*** Opinión
Por que?
Por que neste país tivemos tardado tanto tempo en empregar mascariñas para protexernos do Covid 19, mentras en China estábanas a usar desde facía meses? Por que decidimos desescalar “á española”, cando outros países facíano por pasos e con cautela? Por que neste país o Parlamento non adicou o período estival e redación e aprobación de leis que puxeran solucións ás previsibles competencias de cada administración cando chegara unha segunda (e anunciada) ondada do Covid? Por que neste país Educación deixou a organización do curso… para setembro? E por que en España, precisamente o Ministerio de Sanidade, en plena crise do Covid, está en mans dun experto en Filosofía? Por que no Congreso de Deputados esta clase política de razoamento semi-adolescente e sen altura de miras, roza o esperpento coa que está caíndo? A dialéctica, aínda que mala, aguántao todo.
Por que España, para poñerse coas restriccións, establece a tasa Covid en 500 casos cada 100.000 habitantes, cando en Francia faino en 250, o Reino Unido en 200, Alemaña en 100, e o Centro Europeo para a Prevención de Enfermidades ECDC en 120? Que por que en España seguimos chegando tarde nesto? Que por que? Porque sempre o fixemos: é sabido que a puntualidade nunca foi o noso.
Floreano, creado por "Gogue" |
No hay comentarios:
Publicar un comentario