martes, 14 de julio de 2020

 AS ELECCIÓNS AUTONÓMICAS POR PARROQUIAS 

Celebradas as eleccións autonómicas ao Parlamento Galego o pasado domingo, 12 de xullo, seguro que xa coñeces polos medios de comunicación os resultados colleitados polos distintos partidos no municipio de Meaño. Pero desde este Ventanuco, tratando ofrecer esa información de preto, debullamos os resultados por parroquias. Que o lector saque as súas conclusións dos datos.


Distribuión de voto por parroquias no municipio de Meaño

O PP SAE INDEMNE DA EXPULSIÓN DE VIÉITEZ

O presidente da xestora do PP meañés, Suso Sueiro, congratulábase do apoio masivo dos meañeses ao PP, máxime nunhas eleccións que chegaban neste municipio arrastrando o ambiente de controversia pola expulsión do rexedor Carlos Viéitez das filas populares en outubro de 2019. “Meaño -apunta- foi, porcentualmente, o segundo concello de Salnés que máis votou ao Partido Popular, un resultado realmente moi bo que congratula moito, mesmo no partido a nivel provincial”.

Suso Sueiro, presidente da xestora

Cunha campaña que se vivíu aséptica en Meaño, a fin de non abrir máis frontes no seo dos populares, o PP saíu incólume da xornada, con mellores resultados dos que algúns auguraban. “Aínda afrontando estas eleccións en Meaño nunha situación peculiar -apunta Suso Sueiro-, coñecida por todos dada a expulsión do alcalde Carlos Viéitez, o partido obtivo un gran resultado, de tal forma que non só sae indemne, senón que mesmo reforzado en Meaño”. E é que a do PP foi unha diminución de tan só 1,5 puntos con respecto ás autonómicas de 2016, o que se traducía en 128 votos menos. Aínda así, o apoio ao PP meañés, paradoxicamente, medraba con respecto ás municipais de 2019, subindo este pasado domingo en 175 sufraxios máis. Facíao ademáis nun marco de participación de 60,8%, unha cifra superada de longo nas municipais de 2019 en que a participación rexistrara un 77,8 %.


Rosa Castro, líder del BNG

Pola súa banda, Rosa Castro, líder do BNG meañés, valoraba o resultado acadado en Meaño, toda unha sorpresa ata para os seus simpatizantes, superando por primeira vez nunhas autonómicas ou nacionais ao PSOE: “síntome orgullosa -afirma- do traballo realizado polo equipo nesta campaña, mostrándonos activos por chegar aos veciños, labor en que outros partidos mostráronse ausentes”. Admite que “nas municipais de 2019 a pugna entre PP e Meaño Independente fixo que se polarizara o moito o voto nesas formacións. O feito de que MI desaparera do escenario autonómico, deixou a porta aberta e moitos daqueles votos independentes recalaron agora no BNG”. Cando se lle pregunta polo parabéns recibidos Rosa Castro recoñece que "só recibimos a chamada de José Manuel Aspérez, algo que me sorprendeu gratamente, e agradecemos, pero ningún líder político local máis nos chamaou para iso". 
 


No hay comentarios:

Publicar un comentario