Julio Anguita
Anguita calou na xente cun punto romántico e ata quixotesco, pero cun discurso accesible, nítido, intelixible, que levaban dentro leccións de ética e vida, e que invitaban sempre á reflexión. O mestre de Historia, que subíu desde as aulas á alcaldía de Córdoba, e que acabou irrumpindo no Parlamento, mantivo ao longo da traxectoria unha coherencia incólume, que abocaba moitas negociacións, por enriba de partidismos, ao seu "programa, programa e programa", do que tanto podían aprender hoxe moitos. El foi quen de demostrar con feitos, ata o seu final, a imaxe dese político incorruptible, ao que incluso apuntaban mellores resultados nunhas hipotéticas eleccións presidenciais, que os acadados á fronte da coalición Izquierda Unida.
Como mostra, un botón. Cando dixo adeus a política, ao fracturárselle o corazón en plena campaña electoral en 1999, renunciou á pensión de exdeputado que lle correspondía -moito máis sustanciosa- para quedarse só co subsidio de mestre de escola. A morte do fillo -Julio Anguita Parrado-, cando as súa estadía de reporteiro de guerra en Bagdad (2003) supuxo outro golpe na súa liña de flotación emocional. Humilde, sostuvo a integridade ata a médula, sen chegar xa nin a ser tentado pola corrupción, porque sabía de antemán que, con aquel político, "pinchaba en óso". Unha honradez tan distante de tantos políticos de hoxe, de tan lonxe como preto. Cada quen, deixará o seu legado coa Historia. Neso, Anguita foi un exemplo admirable.
No hay comentarios:
Publicar un comentario