sábado, 28 de octubre de 2017

*** Opinión
Na trincheira

Difícil evitar estos días á perplexidade ante unha crise catalana de consecuencias imprevisibles e na que perdemos todos. Amén das posicións enquistadas, arroxadas desde trincheiras cavadas a golpe de emocións envoltas en argumentos dialécticos populistas, esta crise pon en evidencia a falta -tanto en España como Cataluña- de líderes que, unha vez nas presidencias, sexan homes de estado antes que de partido. E é que un presidente dun estado democrático, chámese como se chame, unha vez elexido, debe selo do conxunto dos cidadás que representa, non só dunha parte (e na Transición, nuns anos moi complicados que xa esquecemos, houbo exemplos, nun lado e noutro). Neso consiste ser un líder de Estado. Non sei porque se comportan como tales os presidentes cando deixan de selo (agás algún, que nin con esas).

Por outra banda, chegados a este punto, convén non esquecer os logros acadados ata agora nun marco de convivencia sen precedentes na historia deste país. Unha convivencia tantas veces fracturada por modelos políticos que eran monopolio das élites socieconómicas, e por continuos golpes de estado -outrora pronunciamentos-, entre os que acadaron o poder e os moitos que acabaron no intento. Coarenta anos de democracia é insólito na nosa historia. Algo teremos feito ben en todo este tempo. Preocupa ademáis que nunha crise que toca tanto as emocións como ésta, empecen a aflorar pola banda oposta as baixas paixóns extremistas que durmían desde facía anos.
Certo que o marco administrativo ou o constitucional poderían ou deberían reformarse, porque as leis son mudables e deben adaptarse á realidade dos tempos. Todo é opinable e negociable en política, agás os dereitos fundamentais da persoa, que son inalienables. Pero para isto faltan uns líderes que non hai e un talante que non teñen. Fracturar á cidadanía para enviar as xentes ás trincheiras ideolóxicas pode ter, como dícía, consecuencias imprevisibles. E a fin non xustifica os medios. Tampouco esta vez.


No hay comentarios:

Publicar un comentario