sábado, 31 de octubre de 2020

SOMOS CAPACES DE APRENDER ALGO?

Somos capaces de sacar algunha lección neste país do acaecido en marzo-abril coa chegada da pandemia do covid? Lembramos o gráfico que trouxemos a este particular Ventanuco entonces en que, tirando de estadística, podiamos ver o que tería acaecido se confinaramos só 6 días antes: España confinou o 14 de marzo e o resultado foron 235.772 contaxiados e 28.752 mortes. En cambio, se o fixeramos o 9 de de marzo, os contaxios terían sido de menos de 20.730 e os mortos quedaríanse en menos de 2.528. Portugal, que confinou antes que nós, fíxoo moito mellor e obtivo resultados decentes.

Agora, entrando en noviembre nesta segunda ondada: imos chegar outra vez tarde? Nesta crise sanitaria: non sería mellor que esta nave a capitanearan virólogos, internistas… en definitiva, médicos? (que esos políticos den un paso a un lado, que escoiten máis que falen, e que as  súas interpelacións e respostas no parlamento as trasladen a unha barra de bar ou, se queren cámaras, a un programa de "Sálvame"). Mentras tanto, convidámoste, estimado lector a voltar a analizar aquel gráfico, e que tires as túas propias conclusións.

Desde aquí, onde tantos gardan silencio, elevamos a voz cun chamamento aos meañeses e meañesas para que limites o teus desprazamentos ao esencial. Non te expoñas, mide as distancias e, se podes, queda na casa. O teu ben será o de tod@s. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario