimas de todo o que está sucedendo.
Situacións así fanche pensar en regresar?
Non, para nada, de momento estou moi contento aquí. Ademáis Bruxelas é unha cidade marbillosa para vivir, cunha gran vida cultural, espectáculos, concertos... telo todo. Por iso che da rabia que acontecementos como os destos días che fagan perder o poder disfrutar da cidade.



No hay comentarios:

Publicar un comentario