POSTAL DE NADAL
Nestas datas tan de todos abrimos o noso particular Ventanuco para
desexar a tódolos lectores, tanto aos que nos seguides de aquí preto como aos
que estades lonxe -dun xeito especial, aos que aos que o facedes do outro lado
do Atlántico- un bo Nadal e un mellor Aninovo. Que disfrutedes destas festas,
sempre entrañables, con estusiamo e ese chisco de prudencia tan precisa nuns
días de tanto movemento porque, o importante, e voltar a repetilas en 2017, ou
non?. Que os Magos veñan cargados desas cousas verdadeiramente importantes que
tanto faltan nas nosas vida en pro dunha sociedade más nobre, xusta e sá... E
que Meaño sega sendo a excusa perfecta para atoparnos aquí cada fin de
semana ao calor dunha historia.
E, tratándose de
Meaño, onde a música se respira a cada paso, que mellor que felicitarche esta
festas cunha panxoliña de Nadal interpretrada polo Coro da EMMM no concerto de
Nadal celebrado o pasado18 de decembro, e coa que ti tamén poder felicitar aos
teus. Pera vela ou reenviala pincha no seguinte enlace:
Dirixe: Marina Penas
No hay comentarios:
Publicar un comentario