A BANDA XUVENIL DA ESCOLA DE MÚSICA DE MEAÑO, TERCEIRO PREMIO NO CERTAME
GALEGO
A Banda Xuvenil da Escola de Música en plena actuación en Santiago |
A
xove banda meañesa, integrada na súa totalidade e exclusivamente por alumnos da
Escola de Música e que promediaba 14,8 anos de idade, abreu o concerto
co pasodoble “Música Mestres” de Xoán Lois Diéguez, para acto seguido
interpretar as duas obras que valoraraba o xurado: “Á maneira dos aires
rapsódicos”, del compositor galego Xesús Xosé Iglesias González, como obra
obrigada, e “El racó de L’Or” do valenciano Saúl Gómez, como obra libre e na
que a banda meañesa cautivou ao auditorio cunha excelente interpretación.
Cinco eran as bandas que concurrían nesta
Teceira Sección. O primeiro premio foi para a Banda Xuvenil de Vilatuxe o o
segundo para "A Lira" de Rivadavia. Agora tocan outros retos para
esta nova xeración de músicos da man do mestre Lorente López.
Outro momento da actuación da Banda Xuvenil de Meaño |
Juan Portela, director da Escola de Música Municipal de Meaño,
aseguraba sentirse satisfeito con logro acadado: "era a primeira vez que a
Banda Xuvenil acudía a un certame, e estrearse obtendo un premio no Certame
Galego é un orgullo para todos". "Creo que nestos tres meses de
traballo -agregaba- todo os rapaces da banda medraron moito como músicos,
logrando acadar metas que noutras circunstacnias terían levado uno ano, e iso
foi posible gracias ao traballo do director Lorente López, e de todos os
mestres das Escola, así como das familias, comprometidas desde o principio con
este proxecto. Todos xuntos lograron que a Banda Xuvenil tocara neste certame
como nunca o fixo na sua historia".
Desde Valencia o director e compositor Iñaki
Lecumberri, que seguíu o certame en vivo a través das redes sociais, sumábase á
felicitación á banda meañesa: "Habéis brindado un recital ya desde el pasoboble
-afirmaba na misiva remitida á banda e director- demostrando que Meaño
tiene ante sí una generación de músicos que puede marcar una época, y ese es,
sin duda, vuestro mejor premio".
Remate da actuación co mestre Diego Javier Lorene aplaudindo os seus xóvenes músicos |
ooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooo
DE TAPAS POR MEAÑO
Unha das creacións a concurso |
Meaño acollege entre o 2 e o 10 de decembro o "III Concurso
De Tapas por Meaño". Sete establecementos participan nesta edición, a
saber, Quinta de San Amaro, Casa Rodiño (ambos en Meaño), A Taberna de
Cancela (Xil), Casa Rosal (Lores), e Taberna O Fiolato, Asador Raíces e Muiño
da Birta (os tres desde Dena).As tapas dispensaranse nesos días en horario de
12 a 14 horas e, pola noite, de 20 a 22, ao prezo todas elas de 2 euros. Cada
establecimento concurrirá ao concurso con dúas tapas, polo que o público poderá
degustar ao longo dos nove días un total de 14 tapas, desde unha tosta de
volován de pisto con ovo de codorniz ata un rollo de marisco con reducción de
godello e menta, pasando por unha tosta de mar e shiitake, codorniz escabechada
ou un “Adiviña adiviñanza”, esta última aposta de Casa Rodiño.
A presentación contou co Estrela Michelín Yayo Daporta, no centro da imaxe |
No hay comentarios:
Publicar un comentario