ENQUISA: o pediatra, onde?
Colea
a ausencia do pediatra no centro de
saúde de Coirón-Dena. Non obstante, abrimos este particular Ventanuco
para botar luz sobre o tema. O que vertemos nesta entada
non é opinión, senón información que constatamos presencialmente, tendo coñecido in
situ a situación. Despois de ler, ao final desta páxina servimos a pregunta real que
deberiamos facernos para coñecer a túa opinión na enquisa que servimos.
Como
se prestaba o servizo de pediatría que existía en Dena?
Horario
de consulta pediatra: de 8,00 a 11,00 horas (de luns a venres). Logo, na segunda
metade de mañán, ese mesmo pediatra prestaba o servizo no concello de Meis.
Horario
da consulta de enfermería: de 8,00 a 11,00 horas. Era @ mesmo@ enfermeir@ que,
a partir de media mañán, subía Meaño para prestar os servizos co centro de saúde de As
Covas, dando así cobertura ao doctor Gil Cons.
Vacacións,
permisos, baixas, ausencias por indisposición: durante ese tempo, Dena quedaba
sen pediatra (pola falla de profesionais no ramo, razón esgrimida polo SERGAS desde fai anos). Cando iso ocorría, aos meañeses, xeralmente, non lle quedaba outra que acudir ao
servizo de urxencia en Baltar ou, no seu caso, solicitar para ser atendido en
Dena ou Meaño pola médicaode familia.
Centro de saúde de Baltar en Portonovo |
Nº de pediatras que existían antes en Baltar: 2
Nº de pediatras que prestan servizo agora en Baltar: 3 (o terceiro é o profesional que antes repartía xornada entre Meaño e Meis, e que agora atende en Baltar ás familias de ambos concellos).
Horario de consulta pediatría: de 8,00 a 15,00 horas (de luns a venres).
Horario da consulta de enfermería: de 8,00 a 15,00 horas. A ausencia de pediatra en Dena permite que @ enfermeir@, que antes prestaba servizo alí en Coirón durante media mañán, poida prestar os seu servizo xa a xornada completa no centro de saúde de As Covas de 8,00 a 15,00 horas.
Vacacións, permisos, baixas, ausencias por indisposición: cando isto ocorrra os meañeses non quedarán sen servizo de pediatría en Baltar, ao repartirse os outros dous profesionais, cando proceda, a axenda do pediatra ausente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario