sábado, 18 de enero de 2020

 hemeroteca 
Rescatamos hoxe aquí e completa o orixinal dunha entrevista publicada o 8 de xaneiro de 2004 en FARO DE VIGO, e que fora feita en realidade un mes antes, o 9 de nadal de 2003 en Dena, con Servando Miniño. Unha cara asidua aínda hoxe, 16 anos despois, do campo de As Cachizas para seguir ao seu Unión Dena. Abrimos con el o noso particular Ventanuco cun xesto que pretendemos entrañable para con este home, dunha labor gris e cun talante afable que tanto falta hoxe en Meaño. 

Servando Miniño Álvarez leva 25 anos ininterrumpidos ligado ás categorías base do Unión Dena. Aos seus 59 anos é hoxe unha das persoas máis recoñecidas no mundo de fútbol no municipio de Meaño. Pola súas mans pasaron preto de 200 xogadores. O seu carácter tranquilo e dilongante, e o sue labor gris cos chavales convérteno en todo un refrente no fútbol base en Meaño.

SON PARTIDARIO DA UNIFICACIÓN ENTRE UNIÓN DENA E DEPORTIVO XIL”



Servando Miniño Álvarez en 2003
¿Cantos anos suma vostede de adicación ó Unión Dena?
Son xa 25 anos ininterumpidos. Eu estivera naquela comisión que refundara o clube en 1966. O ano seguinte emigrei para Holanda. Cando regresei no 78 empecei a miña andaina no clube. Aquela tempada 78-79 foi a última como xogador. Logo estiven con moitas directiva, incluso fun presidente entre os anos 83 e 85. Como técnico quitei o título de entrenador rexional e levei desde fins dos 70 os equipos da base: xuvenís, cadetes, infantiles...
¿Nunca lle chamou dirixir ó equipo senior?
Collíno en dúas ou tres ocasións, pero de xeito circunstancial ante o vacío provisional que se producía cando se botaba a un entrenador e se estaba a fichar outro. Tamén a inicios dos 90 levei o sénior do San Miguel de Deiro durante un par de tempadas. Pero non máis. O certo é que nunca me chamou esa categoría, eu onde difruto de verdade e coa base.
¿E por qué gosta tanto da base?
Góstame porque os rapaces son moi receptivos e agradecidos. Penso que eles entenden mellor o fútbol, como o que en realidade é, un xogo, e interprétano de xeito máis san. Ademáis eu disfruto ensinando fundamentos e conceptos do fútbol, non discutindo con este ou aquel xogador. Penso que os rapaces me valoran. Moitos que se formaron conmigo fai anos, aínda me saúdan hoxe con ledicia alí onde me ven. Son esas pequenas cousas que sempre agradan e non hai carto que o pague.
Pero supoño que non lle faltarían outras ofertas ao longo de todo este tempo.
Si, algunha houbo. Lembro que no seu día Pedro Ferreira quería levarme de segundo para o Vilalonga, onde tamén ofrecíanme dirixir o equipo xuvenil. Logo o Beiramar quixo que entrenara o seu equipo sénior... Pero eu sempre estiven a gusto en Dena neste labor discreto, que é no que me atopo cómodo.
¿Cantos xogadores calcula que contribuíu a formar ó longo desos 25 anos?
É complicado dar unha cifra, pero penso que deberon rondar os 200.

Servando no campo de fútbol de Vilalonga
Fotos: J.L. Oubiña
¿Algúns chegaron lonxe nesto do fútbol?
Algúns si. Tiven a Toño García, un mediocentro que hoxe está no Arosa, pero que militou antes xa en segunda B co Pontevedra, Avilés e Lugo. E a Rafa Pichón, que tamén agora xoga no Arosa, e que pasou polo Pontevedra B e polo Vilalonga como central.
Polo que teño entendido a súa foi sempre unha adicación puramente altruista.
Sí, nunca gañei un peso. Só cando entrenei o San Miguel de Deiro, labor que compaxinei coa de entrenador dos xuvenís do Dena. Daquela dábanme algo para costear os desprazamentos ata alá.
¿E como se pode armonizar fútbol e familia durante tantos anos?
É moi complicado. Houbo anos nos que non ceaba pola semana coa familia na casa. Pero a miña sorte é que a miña muller coma aos meus fillos lles gosta o fútbol tanto como a min. Isto explica moitas cousas durante estos 25 anos.

¿Cales son os principais problemas cos que se atopa á hora de dirixir equipos da base?
O principal é a falla de concienciación e colaboración dos pais. A moitos, cando o rapaz destaca un pouco, xa lle poñen un carteliño, renuncian á canteira que os está formardo e queren levalo a outro equipo de maior categoría. É un erro, con 8, 9 ou 10 anos o rapaz o que necesita é aprender, e o que quere é xogar canto máis mellor e disfrutar do xogo. Pero marcha para outro equipo onde moitas veces o que fai é estar máis tempo no banco que no campo e, curiosamente, nesos lugares o pai paga unha cuota mentras que en Dena non lle esiximos nada. Ademáis paréceme dunha falta de respeto aos que levamos anos traballando co neno. Deixa que o rapaz aprenda, que xogue, que disfrute, canto máis mellor, e logo con 11 ou 12 anos é o momento de, se o rapaz vale, que se vaia para arriba, entonces si, nunca antes. Pero os pais non o entenden porque non pensan no rapaz.
Neste intre ¿qué equipo dirixe?
Os alevíns que xogan por modalidade de fútbol-7. Dispoño de 16 xogadores e estou moi contento con eles. Estamos en primeira provincial, marchamos na metade da táboa con dous partidos menos. Teño boas vides, incluso hai un par de xogadores que xa foron preseleccionados para a selección provincial, algo que sempre agrada.
¿Algunha proposta para mellorar o fútbol en Meaño, tanto a nivel de clubes como de base?
A nivel de clubes son partidarío da unificación do Unión Dena e do Deportivo Xil nunha única entidade. E a nivel de base defendo a creación dunha escola de fútbol municipal, con monitores deportivos, onde esté involucrado o concello e os pais cun compromiso firme para non levarse aos rapaces ata dunha idade pactada coa escola, e onde sexa necesario aportar incluso unha cuota que redunde na adquisición de material para os chavales. Meaño daría para facer un bo proxecto deste tipo, serio desde abaixo, como xa ven funcionando en localidades veciñas caso de Vilalonga ou Cambados.





No hay comentarios:

Publicar un comentario